| << Anterior | Siguiente >> |
06/10/2005
A decima edición do Cine de Ourense homenaxeará a Imanol Arias
Máis información en La Región e no web do Festival de Cine de Ourense
. Amplía a nova>> Os máis de seiscentos cincuenta millóns que o Ministerio de Cultura agarda investir no 2006 irán destinados na súa maior parte a museos e conservación de patrimonio, desenvolvemento de artes escénicas e apoio ao cinema. Un total do 70% das partidas levarán este destino, e 2’6 millóns de euros serán transferidos directamente ás autonomías con destino á adquisición de fondos para as bibliotecas públicas. Entre as medidas que quere promover este organismo para o vindeiro exercicio, a ministra Carmen Calvo anunciou que se está a negociar a posibilidade de que as empresas que invistan en cinema poidan desgravar ata un vinte por cento.Máis información en La Opinión e en El País
Aínda que a dirección xeral de Comunicación Audiovisual depende de Presidencia mantén un unha “colaboración continua” con outras consellarías. Tendo en conta esta característica, a Mesa pola Normalización reuniuse onte coa Conselleira de Cultura para presentarlle unha serie de medidas que pretenden facer do audiovisual un vehículo de normalización lingüística. Entre elas figuraban esixir que dez filmes de éxitos sexan exhibidos nas salas de cine, peticións coas que a conselleira Ánxela Bugallo se amosou de acordo. Non foi a única novidade para o audiovisual galego, xa que estes días chegan ás carteleiras varias coproducións galegas, por unha banda “O desenlace” de Juán Pinzas (venres 7) e, pola outra “Sin fin” do coruñés Carlos "Pocho" Villaverde (martes 18).Máis información sobre a xuntanza entre Carlos Callón e Ánxela Bugallo no web de A Mesa pola Normalización e sobre “Sin fin” en La Voz de Galicia e sobre “O desenlace” na súa ficha. Amplía a nova>>
03/10/2005
Continental e Caixa Galicia crean unha empresa de publicidade con tecnoloxía dixital
03/10/2005
Filmanova presenta dúas producións que guionizarán os escritores Paul Auster e Barry Giffor
Máis información sobre Filmanova e Juan Pinzás en AVG . Amplía a nova>>
Hoxe é un día destacado para os radiooíntes. Por unha banda porque as Emisoras Municipais Galegas estrean unha programación que, por primeira vez, implica ás dez emisoras destas características. Belén Regueira e Tomas Lijó conducirán “Entrada libre” que combina contidos musicais, con axenda cultural, entrevistas e conexións con galegos no exterior. E, polas trades Leo Toral fará un percorrido pola información de diferentes localidades a través de correspondentes. Por outra banda, Virgilio Costas é o novo director da Radio Galega desde este sábado. Ademais, esta fin de semana Benigno Sánchez tomou posesión do seu cargo como director xeral da CRTVG.Máis información sobre a programación conxunta das Emuga en Vieiros e sobre o novo director da Radio Galega en Xornal.com . Amplía a nova>>
30/09/2005
O Consello da Xunta confirma o nomeamento de Benigno Sánchez como director da CRTVG
Máis información no Consello da Xunta (en pdf)
. Amplía a nova>>29/09/2005
O Consorcio Audiovisual e Unifrance traen a Galicia a obra do carballinés José García
Máis información no web do Consorcio do Audiovisual . Amplía a nova>>
A creación dun organismo único que articule todos os sectores implicados no audiovisual e que organice a política audiovisual do goberno é unha das solicitudes que a Academia Galega do Audiovisual lle fará chegar á Xunta. A asemblea que esta entidade convocou na tarde de onte en Compostela acordou redactar un manifesto que se lle fará chegar ao Goberno galego e que aborda tamén cuestións coma a necesidade de reorganizar a política de axudas ou creación da segunda canle da TVG. No encontro e na redacción deste texto participaron representantes dos máis diversos campos da cultura, asociacións empresariais, delegados do ensino universitario e outras institucións culturais, coma o Consello da Cultura.Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual
22/09/2005
Javier Fesser faise co premio do público do festival Curtocircuíto de Compostela
Máis información no web do certame . Amplía a nova>>
| << Anterior | Siguiente >> |
