09/11/2005
A CRTVG acapara o 76% do orzamento da Secretaría Xeral da Comunicación
O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, estivo onte no Parlamento para dar a coñecer o orzamento do seu departamento para o 2006. Alí avanzou que os 125 millóns repartiránse entre a Secretaria Xeral para as Relacións cos Medios Informativos (30 millóns) e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (95 millóns). Esta última rexe, entre outros á CRTVG, cuxo director xeral, Benigno Sánchez, tamén estivo no Parlamento para explicar as liñas de actuación. Unhas directrices que estarán condicionadas polos resultados emitidos por unha auditora externa, que cuantifica a débeda en 84.1 millóns. Ademais da posta en marcha dun plan corrector a medio prazo, Sánchez apuntou medidas contra a precariedade laboral eliminando a contratación temporal.
Máis información no web da Xunta e sobre a situación da CRTVG en La Opinión, La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
08/11/2005
Oleiros acolle unhas xornadas para abrir vías de negocio dos produtos que non se exhiben
Os primeiros días de decembro (do 1 ao 4) ten lugar en Oleiros (A Coruña) un encontro do sector audiovisual. Non se trata dun evento ao uso, xa que concentra tres vertentes: o aspecto económico dun mercado, a importancia de pór en contacto diferentes experiencias dos foros e o aspecto competitivo cunha mostra audiovisual. Iso si, todo isto dedicado a aqueles traballos que, feitos ou non con cartos públicos, nunca acaban por exhibirse nin distribuírse. Chámase “Nova Factory 05” e conta coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Oleiros, a Film Comission, o Consorcio audiovisual, Míster Misto e o IGAPE.
Máis información en “Como hacer cine” (en español)
.
Amplía a nova>>
04/11/2005
Dous documentais da TVG emitiranse nunha canle especializada en Historia
Desde a semana pasada, todos os sábados (15:45 horas) a Televisión de Galicia emite os documentais galegos que formaban parte do seu fondo. E dúas destas producións, “Santa Liberdade” e “Os últimos fuxidos” emitiranse pola canle especializada “The History Channel Iberia B.V”, logo de que a TVG vendera os seus dereitos de emisión para a comunicación pública por televisión de pago por cabo, satélite e dixital terretre, en versión galega dobrada e subtitulada en castelán e/ou portugués. Os territorios nos que se emitirá son o Estado, en Portugal e en Andorra.
Máis información sobre “Santa Liberdade” na súa ficha en AVG
. Amplía a nova>>
02/11/2005
Dolores Ben é a nova presidenta de AGAPI
A Asociación Galega de Produtoras Indepentendes acaba de remudar a súa cúpula directiva. Dolores Ben convértese na nova presidenta, Antonio Varela figura como vicepresidente e Elisa Saldaña como secretaria. Pola súa banda, Ruperto García foi nomeado tesoureiro, mentres que Valentín Carrera, Enma Lustres, Ignacio Billar, Margos Gallego, Ramón Bermejo e Jaime Arregui quedan como vocal. Por último, Pancho Casal, Ignacio Villar e Emma Lustres serán os representantes de AGAPI na Federación de Asociación de Produtores Audiovisuais Españois (FAPAE).
Máis información no web de AGAPI
.
Amplía a nova>>
31/10/2005
Amal 05 despídese entregando os seus premios e dá paso a Cineuropa
A mostra de cine árabe despediu a que foi a súa primeira edición como Festival entregando os seus premios. “A gran viaxe” de Ismael Ferrouki foise co premio a Mellor Película do certame segundo o criterio do xurado. O público, pola súa banda, considerou que “Internacionais en Palestina” do asturiano Alberto Arce era a mellor película. Amal pecha as súas portas dando paso a Cineuropa, o evento cinematográfico compostelá do mes de novembro por excelencia. O Salón Teatro, o Teatro Principal e, por primeira vez, a sala de Caixa Galicia acollerán as proxeccións do evento que comeza o mércores 2 co documental "Viva Zapatero" de Sabina Guzzanti
Máis información no web oficial de Amal e sobre Cineuropa en Compostela Cultura
.
Amplía a nova>>
28/10/2005
I+D dá a coñecer nunha serie audiovisual a innovación nas empresas galegas
A partir do vindeiro 2 de novembro, de luns a venres e inmediatamente despois dos telexornais do mediodía e do serán, a Televisión de Galicia emitirá a serie “Obxectivo innovar”. Trátase dunha produción de 40 capítulos de dous minutos dedicados a dar a coñecer a innovación científica doutras tantas empresas galegas. A serie forma parte das actividades de divulgación que organiza a Dirección Xeral de I+D.
Máis información na nota de prensa
.
Amplía a nova>>
28/10/2005
O MARCO exhibe unha escolma de curtametraxes no Día Mundial da Animación
O 28 de outubro é o Día Mundial da Animación. Por iso, algunhas das entidades que se encargan deste apartado dentro do mundo audiovisual quixeron festexar a efeméride cunha escolma do seu traballo. A Escola Galega de Animación Profesional de Vigo organiza unhas sesións de proxección e un debate. Pola súa banda, coincide coa celebración que o ámbito cultural de El Corte Inglés expón en Santiago unha mostra que recolle o proceso de creación de “Gisaku”, a longametraxe de animación de Fílmax, feita en parte nos estudios que a factoría ten en Compostela, Bren.
Máis información no web da Escola Galega de Animación Profesional e sobre Gisaku na súa ficha en AVG
.
Amplía a nova>>
26/10/2005
Cineuropa concede o seu premio especial a Luís Tosar
O vindeiro mércores comeza en Santiago unha nova edición do festival Cineuropa, o evento que exhibe películas en versión orixinal que habitualmente non chegan aos circuítos comerciais. O programa definitivo presentarase ao público o vindeiro luns, pero xa se coñecen algúns detalles. Entre eles que Luís Tosar recibirá o 15 de novembro o “Premio Cineuropa 2005”.
Máis información no web do Concello de Santiago
. Amplía a nova>>
24/10/2005
Amal arranca hoxe en Compostela converténdose nun festival de cine competitivo
Esta tarde comeza en Compostela “Amal 05”. Antes era unha mostra audiovisual que ofrecía producións árabes e paralelamente, buscaba crear alianzas coas produtoras de aquí. A edición que hoxe arranca xa non é unha mostra, senón un festival con carácter competitivo e internacional. Amal recolle o testemuño deixado por “Curtocircuíto” , o festival de promoción da curtametraxes que rematou o sábado coa entrega de premios. Os tres mil euros de cada categoría foron para “Retruc” de Francesc Talavera no apártao de ficción, “Tadeo Jones” de Enrique Gato en animación e “Out of nowhere” de Diego Santomé en videocreación. Ademais, a cinta de Javier Fesser obtivo os 1.500 euros do premio do público. Curtocircuíto pechou esta segunda edición cunha asistencia de 3.000 espectadores.
Máis información nos sitios web de Amal e Curtocircuito
.
Amplía a nova>>
19/10/2005
O Consorcio audiovisual leva producións galegas a Cannes e Clermont Ferrand
O audiovisual galego está presente estes días nun dos mercados de televisión máis importantes do mundo, o MIPCOM de Cannes. Faino nunha caseta con ICEX-FAPAE e Catalan Films&TV baixo o lema “Audiovisual from Spain”. A representación galega está baixo o auspicio do Consorcio Audiovisual a través da Galicia Film Comission. Non é o único festival no que estarán presentes produtos galegos, xa que o Consorcio Audiovisual de Galicia estará presente no mercado de curtametraxes Clermont Ferrand ao que levará o seu último catálogo, o de Curtas 05.
Máis información sobre o MIPCom no seu web e sobre o Clermont Ferrand no web do Consorcio
.
Amplía a nova>>