Novas | 3641 a 3650 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

21/04/2006
Dúas familias vivirán como en 1906 no primeiro reality da Televisión de Galicia

Durante sete semanas, dúas familias galegas vivirán do mesmo xeito que hai cen anos. Trátase de “A cada de 1906”, o programa que emitirá a Televisión de Galicia para finais de ano. É o primeiro reality show que emitirá a cadea pública inspirándose en formatos de éxito como “A casa da túa vida” ou “A illa dos famosos”, pero cun carácter documental. Próximo ao reality tamén está “Luba Tv”, un programa que a TVG estreará este sábado. Ambientado nunha liga de baloncesto universitaria trátase dun programa que contará con actuacións musicais, duólogos, entevistas e exhibicións de danza. . Amplía a nova>>

21/04/2006
A USC ten preto de 600 películas catalogadas nun fondo do audiovisual da lusofonía

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle desde onte o “VII Congreso Internacional de Comunicación Lusófona”. Ao abeiro deste encontro ten lugar a Feira de Produtos Audiovisuais “Viaxes na Lusofonía” que reúne material de creadores individuais e de pequenas produtoras. Un arquivo fílmico composto por preto de 600 títulos dos que se proxectarán cincuenta e cinco durante un congreso que remata mañá.

Máis información no web do Congreso

. Amplía a nova>>

20/04/2006
Redondela inicia hoxe a segunda edición do seu festival de curtametraxes

Belén Constenla e Bruto Pomeroy son os encargados de abrir esta noite (21:00 horas, Multiusos de A Xunqueira) a segunda edición de “Redondela en Curto”. Por diante quedan dous días nos que se poderán ver vinte e dúas curtametraxes (16 de ficción e 6 de documental) que foron premiados en numerosos festivais de todo o Estado. Entre as novidades desta edición destaca o apartado “Máis minutos” no que se proxectará “Sen pedras”, documental acerca do mundo palestino gañador do primeiro premio no Festival de Sitges de 2005.

Máis información no web do Festival

. Amplía a nova>>

20/04/2006
O Cartoon Master Future analiza os desafíos e oportunidades da tecnoloxía dixital en Vigo

O “Cartoon Master Future” é unha das mellores xornadas de formación sobre novas tecnoloxías e sobre o tratamento da imaxe dixital a nivel europeo. Son tamén os encontros que desde hoxe e ata o sábado se celebran en Vigo e que analizarán a produción en Alta Definición, a televisión do futuro e os últimos avances en efectos visuais. Profesionais de todo o sector, non só galego senón de toda Europa asistirán á cita que se celebra por primeira vez na cidade olívica.

Dossier sobre as xornadas neste documento (en pdf) e no web do CGAI

. Amplía a nova>>

18/04/2006
Política lingüística envía longametraxes e curtametraxes a centros de estudo de galego para celebrar o Día das Letras Galegas

Comezan a prepararse as actividades para celebrar o día das letras galegas. O vindeiro 17 de maio non será só un día de festividade en Galicia, senón tamén en 41 centros de estudos galegos de universidades do estranxeiro. Son os lugares aos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de remitir material para contribuír a dfundir a lingua e a cultura galega. No envío, no que colabora o Consorcio Audiovisual de Galicia, figuran longametraxes (“Trece badaladas” e “Pinocho 3000k”), unha selección de curtas con diálogos en galego, así como material gráfico e audiovisual sobre Manuel Lugrís, o homenaxeado nesta edición.

Máis información en Galicia Hoxe

. Amplía a nova>>

17/04/2006
O Cineclube Padre Feijoo organiza a segunda edición do “Cine e Dereitos humanos”

Cinco anos despois de que se organizara a primeira edición o Cine Club Padre Feijoo organiza a segunda parte do ciclo “Cine e Dereitos humanos”. Unha iniciativa que recupera a inactividade dunha das sociedades máis activas de Ourense no campo audiovisual dos últimos tempos. Para esta edición contaron coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, a Casa da Xuventude e a vicerreitoría do Campus de Ourense e a Sala Dúplex.

Máis información no web do Cineclube

. Amplía a nova>>

12/04/2006
O Congreso da Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación estreará unha película de Carlos Velo

“Terra do chicle” é unha das películas do director ourensán Carlos Velo que recolle boa parte das constantes da historia realista. O documental, que conta o perigo dos traballos na selva e a situación de explotación dos chicleros polas multinacionais estranxeiras, exhibirase por primeira vez en Galicia. Será dentro da sétima edición do Congreso da Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (Lusocom 2006) que se desenvolverá en Santiago o 21 e 22 de abril.

Máis información no web do Congreso e sobre Carlos Velo en AVG

. Amplía a nova>>

11/04/2006
Vigo acolle a IV edición do Cartoon Master Futuro

O sector da animación ten unha cita en Vigo o vindeiro 20 de abril. É o día no que comeza a IV edición do Cartoon Master Futuro que organiza a Asociación Europea de Animación Cartoon e o Programa Media da Unión Europea. Durante tres días profesionais do sector da animación analizarán tres aspectos: a produción en alta definición, a televisión do futuro e os avances en efectos visuais. Ademais, as xornadas atenderán ás novas posibilidades de negocio a través de dispositivos portátiles.

Máis información no web do CGAI

. Amplía a nova>>

06/04/2006
Máis salas de exhibición e máis días de certame na III edición do Festival de Cans

O 25 e o 27 de maio hai unha nova cita co agroglamour. E neste momento cando se celebre a III edición do Festival de Cans que organiza a Asociación Cultural Arela. Entre as novidades dun programa que aínda se está a definir, figuran a creación de dous novos espazos para a curtametraxes (agora hai sete eventos), un maior número de espectáculos musicais e a incorporación de máis salas de exhibición (que duplican o aforo).

Máis información no web do Festival de Cans

. Amplía a nova>>

05/04/2006
Catro produtoras levan os seus proxectos ao mercado audiovisual de Bos Aires

Do 10 ao 12 de abril o audiovisual ten unha cita en Bos Aires. É nesta momento cando a capital arxentina celebra o mercado “Enifilms”, dentro do Festival Internacional de Cine de Bos Aires (BACIFI) no que participarán produtoras de numerosos países de fala hispana. Ata a capital arxentina desprazaranse catro produtoras galegas (Anxo Fernández Producciones, Lúa Films, Saga TV e Directo Producciones) para abrir novas vías de negocio para os seus traballos.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org