Novas | 3881 a 3890 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

16/02/2005
O venres estréase na Coruña a última longametraxe de Patricia Ferreira

O pazo de Congresos da Coruña acolle este venres o estreo de “Para que non me esquezas”. A realizadora madrileña cambia de rexistro na súa terceira longametraxe que repite con Continental para ofrecer os conflictos dunha familia cando o fillo decide ir vivir coa súa moza. A longametraxe protagonizada por Fernando Fernán-Gómez, Enmma Vilarasau, Marta Etura e Víctor Mosqueira chega ás carteleiras este venres co aval do bo recibimento que tivo a produción na Berlinale, onde se presentou fóra de concurso.

Máis información no web de Continental . Amplía a nova>>

16/02/2005
Aldea Films prepara unha nova longametraxe co realizador chileno Nicolás López

“Promedio vermello” é a ópera prima do realizador chileno Nicolás López. Unha comedia que foi un éxito de billeteira en Chile, que se vai a estrear en México cun cartel promocional de Guillermo del Toro (que coproduce nun 30% coa productora de Santiago Segura – 30%- e Aldea Films-40%-) e que chegará ás carteleiras españolas o 6 de maio. Ademais, Nicolás López e Aldea Films volven compartir equipo en “Heroe”, unha comedia sobre superheroes que se rodará en Santiago e Coruña en outubro deste ano. No proxecto, que ten un custe estimado dun millóns douscentos mil euros, tamén está interesado Guillermo del Toro, aínda que a súa participación non está confirmada.

Máis información na ficha de Aldea Films . Amplía a nova>>

14/02/2005
Miguel de Lira presenta “One day in Europe (Galatasaray-Dépor)” na Berlinale

O audiovisual galego está en Alemaña por partida dobre. Por unha banda está nun dos festivais de cine máis importantes do mundo, a Berlinale, e pola outra, estará en Postdam no mes de marzo no festival de animación. En Berlín faino a través de dúas producións. Unha fóra de concurso (de Patricia Ferreira “Para que non me esquezas”-Continental- que se presenta hoxe) e outra na sección competitiva. Trátase de “Galatasaray-Dépor” na que traballa Miguel de Lira, que se desprazou onte ata a cidade alemá para asistir á presentación oficial. Pola outra banda, no mes de marzo, Postdam acolle o Cartoon Movie 2005 no que dos 19 proxectos que se presentan, cinco son galegos: Donkey Xote, O soño dunha noite de San Xoán, Nouturna, Pica Pica Circus e P3k Pinocho 3000.

Máis información sobre a presenza galega na Berlinale nesta nova, sobre “Galtasaray-Dépor” na súa ficha e sobre o Cartoon Movie no seu web e consulta as fichas de “O soño dunha noite de San Xoán” e Pinocho 3000 . Amplía a nova>>

14/02/2005
O colectivo Burla Negra promove “Hai que botalos” un filme comprometido formado por 25 curtametraxes

Guionistas, directores, actores, actrices e realizadores, entre outras profesións do sector, están a traballar para ofrecer “Hai que botalos”. Trátase dun proxecto audiovisual que pretende ofrecer 25 curtametraxes que farán un percorrido polo país de cara ás eleccións. Esta “campaña de estimulación do "boto", segundo figura no seu sitio web, está promovida por Burla Negra e A Fraga Maldita. Escritores como Manolo Rivas, Séchu Sende, Rosa Aneiros, Suso de Toro, os actores e actrices Mabel Rivera, Luís Tosar ou Miguel de Lira, e Margarita Ledo, Ricardo LLovo ou Xosé Zapata como realizadores forman parte deste proxecto. A produción distribuirase a través de canles non comerciais, con proxeccións nas cidades e vilas do país ao que se poden sumar aqueles colectivos e particulares que o desexen. Ademais, os promotores tamén contemplan a edición dun DVD.

Máis información neste web . Amplía a nova>>

11/02/2005
TVG estrea este domingo “Libro de familia” unha serie dirixida, producida e realizada por mulleres

“Libro de familia” é a nova serie da Televisión de Galicia. Producida por El Correo Gallego chegará este domingo ás nosas pantallas. A serie está ambientada na Galicia dos anos 60, nun momento de transformación social e económica, e conta a historia de tres familias galegas de distinto estrato social que viven en Santalla, unha aldea ficticia do centro de Galicia. A serie está protagonizada por Celso Parada, Diana Nogueira, Mara Sánchez, Monti Castiñeiras Diana Freire e Abelardo Pérez. Dirixida por Mariana Carballal, a serie conta cun equipo directivo formado integramente por mulleres: Silvia Carnero é xefa de produción mentres que Giselle Llanio se encargada da produción.

Máis información en El Correo Gallego e consulta a ficha de Mariana Carballal en AVG . Amplía a nova>>

11/02/2005
Obradoiros, visitas á TVG e ciclos de cine servirán para achegar o audiovisual galego aos escolares

O audiovisual galego chega este mes ás aulas de primaria e secundaria. O Consorcio Audiovisual de Galicia repite experiencia de instruír aos escolares, pero este ano faino a dous niveis distintos. Os que o ano pasado aprenderon os fundamentos da linguaxe audiovisual este ano formarán parte dun obradoiro no que farán unha pequena peza animada de entre 15 e 30 segundos. Por outra banda, os que son novos neste programa recibirán unha unidade didáctica con coñecementos básicos, ademais de poder optar a outras actividades que van desde a asistencia a unha proxeción cinematográfica, unha visita a Televisión de Galicia ou asistir á rodaxe dun filme ou a gravación dun programa nun plató.

Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia . Amplía a nova>>

07/02/2005
Tui acolle en marzo o primeiro Festival Internacional de Documentais

Do 10 ao 13 de marzo Tui acollerá o primeiro Festival Internacional de Documentais. Chámase Play Doc e é o resultado de varios anos de traballo dun equipo formado por quince persoas con experiencia no mundo audiovisual. O programa final esta conformado por 18 películas documentais de autor que foron seleccionadas entre as 137 que a organización recibiu de 50 países do mundo. Ademais da sección oficial, Play Doc inclúe tamén sesións especiais, varios ciclos de proxecións (“documental musical”e “falsos documentais”) ademais dunha sección dedicada aos máis novos que chaman “doc´amateur”.

Máis información no web do festival Play Doc . Amplía a nova>>

03/02/2005
Mr Misto inicia unha rede de curtametraxes que concluirá en Ribadeo en Agosto

“On & Off Rede de Curtas Mr Misto” é a nova iniciativa coa que Mr Misto pretende fomentar a curtametraxe. Trátase da creación dun circuíto de exhibicións para darlle novas saídas a este xénero e no que poden participar todos os produtores e realizadores españois e portugueses. O apartado “ON” inclúe proxecións regulares das 30 curtametraxes seleccionadas e, no apartado “OFF” procederase á entrega dos premios aos mellores traballos (Misto de ouro, de prata, de bronce, de pau, ademais dunha mencións especial á mellor curta galega).

Máis información no web de Mr Misto

. Amplía a nova>>

02/02/2005
As curtametraxes galegas centran a programación do mes de febreiro do CGAI

O Centro Galego de Artes da Imaxe dedica boa parte da súa programación deste mes de febreiro ás curtametraxes galegas. Por iso, durante este mes ofrecerá “Fóra de serie” unha sección que inclúe a proxeción gratuíta dunha curtametraxe cada semana. A primeira terá lugar o vindeiro mércores día 9 (ás 20:30 horas) con “A boa caligrafía” de Alex Sampayo. Ademais, o CGAI tamén acollerá un coloquio sobre a situación da curtametraxe e que forma parte da programación do ciclo “Curt ficcións” que organiza a empresa Yelmo Cineplex. Un festival que se celebra este mes na cidade herculina e que inclúe 21 producións estatais entre as que se proxectará “Minotauromaquia”, a curtametraxe de Juan Pablo Etxeberry.

Máis información sobre “Fóra de serie” no web do CGAI e sobre Curt Ficcións” no seu web. Consulta as fichas de A boa caligrafía e Minotauromaquia

. Amplía a nova>>

01/02/2005
Nora Sola continúa á fronte do Festival de Cine de Ourense

“Máis por razóns humanas que por cartos” deste xeito Nora Sola decidiu continuar á fronte da xerencia do Festival de Cine de Ourense. A decisión era importante porque este ano o festival chega ao décimo aniversario e todo o mundo agarda unha celebración moi sonada. Logo de tomar a decisión de quedarse, Nora Sola xa se puxo a traballar en pechar o orzamento da edición anterior e comezar a traballar na deste ano.

Máis información en La Región

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org