31/05/2005
Dous anuncios de Continental premiados no festival de San Sebastián
Acaba de pechar en San Sebastián unha nova edición de “O sol” o Festival Publicitario máis importante de carácter iberoamericano. Un evento do que a división de publicidade de Continental (Continental Spot) acaba de chegar con dous premios baixo o brazo. O traballo realizado coa axencia Rushmore para Bocatta fíxose co “Sol de ouro” mentres que o realizado coa axencia Dimensión para Euskaltel gañou “Sol de prata”.
Máis información no web de Continental
. Amplía a nova>>
26/05/2005
Televisión de Galicia estrea esta noite a teleserie “Cuarto sen ascensor”
Cristina Castaño (Lucía), José Barato (Fran), Xulio Abonjo (Sebas), Laura Ponte, Mónica Caamaño ou Pepe Soto son algúns dos actores que forman parte de “Cuarto sen ascensor”. É a nova serie que Televisión de Galicia estrea esta noite (21:55 horas) e que relata a historia de tres estudantes que comparte piso nunha cidade universitaria. “4º sen ascensor é unha produción de La Región en colaboración con Filmanova.
Máis información sobre a produción na súa ficha
. Amplía a nova>>
26/05/2005
Filmax e cinco editores de prensa optan a unha canle dixital autonómica
Faro de Vigo, Grupo Progreso (que edita El Progreso), La Región, El Ideal Gallego e o Grupo Correo Gallego, o financeiro Juan Carlos Rodríguez Cebrián e a productora e distribuidora Fílmax acaban de unificarse para optar a unha canle dixital autonómica. Os representantes das diferentes empresas acudiron onte a unha xuntanza co presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, para darlle a coñecer o proxecto. Este consorcio achega o fondo cinematográfico de Fílmax así como a experiencia das divisións audiovisuais das diferentes editoras de prensa. Este anuncio súmase ao fixeron en decembro pasado as entidades agrupadas en AGAPI que anunciaron que se asociarían coas entidades financeiras para optar a unha das licenzas autonómicas.
Máis información en El Correo Gallego, nesta nova o anuncio de AGAPI e na nosa hemeroteca sobre a televisión dixital terrestre
. Amplía a nova>>
25/05/2005
Consorcio Audiovisual e Yelmo Cineplex asinan un convenio para ver curtametraxes nos cines
A partir deste venres as salas de cine Yelmo Cineplex de Lugo, A Coruña e Vigo van cumprir unha das demandas dos actuais directores de curtas, que é a posibilidade de ver o seu traballo na gran pantalla. Dentro do plan de promoción da curtametraxe, o Consorcio Audiovisual acaba de asinar un convenio con Yelmo Cineplex para que durante os próximos dous meses se poidan ver na gran pantalla os traballos que forman parte do catálogo “Curtas 04”. Iso sí, será antes de cada longametraxe coa que buscarán algunha afinidade temática ou estilística.
Máis información no web do Consorcio e no de Yelmo Cineplex
. Amplía a nova>>
23/05/2005
Minotauromaquia galardoada co premio do público e do xurado no festival de Cans
Esta fin de semana o Festival de Cans celebraba a súa segunda edición. Logo da peculiar exhibición das 17 curtametraxes a concurso xa hai palmarés. A produción de Juan Pablo Etxeberry “Minotauromaquia” foi a gran vencedora obtendo o premio do público e do xurado á mellor curtametraxe de animación. Polo demais, “A boa caligrafía” de Álex Sampayo foi premiada polo público como mellor curta de ficción, nunha categoría na que o xurado premiou ao traballo titulado “Intensidade”. Completa o palmaré “A teoría do espello” que recibiu unha mención especial.
Máis información no web do Festival
. Amplía a nova>>
20/05/2005
Burla Negra e A Fraga Maldita presentan esta fin de semana o filme “Hai que botalos”
Escritores, actores, guionistas, realizadores... ata un total de 300 profesionais de distintas áreas do audiovisual galego presentan este domingo no Teatro Principal de Santiago (en pases de 19:30h e de 22:30h) o filme “Hai que botalos”. Trátase dun proxecto colectivo formado por 24 curtametraxes de ficción e documentais. Promovido pola Burla Negra e A Fraga Maldita pretenden ofrecer, segundo figura no seu web, “unha visión libre e independente dos 16 anos de goberno popular en Galicia”. Logo da estrea, os promotores distribuirán o producto a través de internet e en DVD.
Máis información nesta web
. Amplía a nova>>
16/05/2005
Miguelanxo Prado mergúllase no audiovisual con dúas longametraxes
“De profundis” e “A biblioteca da iguana” son os dous proxectos audiovisuais nos que está a traballar o debuxante de banda deseñada Miguelanxo Prado. Non é a primeira vez que Prado se inicia no mundo do audiovisual no que realizou tanto “Os vixilantes do camiño” como o exitoso “Xabarín”. “De profundis” será a súa primeira longametraxe de animación na que fai unha homenaxe ao mar que ten prevista a súa estrea para outubro do 2006. Para este proxecto, no que se aliou con Nani García que comporá a música, creou a productora Desembarco, mentres que a distribución e venda da película é responsabilidade de Continental. Polo demais “A biblioteca da Iguana” forma parte do proxecto de TVG de crear películas de televisión baseadas en contos de escritores. Nesta produción, Prado será o guionista, creará o story-board e realizará labores de direción.
Máis información sobre “De profundis” na súa ficha
. Amplía a nova>>
13/05/2005
As producións galegas protagonistas dun ciclo de cine en Viana do Castelo
Ata o domingo a localidade lusa de Viana do Castelo organiza os seus tradicionais “Encontros de Cinema e Vídeo”. unha cita na que proxectan tanto filmes de ficción para todas a idades como documentais agrupados en temáticas concretas (hai un ciclo sobre o Prestige) e producións premiadas. Este ano o audiovisual galego ten especial relevancia no encontro porque ata alí se desprazaron representantes de cineclubes e escolas de cine para falar do audiovisual feito aquí. O certame entrega mañá os seus premios.
Máis información na edición de hoxe do Faro de Vigo e no web da RTP
. Amplía a nova>>
13/05/2005
A Xunta outorgará en xullo licenzas para setenta e dúas emisoras de radio dixitais
Logo do anuncio de que a concesión de licenzas de Televisión Dixital Terrestre non se interromperá polo proceso electoral, a Xunta anunciou onte que o goberno en funcións outorgará o vindeiro mes de xullo as licenzas de radio dixital. Até un total de setenta e dúas emisoras serán concedidas en todo o país, sesenta e seis delas de carácter local e seis máis de cobertura autonómica.
Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos
. Amplía a nova>>
11/05/2005
A Facultade de Ciencias da Información celebra un ciclo de cine con títulos que reflicten a profesión
Os alumnos de Ciencias da Información queren achegar ao público xeral á profesión periodística. E a mellor forma de facelo é ver as diferentes producións cinematográficas como se recolle a profesión. O ciclo celébrase ao longo da semana con proxeccións de mañá e tarde que se complementan con charlas con actores, directores e produtores. Pero non é o único ciclo de cine que se desenvolve estes días. A Sala Iago acolle a segunda Semana de Cinema Anarquista, mentres que a Fundación Caixa Galicia fai o mesmo cun ciclo dedicado ao documental.
Máis información sobre a I Semana de Cinexornalismo en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia sobre a Semana de Cinema Anarquista e o Ciclo dedicado ao documental
. Amplía a nova>>