31/01/2006
O Instituto Cervantes proxectará curtas galegas na súa sede de Estambul
O vindeiro 3 de febreiro a acaba de inaugurar sede do Instituto Cervantes acollerá unha xornada de proxección de curtametraxes galegas. “A subela”, “Ciclo”, “ Meigallos, sombras e papas de arroz” e “Taxia”comprenden o programa do día.
Máis información sobre a cultura galega e o Instituto Cervantes na nosa hemeroteca
. Amplía a nova>>
31/01/2006
Fílmax incorpora o catálogo de películas de Lauren films á súa distribución
A división de distribución da empresa do lucense Julio Fernández, Fílmax, acaba de incorporar aos seus servizos en DVD os traballos de Lauren Folms. Foi posible grazas a un acordo asinado entre a produtora americana e a empresa situada en Cataluña. Con este acordo Fílmax achegará títulos como “O paciente inglés”, “A vida é bela”, “•O sabor da sandía” ou “Teresa de Calcuta”.
Máis información sobre Fílmax na súa ficha
.
Amplía a nova>>
30/01/2006
O sector audiovisual avoga pola creación dunha marca propia para potenciar a exportación dos nosos produtos
Crear unha marca de calidade que identifique os produtos audiovisuais feitos en Galicia. Esta é unha das propostas nas que están a traballar a Xunta e mais representantes deste sector. A idea é que esta marca faga parte no Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego e axude a conseguir un maior índice de exportación destes produtos. Canda á visibilidade exterior, esta marca quérese empregar tamén como un criterio de cara á concesión de axudas públicas. Precisamente mañá o Clúster Galego do Audiovisual organiza en Vigo unha xornada na que se debaterá sobre esta proposta.
Máis información en Galicia Hoxe, en La Región, no web do Clúster e nos nosos arquivos
. Amplía a nova>>
26/01/2006
Un videoclube aluga gratis unha curtametraxe galega con cada película
O videoclube Estevez Entertainment que ten delegacións en Santiago, Vilagarcía e Lalín ofrece unha curtametraxe de balde aos seus clientes. Con cada novidade que aluguen poden levar, tamén como préstamo e sen custe algún. a curtametraxe “Metamorfose”. Un traballo baseado nun conto de Franz Kafka e galardoado en numerosos festivais.
Máis información sobre a curta na súa ficha en AVG
. Amplía a nova>>
26/01/2006
O Consorcio Audiovisual levará producións galegas ao mercado de produtos para televisión de Cannes
Por segundo ano consecutivo, o Consorcio Audiovisual de Galicia leva unha caseta ao Mercado Internacional dos Contidos Audiovisuais e Dixitais para televisión máis importante de Europa, o MIPTV. O evento terá lugar en Cannes (Francia) do 3 ao 7 de abril e servirá de escaparate para os produtores interesados en vender as súas novidades. Por outra banda, o realizador galego Juan Pinzas presenta a súa última produción, “O desenlace” no Festival de Cine Fantástico de Porto (Fantasporto).
Máis información sobre o Miptv no web do Consorcio Audiovisual e sobre a produción de Pinzas na súa ficha en AVG
.
Amplía a nova>>
25/01/2006
Os nenos poderán facer pequenos vídeos dentro do programa Audiovisual nas Aulas
Na terceira edición do programa “Audiovisual nas aulas” os rapaces que xa gozaron deste programa nos dous últimos cursos poderán facer pequenas prácticas nunha unidade móbil da TVG. Os que comezaron o ano pasado realizarán a fase “Iniciación á animación” na que farán un pequeno traballo con bonecos de plastilina. E os que comezan este ano (21 centros novos) farán o de “Iniciación ao audiovisual” que inclúe desde visitas á TVG, recibir a visita dun personaxe popular, asistir a unha proxección cinematográfica, a unha rodaxe ou a un plató de televisión
Máis información en La Voz de Galicia e na nosahemeroteca sobre edicións anteriores
. Amplía a nova>>
20/01/2006
Cargo, a coprodución de Vaca Films estréase no Sundance
Acaba de comezar en Park City o Sundance, o festival de cine “indie” máis coñecido do mundo. Unha edición na que se fará a estrea de “Cargo”, o filme hispanobritánico que coproduce Vaca Films e que protagoniza Luís Tosar xunto con Daniel Brühl e Peter Mullan. O filme preséntase dentro da sección “Premiere”, na que tamén está “A vida segreda das palabras” de Isabel Coixet. A película chegará as carteleiras galegas o vindeiro 3 de marzo.
Máis información no web do Festival e sobre a produción na súa ficha en AVG
. Amplía a nova>>
19/01/2006
Produtoras, escolas e universidades presentaron 93 traballos para os Mestre Mateo 05
Un total de 93 traballos optan aos Mestre Mateo 05. Os premios máis importantes do audiovisual galego, que concede a Academia Galega do Audiovisual, entregaranse na Coruña o vindeiro mes de marzo. De momento, a falta de que conclúa o prazo para a presentación de alegacións, son candidatas 37 produtoras e catro escolas e universidades. A partir do 31 de xaneiro os membros da Academia serán os encargados de votar aos 4 candidatos de cada unha das 26 categorías.
Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual
. Amplía a nova>>
18/01/2006
O Liceo de Ourense organiza unhas xornadas sobre o audiovisual galego
Críticos como Miguel Anxo Fernández, directores como Xavier Villaverde e guionistas como Ángel de la Cruz forman parte da XVI edición dos encontros literarios que organiza o Liceo de Ourense. Trátase dun evento que este ano aborda as relacións entre o cinema e a literatura. A sesión inaugural ten lugar hoxe e leva por título “O audiovisual galego, entre a ficción e a animación”
Máis información en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
17/01/2006
O Consorcio representa o audiovisual do país no I encontro franco-español
Hoxe comeza en París o I Encontro Franco –Español de Cine que pretende poñer de manifesto os problemas do audiovisual dos estados implicados e do aumento das coproducións, así como buscar unha solución para mellorar a distribución. O evento foi organizado polo Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) coa entidade pública francesa Unifrance. O audiovisual tamén será abordado en “Mírate 2006” o primeiro salón da imaxe que terá lugar dentro do evento multisectorial do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). Alí exhibiranse 60 traballos feitos polos alumnos de Publicidade, Comunicación Audiovisual e Belas Artes.
Máis información en Galicia Hoxe e La Voz de Galicia, sobre a feira no web de no Ifevi
. Amplía a nova>>