Novas | 3661 a 3670 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

22/03/2006
Comeza en Tui o Festival Internacional Play-Doc, no que se proxectará unha trintena de documentais

Desde as oito e media da tarde de hoxe ata o vindeiro domingo 26, Tui convértese na capital galega do documental. A segunda edición do Festival Internacional Play-Doc achega a esta vila unha selección de trinta documentais de dezasete países, ademais dunha ampla selección de actividades paralelas como concertos e mesas redondas.

Máis información no web do Festival, en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

. Amplía a nova>>

21/03/2006
Telelugo emitirá as curtametraxes que fagan os alumnos de secundaria

A Deputación de Lugo e o Grupo Progreso acaban de poñer a andar “Lugo en acción”. Trátase dun programa que pretende que nenos de catorce e dezaseis anos (segundo ciclo da ESO) se inicien no mundo audiovisual facendo pequenas curtametraxes. Co asesoramento de Mr. Misto os adolescentes farán unha curtametraxe de ata tres minutos de duración que posteriormente emitirá o programa “Plató aberto” de Localia Telelugo.

Máis información en El Progreso

. Amplía a nova>>

17/03/2006
Pancho Casal regresa de Arxentina coa proposta de crear unha rede de cines dixitais nos centros galegos

Pancho Casal regresa da súa viaxe en Arxentina en calidade de representante do Clúster do Audiovisual Galego con dous proxectos baixo o brazo. O primeiro deles pretende crear unha rede de cines dixitais nos centros galegos que permitirá a distribución de producións do país. O proxecto quere que a distribución se faga inicialmente en formato DVD e, nunha segunda etapa, a través de Internet. O segundo, quere aumentar as coproducións coas empresas arxentinas. Neste sentido, os primeiros pasos daranse desde Galicia, concretamente desde Santiago, onde dúas empresas do Clúster inaugurarán un estudo de son compatible coas tecnoloxías que se empregan en Arxentina.

Máis información no web do Clúster

. Amplía a nova>>

16/03/2006
Caixanova organiza un ciclo de conferencias sobre a relación entre o cine e a literatura

Mario Camus inaugura esta tarde o ciclo “Cine e literatura” que organiza a Obra Social Caixanova. A seguinte conferencia terá lugar o 20 de abril, cando Ángel de la Cruz e Manuel Hidalgo falarán sobre “O proceso da adaptación cinematográfica. A visión do director e o punto de vista do escritor”. Seguiranlle o 11 de maio Benito Rabal e Manolo Matji para falar da adaptación á pantalla de “Os santos inocentes”. Manuel Rivas e Antó Reixa pecharán as xornadas (o 8 de xuño) con outra adaptación, neste caso “O lapis do carpinteiro”. Todas as conferencias terán lugar no centro Social Caixanova da Coruña (Avda. Da Mariña/esquina Fama) ás 20:00 horas.

Máis información no web de Caixanova

. Amplía a nova>>

16/03/2006
Gisaku, o filme de animación en 2D de Filmax, chega mañá ás carteleiras

“Gisaku” é o título do novo filme de animación de Fílmax que chega mañá ás carteleiras do Estado. O primeiro filme manga español conta o periplo de Yohei, un samurai, encargado de velar a porta que separa o ben do mal e que permanece durmido ata o 2006. Será entón cando se sucedan unha serie de aventuras que o levarán, entre outros lugares, ata Santiago.Non é a única produción galega con data de estrea, a produción de Filmanova “One day in Europe: Galtasaray-Dépor” que se presentou na Berlinale chegará ás carteleiras o 5 de maio.

Consulta as fichas de Gisaku e One day in Europe: Galtasaray-Dépor

. Amplía a nova>>

16/03/2006
O Océano Surf Club de Ferrol crea un certame de curtametraxes

Os surfistas queren escapar da súa imaxe estereotipada. Para iso o Océano Surf Club de Ferrol acaba de organizar un ciclo de cine dedicado a esta práctica deportiva que amosa unha imaxe máis atípica. As proxeccións terán lugar no Ateneo Ferrolá e no local de asociación en Doniños os venres e sábados deste mes. Ademais destas xornadas, o clube que organiza a Pantín Classic acaba de convocar un concurso internacional de curtametraxes. As gañadoras exhibiranse nas XIX Pantín e en diversos festivais nacionais e internacionais.

Máis información no Diario de Ferrol e consulta o noso tema sobre a Pantin Classic

. Amplía a nova>>

13/03/2006
Os directores e realizadores galegos presentan na Coruña un traballo sobre o seu traballo

Hai case tres anos que se creou na Coruña, Crea, unha asociación presidida por Héctor Carre e que representa os intereses dos directores e realizadores do sector audiovisual galego. Agora, CREA acaba de presentar “DVD Crea 2006”, un catálogo que recolle as traxectorias e o traballo profesional dos 45 profesionais asociados neste colectivo. O DVD inclúe información como biografía, filmografía, formación, premios e recoñecementos.

Máis información sobre o catálogo en Galicia Hoxe e sobre a creación nesta nova

. Amplía a nova>>

10/03/2006
As produtoras galegas preparan a súa presenza no Festival de Cine de Málaga

O Festival de Cine de Málaga (17-25 de marzo) é un dos eventos máis destacados do cine español. Na sección oficial da concurso compiten dúas longametraxes galegas, “Os aires difíciles” (Continental) e “Un franco, 14 pesetas” (Adivina Producións) e dúas películas para televisión “Conto de Nadal” (Fílmax) e “Ecos” (TVG e Continental). Na sección "Cine para a infancia", das actividades paralelas proxectarase a produción de Dygra, “O soño dunha noite de San Xoán”. Ademais, as produtoras estarán presentes nos catro mercados que se agrupan baixo a marca de “Málaga Markets”.

Máis información no web do Festival

. Amplía a nova>>

10/03/2006
Convocado “Curtas na rede” para promover a rede como lugar de creación e comunicación

Curtrametraxes inéditas, de menos de cinco minutos de duración e en galego. Estas son algunhas das características de “Curtas na rede”, o certame que acaban de convocar a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello da Xuventude, coa colaboración doutras entidades como o Consorcio Audiovisual de Galicia. O certame pretende servir de escaparate do audiovisual galego e promover o uso da rede como espazo para a creación e para a comunicación. A contía dos premios supera os 15.000 euros e a CRTVG fará unha escolma dos traballos premiados para emitilos no programa “Onda Curta”.

Máis información no web

. Amplía a nova>>

09/03/2006
O Clúster promoverá o audiovisual galego en Arxentina e Xapón e o Conselleiro de Innovación leva o turismo galego a Berlín

O presidente Emilio Pérez Touriño inicia este fin de semana unha visita por Arxentina. Entre a comitiva de 44 empresarios que viaxará a este país figura Pancho Casal, vicepresidente do Clúster do Audiovisual Galego en representación dos asociados da entidade. A Xunta asinará un acordo co Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais (INCAA). Non é a única visita ao estranxeiro que realizará o Clúster, xa que a partir do 23 de marzo varios membros da organización desprazaranse a Tokyo para participar no “Tokyo Anime Fair 2006”, a principal feira de animación xaponesa. Non de audiovisual, pero tamén de promoción no exterior, está a viaxe que o Conselleiro de Innovación, Juan Blanco, está a facer por Berlín, onde se celebra unha das feiras do sector turístico máis importantes do mundo (a ITB, a Bolsa Internacional de Turismo de Berlín). A delegación encabezada por Blanco está a promover o turismo cultural e termal de Galicia.

Máis información no web do Clúster sobre as súas visitas, e sobre a viaxe de Juan Blanco no web de El Correo Gallego

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org