18/10/2005
Eurimages concede a máxima axuda á primeira longametraxe de animación de Miguelanxo Prado
“De profundis” é a primeira longametraxe de animación que realiza Continental e a primeira que dirixe o coñecido debuxante Miguelanxo Prado. A produción, que ten prevista a súa estrea no outono do 2006, acaba de recibir 220.000 euros do fondo Eurimages do Consello de Europa para a produción de productos audiovisuais. Non será a única longametraxe de Prado, xa que ten previsto realizar “A biblioteca da igúana”, que forma parte do proxecto de TVG de crear películas de televisión baseadas en contos de escritores. Nesta produción, Prado será o guionista, creará o story-board e realizará labores de direción.
Máis información na súa ficha
.
Amplía a nova>>
18/10/2005
O Festival de Cine de Ourense abrirá a súa programación coa longametraxe Galatasaray-Dépor
Nunca un partido de fútbol dera tanto que falar. A coprodución de Filmanova que recolle catro historias que se suceden arredor da final Champions League entre o Galatasaray de Estambul e o Deportivo da Coruña abrirá a décima edición do Festival de Cine de Ourense (12 ao 19 de novembro). A película, dirixida por Hannes Stöhr, viuse anteriormente na Berlinale, un dos festivais de cine máis prestixiosos do mundo. O resto do programa, segundo fontes da organización, aínda se está a confeccionar e darase a coñecer nas vindeiras semanas.
Máis información sobre o festival no Festival e sobre a produción na súa ficha
.
Amplía a nova>>
17/10/2005
O grupo liderado por Fílmax recorre a concesión de televisión dixital e pide que se declare nula a adxudicación
O pasado 22 de xullo, a Xunta outorgaba as dúas licenzas de televisión dixital terrestre autonómica ás candidaturas de La Voz de Galicia e a cadea COPE. Quedaba fóra a proposta conxunta do grupo Fílmax, Saona e doce diarios galegos que acaban de presentar un recurso de reposición contra a resolución da Xunta. Nel solicitan, segundo publica El Correo Gallego, “a declaración de nulidade do acordo recorrido e a retroacción procesal para, de novo, e dentro do prazo máximo de adxudicación imposto polo prego, chegar a unha decisión que reintegre a seguridade xurídica vulnerada”. O recurso interposto contra a Xunta denuncia irregularidades no proceso de avaliación, na selección e nos cometidos dos membros da Comisión de Contratación, así como o pagamento de 12.000 euros a Soluziona por un informe que non figura no expediente.
Máis información en El Correo Gallego
.
Amplía a nova>>
17/10/2005
Touriño anuncia a creación do Festival Chano Piñeiro cando se cumpren dez anos do seu pasamento
“Festival de cine Chano Piñeiro”. É o nome do festival que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, acaba de anunciar para o ano 2006 en Vigo. Leva o nome do realizador do primeiro filme en galego e a Secretaría Xeral de Comunicación será a encargada de redactar as bases do festival que será, en palabras de Touriño “o escaparate dos nosos creadores e proxector da nosa imaxe máis auténtica do interior”. O anuncio fíxose ao final dun acto de homenaxe que a cidade de Vigo lle rendeu ao realizador forcaricense.
Máis información sobre o festival no Faro de Vigo e sobre Chano Piñeirona súa ficha
.
Amplía a nova>>
17/10/2005
O Consorcio audiovisual presenta o novo catálogo de curtametraxes
“Lobos”, “Rosas”, “A boa caligrafía”, “Máxima Pena” e “Redondeo” son os traballos que forman parte de “Curtas 05”, o novo catálogo de promoción da curtametraxe que promove anualmente o Consorcio Audiovisual. De curtametraxes tamén vai o festival Curtocircuito que comeza mañá en Compostela. Un evento que exhibirá uns sesenta traballos antes do sábado 22, que é cando se fallará o premio de 3.000 euros máis un trofeo por cada categoría (ficción, animación e videocreación).
Máis información no web do Consorcio Audiovisual e no de Curtocircuíto
. Amplía a nova>>
14/10/2005
AGAPI prepara un documento de propostas do sector da produción independente para presentar á Xunta
Tras reunirse nos últimos meses cos responsables da política audiovisual da Xunta de Galicia, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) está a preparar un documento de propostas sobre o sector audiovisual dende o punto de vista das produtoras asociadas a esta entidade. AGAPI anunciou a convocatoria de eleccións para o vindeiro 28 de outubro co fin de nomear á nova Xunta Directiva antes de final de ano. “Na actual conxuntura de importantes cambios e avances no sector audiovisual de Galicia”, afirmou AGAPI nun comunicado de prensa, “AGAPI quere afrontar este novo horizonte definindo e traballando a prol dos obxectivos comúns da produción audiovisual independente”. .
Amplía a nova>>
14/10/2005
Ignacio Vilar presenta un documental sobre Chano Piñeiro no décimo aniversario do seu pasamento
Este ano cúmprese unha década desde a morte de Chano Piñeiro (Santiago,1954-Vigo,1955). Por iso, Vía Láctea Films, Zozo Films, Visafilmes, o obradoiro de cine de Petín e Domíngo Díaz P.C. réndenlle hoxe en Vigo unha homenaxe cun documental. Baixo o título “Sempre Xonxa en Petín”, recóllese a experiencia dos veciños de Petín de Valdeorras que participaron na longametraxe da primeira película galega en 35 mm que foi rodada polo cineasta forcaricense en 1987.
Máis información sobre Chano Piñeiro na súa ficha
.
Amplía a nova>>
13/10/2005
Julio Fernández recibe un premio en Sitges pola súa traxectoria no xénero fantástico
Fílmax está de noticia por múltiples frontes. Por unha banda, porque esta noite estrea na Coruña “Fráxiles” a súa ultima produción, que dirixe Jaume Balagueró e protagonizan Calista Flockhart e Elena Anaya. Unha produción que chegará mañá a 300 salas. Pola outra, porque o Festival Internacional de Cine de Sitges acáballe de conceder ao seu director, Julio Fernández, o premio María Honorífica en recoñecemento á súa traxectoria e o seu papel a favor do xénero fantástico. E precisamente neste festival, a produtora coruñesa Vaca Films presentou o seu último traballo “Somne”. Un filme que protagonizan Goya Toledo, Chete Lera, Óscar Jaenada e Nancho Novo.
Máis información sobre Fílmax e Somne
.
Amplía a nova>>
10/10/2005
Un vídeo de 1946 sobre a Costa da Morte poderase ver na Semana de Cine de de Monforte
O Cine Club monfortino de “A Calexa” prepara a sexta semana de cine que terá lugar entre o 17 e o 26 deste mes. Un Mostra que estre ano levará aos multicines da localidade seis longametraxes (“American Splendor”, “2046”, “Ferro 3”, “Para que non me esquezas”, “Nos sos vos, soy yo” e “Tapas”) e catro curtametraxes (“Unha nova vida”, “Camiño equivocado”, “1104, unha historia de Monforte” e un vídeo de 1946 sobre a Costa da Morte). A iniciativa, que ten un custe de 3.500 euros conta co apoio do comercio local, o concello e a Xunta.
.
Amplía a nova>>
07/10/2005
Filmax anuncia a intención de converterse no primeiro estudio de ficción do mundo latino
“Estamos no punto de arranque dunha etapa nova”. Deste xeito o lucense Julio Fernández anuncia unha nova dimensión para todas as filiais e empresas que se agrupan baixo a marca Filmax. A nova etapa pasa por un incremento da productividade e visibilidade da súa factoría que conta xa con tres anos de produción comprometida e ten cinco longametraxes para estrear nos próximos meses: Fragile (que se preestreará o 13 na Coruña), “O labirinto de Kovac”, “O bosque das sombras”, “O perfume” e, a que se está a rodar estes días na Coruña, “Mía Sarah”.
Máis información en El Progreso e na súa ficha
.
Amplía a nova>>