Novas | 3521 a 3530 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

25/10/2006
Pepe Sancho protagoniza o filme “Sempre Habana” coproducida por Directo Produciones e rodada en Galicia

“Sempre Habana” é unha longametraxe coproducida por Directo Producciones, Casen Producciones e as televisións autonómicas de Castela A Mancha e Galicia xunto co ICAIC de Cuba, que chega este venres ás carteleiras españolas. Trátase dunha comedia que conta os enredos dunha familia por mor do cobro dun herdo. O filme foi rodado na Habana, Santiago de Compostela, Baiona e Gondomar e ten a Pepe Sancho, Gloria Ferreiro e Xosé Luís Bernal “Farruco” como protagonistas.

Mais información no web de Directo Produccións

. Amplía a nova>>

25/10/2006
A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle un congreso que relaciona a sociedade e o documental

O documental é inherente á sociedade, existe grazas a ela e insírese nela. Por iso non é de estrañar que a segunda edición do Foro da Cidadanía e da Comunicación (da Universidade de Santiago) que comeza mañá en Santiago xire arredor da relación entre documental e cidadanía. Durante dous días a Facultade de Ciencias da Comunicación explorará a través de conferencias e proxeccións e segundo figura na nota de prensa “a función que o cinema documental pode cumprir na construción de cidadáns críticos fronte aos medios audiovisuais e no fomento dunha actitude participativa do individuo no seu contexto social”. O foro contará coa presenza dos directores David Fernández e Joan Úbeda que comentarán os seus traballos.

Máis información no web do Foro

. Amplía a nova>>

24/10/2006
Atopado nunha cinemateca de Uruguai un documental galego de 1926

A Consellaría de Cultura acaba de anunciar a descuberta do documental “Tranvías da Coruña”. A obra é de 1926 e ten autoría descoñecida e forma parte do chamado “Cinema de Correspondencia”, un subxénero documental único no que os emigrantes sufragaban dous tipos de películas: unhas para enviarlle aos seus familiares coas súas vivencias na emigración e outras para ver os que se facía aquí cos cartos que mandaban. A copia do documental foille entregada onte á Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, no trancurso da viaxe que desenvolve estes días por Arxentina e Uruguai. Precisamente, entre os obxectivos desta viaxe figuraba o de conseguir copia dos materiais audiovisuais que están depositados en cinematecas e centros galegos.

Máis información no web da Consellaría de Cultura, os obxectivos da viaxe nos nosos arquivos

. Amplía a nova>>

23/10/2006
A Santiago Film Comission presenta unha guía de produción audiovisual e un DVD promocional da cidade

Onde se teñen que xestionar os permisos para rodar nas cubertas da Catedral de Santiago? E canto custa? Como facer para desprazarme pola cidade. Estas son algunhas cuestións que se lle poden presentar a algún produtor que queira rodar un produto audiovisual na capital de Galicia. As respostas a estas preguntas están na “Guía da Localizacións e da Produción Audiovisual de Santiago de Compostela” que acaba de editar a Santiago Film Comissión. Xunto con esta guía presentou un DVD para potenciar Compostela como plató de rodaxe.

Mais información no web de Santiago Film Comission

. Amplía a nova>>

23/10/2006
Producións galegas están presentes na Seminci nos ciclos “Spanish cinema” e no de Pedro Olea

“De bares”, “Un franco, 14 pesetas”, “A casa da miña avoa”, “Camarón” e “Os aires difíciles” teñen común dúas cousas. Por unha banda que son producións con capital galego e, pola outra, que fan parte da sección “Spanish cinema” coa que a 51ª edición da Seminci de Valladolid, pretende dar a coñecer o audiovisual estatal á prensa internacional presente no festival. Non será a única sección na que se pode ver mostras do cine galego, xa que no ciclo dedicado a Pedro Olea recupérase o “”O bosque do lobo” (1969) filmada en Celanova, Tui e Verín e “Xantares”, un documental de media hora no que sae Álvaro Cunqueiro como experto gastrónomo. Seguindo con festivais, o de Ourense acaba presentar a gala inaugural na que se proxectará a produción de Filmax “Miah Sarah” (a estreare en nadal) e na que Emilio Gutiérrez Cava recibirá o Premio do Concello.

Máis información no web da Seminci e sobre o Festival de Ourense na nosa hemeroteca e no seu web

. Amplía a nova>>

20/10/2006
Curtocircuíto crea un mercado para fomentar a distribución e venda deste produto audiovisual

Despois de tres anos de traballo, os responsables de Curtocircuíto non quixeron quedarse na exhibición de curtametraxes e decidiron ir máis alá. Para iso, nesta edición veñen de poñer en marcha o I Mercado Internacional da Curtametraxe de Santiago de Compostela. 19 compradores europeos e 22 distribuidores de oito países están ata o sábado no CGAG co obxectivo de abrir vías de saída para a exhibición e comercialización de curtametraxes. Este mercado terá continuidade no tempo e pretende ofrecerse como un espazo de referencia para a distribución das curtas.

Mais información no web de Curtocircuito

. Amplía a nova>>

20/10/2006
O Festival de Cinema Árabe inaugúrase hoxe mentres anuncia que se converterá nunha cita bianual

Non é só un festival de cine, é unha mostra audiovisual que pretende servir de ponte entre a cultura galega e o mundo árabe. A mostra organizada pola Fundación Araguaney presentará hoxe cunha proxección dobre. Ás 19:30 horas os documentais “César e Caín” e ás 22:00 horas “Meu irmán Arafat”. Por diante quedan cinco días de proxeccións de películas coproducidas nalgún dos países árabes ou que recollen o seu conflicto. “Paradise now”, “Syriana” ou “As fillas de Mohamed” de Silvia Munt que claurusará o festival o vindeiro día 25.

Máis información no web do Festival

. Amplía a nova>>

20/10/2006
A Conselleira de Cultura intensificará as relacións co audiovisual arxentino na súa viaxe ao país americano

A Conselleira de Cultura, Ángela Bugallo, aproveitará a súa primeira viaxe ao país arxentino para intensificar as relacións co ámbito audiovisual iniciados na emigración. Isto implica traer a Galicia filmes que están depositados en cinematecas e fondos galegos como froito do cinema de correspondencia que se deu entre a comunidade galega da diáspora e o noso país. Esta iniciativa complementa a relación xa existente co país arxentino grazas a “Raíces”, o fondo de coprodución do audiovisual que manteñen o Consorcio Audiovisual e o Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais de Arxentina (INCAA). Ademais, a viaxe inclúe a busca de “Mariñeiros”, o documental elaborado por José Suárez en 1939 que nunca chegou a verse en Galicia.

Máis información no web da Consellaría de Cultura e sobre o Fondo Raíces na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

20/10/2006
Cultura inicia a busca para atopar “Mariñeiros” a obra mestra de José Suárez que non se estreou en Galicia

A Conselleira de Cultura, Ángela Bugallo, visitará por primeira vez Arxentina e Uruguay. Faino desde o domingo ata o martes nunha apretada axenda na que asinará numerosos convenios con diferentes entidades como o Padroado da Cultura Galega de Montevideo ou o Centro Galego de Bos Aires. A viaxe ten tamén un interese especial para o ámbito audiovisual porque tentará incrementar as relacións do sector e iniciará a busca de “Mariñeiros”, o documental elaborado por José Suárez en 1939 que nunca chegou a verse en Galicia.

Máis información no web da Consellaría de Cultura

. Amplía a nova>>

19/10/2006
A Coruña acolle a preestrea en directo de "De Profundis", o filme de animación de Miguelanxo Prado

Unha das producións máis agardadas do cinema galego xa é unha realidade. "De Profundis", o filme de animación realizado por Miguelanxo Prado coa música de Nani García tivo onte a súa preestrea no Pazo da Ópera da Coruña coa actuación en directo da Orquestra Sinfónica de Galicia. Esta mesma noite haberá un segundo pase da produción, tamén con música directa e no mesmo lugar.

Máis información en La Voz de Galicia; a ficha do filme en AVG

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org