14/02/2006
A película de Roque Cameselle “Dubidoso, o mago” chegará a 180 salas de Europa e Brasil
O vindeiro mes de abril Deboura Cultural finalizará o proxecto “Dubidoso, o mago”. A longametraxe en 2D dirixida por Roque Cameselle, autor da novela homónima na que se inspira, chegará a 180 salas de cine de Europa e Brasil. Continuando co audiovisual, o Festival de Cans comeza a selección das curtametraxes para o evento que terá lugar o 19 e 20 de maio; mentres que a curtametraxe “Quérote mal”, producida polo festival Curtocircuíto vén de gañar o primeiro premio da categoría 35 mm na Semana Internacional de curtas de San Roque (Cádiz), unha das referencias máis importantes do calendario internacional deste formato cinematográfico.
Consulta as fichas de “Dubidoso, o mago” e ”Quérote mal”
.
Amplía a nova>>
10/02/2006
Os programas de debate, humor e a cultura centran a nova programación de Televisión de Galicia
O concurso “Cifras e letras” (de luns a venres ás 15:30 horas), o programa de humor “Zapping comando”, a serie de ficción “Pepe o inglés” (os luns ás 22:15 horas) e os programas de debate “Hai debate!” (con Xaquín Pedrido os luns 23:15 horas) e “Volver ao rego”, co Xosé Luís Barreiro (os xoves a partir do mes de marzo) son algúns dos novos programas que poderemos ver na TVG desde o vindeiro luns. As noites dos martes será para as producións galegas, xa que o ciclo “Feito en Galicia” estreará as películas galegas feitas para televisión. Estas novidades únense aos programas culturais (“Miraxes”, “Planeta cine” e “Onda Curta”) que levan tres semanas en antena. Ademais da programación, TVG tamén estreará imaxe corporativa.
Máis información no web da CRTVG e en AVG sobre “Pepe o inglés”
.
Amplía a nova>>
09/02/2006
O Teatro Principal de Santiago acolle un ciclo de cine para concienciar nos problemas da sociedade actual
Hoxe comeza en Santiago o ciclo de cine “Oito olladas para o milenio”. Trátase dunha actividade organizada pola Coordinadora Xeral Galega de ONGs para o Desenvolvemento que abordará con cada película os oito compromisos adquiridos polos Xefes de Estado de Goberno na chamada “Declaración do Milenio”: a fame, educación primaria para todos, igualdade de xénero, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a SIDA, garantir o equilibrio ambiental e fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.
Consulta o programa, o horario e as novidades no web de Compostela Cultura
.
Amplía a nova>>
09/02/2006
A EGACI presentou no MARCO os traballos realizados polos alumnos no 2005
“Yavih”, “Alba”, “As cores do frío”, “Kilómetro 53” ou “Lucía” son os títulos dos traballos que realizaron os alumnos da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (EGACI) ao longo do 2005. Presentáronos no MARCO cun grande éxito de público que viu sete traballos dos que cinco figuran entre os finalistas do Mestre Mateo. Entre as novidades presentadas por unha xeración de realizadores que teñen entre 20 e 30 anos, destaca “Kilometro 53” que é a primeira curta de aniamción feita integramente na escola. .
Amplía a nova>>
09/02/2006
A Fundación Caixanova organiza un obradoiro de guión dirixido por Xosé Cermeño
Todos os interesados en aprender a facer guións para cine e televisión teñen unha cita en Vigo. Dirixido por Xosé Cermeño, o curso desenvolverase do 1 de marzo ao 3 de maio en Vigo e terá como profesores a Pancho Casal, Jorge e Pepe Coira, Ángel de la Cruz, Suso Iglesias, Daniel Salgado e David Trueba. O curso está convocado pola Fundación Caixanova e ten un prezo de 400 euros. Os interesados deben inscribirse antes do 22 febreiro nas sucursais de Caixanova, fax (986-120099) ou correo electrónico (obrasocial@caixanova.com)..
Amplía a nova>>
08/02/2006
O CGAI actualizará a súa guía de empresas e recursos do audiovisual
O Centro Galego de Artes da Imaxe acaba de facer repaso das actividades que fixo no 2005 e marcar os obxectivos para o 2006. Este ano acometerá a actualización da súa guía de empresas e recursos do audiovisual, unha iniciativa que forma parte da análise que fará da dimensión económica do audiovisual galego. Con respecto ao balance do ano anterior, destaca o incremento en 103 títulos dos seus arquivos, o aumento do número de participantes nas súas actividades e a celebración do curso “Cero en conducta”.
Máis información en El Correo Gallego, La Voz de Galicia e no web do CGAI
.
Amplía a nova>>
07/02/2006
Juan Pinzás recibe o máximo galardón da Asociación de Críticos de Nova York
“O desenlace” é a última produción de Juan Pinzás, a última que leva o certificado Dogma e a película pola que foi galardoado pola Asociación de Críticos de Nova York. O director galego recibiu o máximo galardón deste colectivo, o Premio Extraordinario ACE de Cine 2006 pola súa traxectoria cinematográfica en EEUU. O realizador avanzou, nunha entrevista concedida a Atlántico Diario, que está preparando o seu seguinte proxecto. Titularase “O soño de Nova York” e “será de cine experimental, con moito misterio, na liña de David Lynch”.
Máis información en Galicia Hoxe e en Atlántico Diario
.
Amplía a nova>>
06/02/2006
O salón Atlantimag exhibirá en Silleda os traballos de dous fotógrafos históricos galegos
O xoves comeza en Silleda, a segunda edición da feira luso-galega de fotografía. Coñecida como “Atlántimag 2006”, o evento reúne numerosas exposicións de fotografía que van desde as imaxes gañadoras dos Premios Goya de Fotografía ata dúas retrospectivas de fotógrafos galegos: unha sobre Ernesto Schreck Muro, que personifica a segunda xeración da saga de fotografía máis antigos de Galicia e outra sobre o fotógrafo de Cangas do Morrazo, José María Pérez Santoro. Xunto con estas mostras veranse os gañadores do Concurso de fotografía da primeira edición do certame, así como os gañadores e finalistas dos Premios Nacional de Fotografía Lux 2005.
Máis información en Galicia Hoxe e no web do evento
.
Amplía a nova>>
02/02/2006
Comeza o prazo de votación para decidir os finalistas dos Mestre Mateo 2005
Concluído o período de alegacións, os membros da Academia Galega do Audiovisual xa poden votar aos candidatos aos premios Mestre Mateo 05. Repartidos en 26 categorías, este ano preséntanse 99 proxectos (9 máis que no ano pasado) de 41 produtoras (dúas menos que na última edición). O seguinte prazo é o 17 de febreiro, cando se darán a coñecer os catro finalistas de cada apartado. Os vencedores saberanse nunha gala que terá lugar na Coruña no mes de marzo.
Máis información no web da Academia
.
Amplía a nova>>
02/02/2006
Hoxe e mañá ten lugar un cásting de figurantes para serie de televisión
CTV busca figurantes para serie de televisión. Deberán ser homes con idades comprendidas entre os 18 e os 55 anos. A selección terá lugar hoxe xoves e mañá venres de 11:30 a 13:00 e de 17:00 a 18:30 horas no plató 1200 situado en Montouto (Estada Santiago-A Estrada, S/N).
Amplía a nova>>