Novas | 3681 a 3690 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

24/02/2006
Braga dedícalle unha semana á cultura de Galicia con conferencias, concertos, exposicións e actividades de todo tipo

Sete días galegos. Esta é a proposta que o colectivo ATTAC-Braga, en colaboración cun bo lote de colectivos galegos e portugueses está a ultimar para o vindeiro dezaoito de marzo. Contacontos, exposicións, concertos, conferencias, debates... Os movementos a prol da lingua, a cociña, as regueifas, os filmes de "Hai que botalos" ou a produción editorial son algúns dos eixes que deste evento.

Máis información no Portal Galego da Lingua

. Amplía a nova>>

23/02/2006
Dygra opta ser Mellor Produtora Europea no festival de animación Cartoon Movie

A produción de Dygra “O soño dunha noite de San Xoán” segue a colleitar premios. O último é a candidatura pola que a produtora opta a ser “Mellor Produtora Europea”. As súas rivais son a francesa M6 Studio por “Asterix and The Vikings", a sueca TV-Loonland and Happy Life Animation por “Pettson and Findus” e a británica Aardman Animation co traballo “Wallace & Gromit: A maldición das verduras”. O resultado saberase ao final do foro Cartoon Movie 2006 que terá lugar en Postdam (Alemaña) do 9 ao 11 de marzo.

Consulta a ficha de “O Soño dunha noite de San Xoán”

. Amplía a nova>>

23/02/2006
A Coruña acollerá a estrea de "Cargo", a coprodución de Vaca Films

Logo do seu paso polo Sundance, un dos festivais de cine independentes máis coñecido de Estados Unidos, o filme coproducido por Vaca films “Cargo” chega ás nosas carteleiras. A preestrea do filme que protagonizan Daniel Brühl, Peter Mullan e Luís Tosar terá lugar o día 3 de marzo na Coruña. A película poderá verse nas salas a partir do día 10.

Consulta a ficha de “Cargo” e a da produtora Vaca Films

. Amplía a nova>>

21/02/2006
Vaca Films inicia a rodaxe dunha comedia social que se emitirá na Forta despois do verán

Carlos Blanco, Morris e Antonio Dechent so os protagonitas de “El partido”, unha película para televisión que comeza a rodarse hoxe na Coruña. A produción de Vacafilms conta a vida dun grupo de homes que xogan un partido de fútbol contra a nova directiva que mercou a compañía metalúrxica na que traballan, como unha forma de demostrar que son quen de loitar pola súa dignidade. O filme contará con varios cameos, os protagonizados polos xogadores do Deportivo que se interpretarán a si mesmos neste filme. O filme terá versión en español e será dobrada ao galego, catalán e euskera.

Máis información sobre Vaca Films na súa ficha e en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

21/02/2006
A Fundación Seoane aborda a violencia de xénero cun programa multidisciplinar

A Fundación Seoane presenta desde o xoves “Cárcere de amor”. Trátase de cinco seccións nas que se abordarán o tema da violencia de xénero cun programa de cine e vídeo, un proxecto web, conferencias e unha publicación. A mostra está comisariada por Berta Sichel e Virginia Villaplana, producida e coordinada polo Departamento de Audiovisuais do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

Máis información no web da Fundación

. Amplía a nova>>

21/02/2006
A Deputación da Coruña amplía o premio de fotografía Luís Ksado con diferentes mostras

Varias exposicións de proxección internacional, talleres e seminarios percorreran a Coruña o vindeiro outono. A Deputación aproveita a convocatoria da nova edición do premio Luís Ksado para potenciar actividades arredor desta arte. Entre outras actividades, a sala de Exposicións Caixa Galicia de Santiago acollerá a mostra dos traballos da última edición, que visitará despois Lugo e Vigo. A entidade presentou ao tempo o II Certame Castelao de Banda Deseñada e o premio VI Antón Fraguas de Artesanía.

Máis información no web da Deputación e en La Opinión

. Amplía a nova>>

20/02/2006
Play Doc selecciona os proxectos que forman parte do obradoiro Xprésate

A segunda edición de Play Doc, festival internacional de documentais de Tui, terá lugar do 22 ao 26 de marzo. Mentres a organización ultima a programación, acaba de dar a coñecer os seis proxectos gañadores do concurso-taller “Xprésate”, pensado para apoiar a novos realizadores. Ente os traballos seleccionados hai tres galegos: “Fronteiras” de Rubén Pardiñas, “I love Teles” de Xacobo Sanmatin e “Argazo” de Xurxo González.

Máis información no web do Festival

. Amplía a nova>>

16/02/2006
Cultura convoca axudas para a organización de festivais de cine

O Ministerio de Cultura abriu o prazo para a concesión de axudas para a organización e desenvolvemento de festivais e certames cinematográficos de recoñecido prestixio. Existen dous prazos para a solicite de axudas: un primeiro (ata o 14 de marzo) para os eventos que se organizan no primeiro semestre de 2006 e un segundo (do 1 de marzo ao 30 de abril) para os que se realicen no segundo semestre.

Máis información no BOE

. Amplía a nova>>

16/02/2006
Margarita Ledo presenta en Santiago o seu traballo sobre Manuel María

“Fala e terra desta miña terra. Manuel María” é o título do novo traballo da catedrática de comunicación audiovisual Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951). O documental preséntase esta tarde ás 19:30 horas na Galería Sargadelos de Santiago e será presentado polo escritor Miguel Anxo Fernán-Vello. Neste traballo achégase ao perfil do escritor Manuel María desde un punto de vista didáctico, xa que este documental foi unha encarga da Asociación Socio-pedagóxica Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, CIG-Ensino e A Mesa.

Máis información sobre Margarita Ledo nos nosos arquivos

. Amplía a nova>>

15/02/2006
Galicia rexistra unha caída dun 16% na afluencia ás salas de cine

A exhibición galega rexistra cotas cada vez máis baixas. A Asociación de Empresarios de Cine de Galicia acaba de ofrecer os seus datos relativos a 2005 e revelan que a afluencia ás salas baixou un 16% no último ano. A caída rexistrada en Galicia é superior á estatal, que se situou nun 12,50 %. As retransmisións deportivas en aberto, o auxe do cine en casa e a piratería son algúns dos motivos que se expuxeron para explicar o descenso de espectadores. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org