Novas | 3321 a 3330 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

24/05/2007
A proxección da longametraxe “Abrígate” abre o festival de cine Cans

Limusinas en Cannes e chimpíns en Cans, dous medios de locomoción ben distintos para acudir a un festival de cine. Malia a distancia entre ambos proxectos, ambos eventos estrearán simultaneamente o filme de animación “Berros no corredor”. Mentres o da localidade francesa comezou hai unha semana, o de Cans (Porriño), meca do agroglamour, arrinca hoxe. Faino coa proxección da película de Ramón Costafreda “Abrígate” e entre as novidades desta edición destaca un concurso de videoclips.

Máis información no web do festival e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

23/05/2007
Secuencia Cero abre o período de recepción de traballos audiovisuais

O certame “Secuencia Cero” acaba de abrir o seu prazo para envío de curtametraxes, documentais e videocreacións. Ata o 1 de setembro poderá enviarse o material para o evento que terá lugar do 18 ao 20 de outubro no Verbum. Os premios deste certame, ao igual que en edicións anteriores, non teñen unha contía en metálico, senón que serán obras de arte.

Máis información no web do certame

. Amplía a nova>>

22/05/2007
O taller de guións do Clúster selecciona doce guionistas para desenvolver os seus proxectos

Guións de Ficción, Filmanova, Continental e Zenit son algúns dos doce proxectos seleccionados para o "Laboratorio de Análise de Guión (Guionlab)" promovido polo Clúster e a Axencia Audiovisual Galega. Un obradoiro que pretende estudar e mellorar os proxectos seleccionados. As clases sucederanse en dúas etapas: unha que vai o 30 de maio ao 1 de xuño e outra entre o 26 e o 28 de setembro en Santiago.

Máis información no web do Clúster . Amplía a nova>>

21/05/2007
O Festival de Cine de Ourense abre o prazo de recepción de traballos para a sección competitiva

Xa hai datas para a duodécima edición do Festival de Cine de Ourense. O evento terá lugar do 17 ao 24 de novembro e o cartel desta ocasión está feito por Gemma Pérez Feijóo, deseñadora viguesa que gañou o certame convocado polo consorcio do festival. O certame repartirá un total de 44.500 euros en premios, a mesma cantidade que nas dúas últimas edicións. Ademais, o prazo para a presentación de traballos á sección competitiva (longametraxe, curtametraxe e documentais) remata o 15 de xullo.

Máis información no web do festival e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

21/05/2007
Unha reflexión sarcástica sobre a arte moderna gaña o concurso de guións de Curtocircuíto

“Historia da arte” é o título do guión co que Javier Batanero (Madrid, 1960) acaba de gañar a cuarta edición do concurso de guións de Curtocircuíto. A súa proposta pretende achegarse á utilidade e á esencia da arte moderna que vive de costas á realidade. O guión de Batanero foi escollido entre os 118 textos que foron presentados ao concurso. O galardón consiste na produción da curtametraxe que se estreará no na gala de entrega de premios que terá lugar o 20 de outubro.

Máis información no web do Curtocircuíto . Amplía a nova>>

16/05/2007
Caixanova presenta CXN TV, unha canle de televisión interactiva

CXN TV é a nova cadea de televisión que poderemos ver nos próximos meses. Pero non é unha televisión ao uso, senón un proxecto interactivo que se poderá ver nas oficinas de Caixanova, en internet e a través de R nos vindeiros meses. A entidade financeira, e alma máter do proxecto, será a encargada de achegar o capital, mentres que a sociedade Filmanova (da que participa Caixanova) e Zozo encargaranse dos contactos e do desenvolvemento do software.. Amplía a nova>>

16/05/2007
O audiovisual galego presenta en Cannes dúas películas de animación

Hoxe comeza en Cannes o festival de cine coa proxección do último filme de Wong Kar Wai. A cita francesa desenvolve de xeito paralelo un dos mercados máis destacados de mundo (“Marché du film”) que conta este ano coa presenza da produtora coruñesa Dygra. Esta factoría ofrecerá un adianto do seu último filme en tecnoloxía 3D “O espírito do bosque”. Canda ela, neste mercado tamén se presentará a produción de animación "Berros no corredor", da galega Perro Verde Films e a canaria Producciones Bajo la Lluvia. Unha produción que se estreará de xeito simultáneo o vindeiro 25 de maio nos festivais de Cannes e de Cans.

Consulta a información no web do mercado de Cannes e sobre Dygra en AVG e sobre a estrea de “Berros no corredor” na nosa nova

. Amplía a nova>>

15/05/2007
Ángel de la Cruz retomará o proxecto “Os mortos van ás présas” a finais de setembro

A entrada de Televisión Española (TVE) no financiamento do proxecto “Os mortos van ás présas” permitirá continuar coa produción. Será en setembro cando o equipo retome a rodaxe que fora paralizada por Dygra en outubro de 2006, por erros de cálculo orzamentarios. Ángel de la Cruz, director e guionista farase cargo desta longametraxe cuxa promoción e distribución correrá a cargo de Buena Vista Internacional.

Máis información na súa ficha e sobre a paralización da rodaxe nos nosos arquivos

. Amplía a nova>>

15/05/2007
A Consellaría de Cultura destina preto de catro millóns de euros na súa convocatoria de axudas á produción audiovisual

Longametraxes cinematográficas, películas para televisión, longametraxes documentais, documentais de creación, documentais de difusión cultural, capítulos piloto de series de animación e longametraxes en soporte dixital son os proxectos que subvencionará a Consellaría de Cultura. Para este fin, Cultura destinará 3.900.000 euros que corresponden as anualidades de 2007, 2008 e 2009. As solicitudes poderanse presentar no prazo dun mes a contar desde o día 14 (DOG número 92) deste mes de maio.

Consulta a información no DOG

. Amplía a nova>>

14/05/2007
Vigo pecha o seu primeiro festival de curtametraxes con gran éxito de público

Naceu co obxectivo de dar impulso aos novos e ser escaparate do cine de autor independente non profesional, e o número de participantes superou as expectativas dos organizadores, a asociación de novos cineastas (Axoci). De feito, esta fin de semana coñecéronse os primeiros premiados. Marcos Valín, Daniel Moreno e Alexandro Rey foron os galardoados nas diferentes categorías: animación, temática xeral e temática social, dotados con 2.000 euros cada un.

Máis información sobre o certame no web de Axoci

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org