Novas | 31 a 40 de 4282

<< Anterior Siguiente >>

03/10/2025
Unha mostra didáctica repasa a produción de videoxogos en galego

Dar conta dos videoxogos que están dispoñibles na nosa lingua, tanto por se teren elaborado no noso país como por contar con traducións. Esta é a proposta de O videoxogo en galego, exposición que abría as súas portas este 1 de outubro no IES Politécnico de Vigo e que percorrerá diferentes centros de ensino secundario da provincia de Pontevedra.. Amplía a nova>>

01/10/2025
'Decorado' de Alberto Vázquez obtén unha Mención do xurado en Austin

'Decorado', a nova película do premiado ilustrador e realizador Alberto Vázquez ven de obter un importante recoñecemento na súa estrea mundial no Fantastic Fest de Austin (Texas, EE.UU.). Dentro da Sección Oficial do certame internacional o xurado decidiu outorgar unha Mención Especial á longametraxe de animación. Este filme, baseado na curtametraxe homónima de 2016 de Vázquez, combina animación para adultos, comedia negra e drama fantástico. Tras o seu paso por Austin agora prepárase para novas citas en festivais europeos, incluíndo Fantastic Strasbourg e o Festival de Sitges 2025, no que terá lugar a estrea española. A chegada a salas comerciais está prevista para o 24 de outubro.. Amplía a nova>>

30/09/2025
'US-HER' gaña o premio a mellor curtametraxe galega no Galician Freaky Festival

A película 'US-HER' de David Salgado Marcote (A Coruña, 1979) ven de gañar o Premio do público á mellor curtametraxe galega no Galician Freaky Film Festival de Vigo. Esta adaptación libre do conto de Edgar Allan Poe, 'A caída da Casa Usher' é a quinta curtametraxe de David Salgado, baixo o seu propio selo creado en 2012, Dama Negra Films. O festival vigués de cine de terror, ciencia ficción e fantasía pechou a súa novena edición proclamando o seu palmarés de premiados con alcance internacional. O Gran premio desta edición vai para a curta polaca de animación 'Martyr's Guidebook' de Maks Rzontkowski. . Amplía a nova>>

29/09/2025
A Semana de Cine de Lugo entregou o seus galardóns

Este sábado 27 de setembro fechaba as súas portas, coa concesión de galardóns, a 47 Semana de Cine de Lugo. No palmarés destaca como Premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial a española Las chicas de la estación, de Julieta Tobío. As votacións seleccionaron tamén París 70 como mellor curtametraxes e O interrogatorio como mellor curta galega.. Amplía a nova>>

29/09/2025
Morre o investigador e documentalista Carlos Fernández Santander

Con oitenta anos de idade falecía onte na Coruña o historiador, xornalista, realizador e mariño Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944 -2025). Fai menos dun ano que recollía na súa cidade o Premio Sellier de Cine "pola súa contribución invalorable ao cine documental en Galicia, con máis de medio ceno de títulos (avalados por premios) e a súa dedicación á preservación da nosa historia, coa intención de que o seu legado cinematográfico sexa coñecido tan ben como o literario, de forma que continúe inspirando a futuras xeracións de cineastas e historiadores". . Amplía a nova>>

25/09/2025
Todo listo para o 30 Ourense Film Festival

A 30ª edición do OUFF • Ourense Film Festival xa está a punto de comezar e tras meses de anuncios a organización xa ven de presentar o programa completo co que comezará este venres, 26 de setembro. Dous filmes de cineastas vinculados co festival e que poderán verse por primeira vez en Galicia serán os que inaugurarán e clausurarán esta edición. 'Playa de lobos', comedia escrita e dirixida por Javier Veiga, inaugurará o certame o día 26, mentres que 'La deuda', o último traballo de Daniel Guzmán, o clausurará o día 5 de outubro. Guzmán recibirá, ademais, a Calpurnia de Honra do festival durante a gala de clausura. O OUFF • Ourense Film Festival está coorganizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Luarada. Entre as moitas novidades para esta edición, destacan a residencia audiovisual para creadores mozos Faíscas, a composición dun tema musical propio a cargo de Jose Manuel Cancela, novas seccións como Xeración OUFF, Agarimo, Colleita e Made in OU, ou o redeseño da Calpurnia polo escultor Manuel Buciños.Como sempre a programación co0mplétase con outras actividades literarias, artísticas e musicais.. Amplía a nova>>

23/09/2025
Lugo será a sede dos XXIV Premios Mestre Mateo

O novo Auditorio Fuxan os Ventos, de Lugo, acollerá a gala da XXIV edición dos Premios Mestre Mateo o vindeiro 21 de marzo de 2026.Así o anunciou hoxe a Academia Galega do Audiovisual nunha rolda de prensa celebrada nese mesmo espazo e, na que participaron , ademais de membros da academia, Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo; Iria Castro, deputada provincial de Cultura; Rubén Arroxo, tenente alcalde do Concello de Lugo; e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Esta celebración supón un fito ao será primeira vez que a entrega destes galardóns da excelencia audiovisual galega se dan na provincia de Lugo, a única na que aínda non tivera lugar ningunha gala nestes vintetres anos de edicións. A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, cualificou o anuncio de "día histórico para Lugo". e quixo lembrar que Lugo, "a pesar de ser periferia da periferia", é lugar de orixe de moitas figuras do audiovisual coma os irmáns Coira, Melania Cruz, Margarita Ledo ou de Carmen Méndez.. Amplía a nova>>

19/09/2025
Fernanda del Nido recibirá o IV Premio de Honra Dolores Ben

A produtora executiva Fernanda del Nido foi recoñecida este 19 de setembro co IV Premio de Honra Dolores Ben que outorga anualmente a AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes). O galardón, que leva o nome da que fora presidenta da entidade, recoñece "as persoas e institucións que encarnan os valores de loita e defensa do ben común que ela mesma representaba". . Amplía a nova>>

18/09/2025
O Galician Freaky Film inaugura mañá a súa novena edición

O certame internacional de cine freak e fantástico de Vigo celebra a súa novena edición do 19 ao 27 de setembro nos Cines Tamberlick da Praza Elíptica, cunha programación que vai máis alá das proxeccións habituais. A proposta da sección oficial chega con cifras de récord: 74 curtametraxes procedentes de 34 países. Máis de 14 horas de cine freak que converterán Vigo na capital internacional do cinema fantástico e de terror. Este ano, o festival consolida a súa vontade de expandir fronteiras e tecer alianzas con outros festivais de xénero, tanto do panorama nacional como internacional. Nesta liña o Galician Freaky Film Festival contará con tres actividades especiais: o II Encontro Irmandades do Norte, con mesa redonda e sesión de curtas de festivais galegos, vascos, navarros e cataláns; unha selección de curtametraxes do ToHorror Fantastic Film Fest de Turín; e, dentro da sección Pequefreak, a chegada do Lobo Mau de MotelX desde Lisboa, cun programa de animación infantil titulado Sustos Curtos. . Amplía a nova>>

18/09/2025
Youtubeiras+ ábrese a contidos en todas as redes sociais

A organización do certame Youtubeiras+ daba a coñecer este 17 de setembro as novidades da súa IX edición. A principal mudanza na convocatoria é que poderán participar contidos publicados en calquera rede social, cando ata o momento estaba restrinxido unicamente a Youtube e TikTok. A dotación mantense en 7.500 euros que se repartirán entre as sete categorías de Canle, Creación de Contidos, Revelación, Calidade Lingüística, Rede, Premio do Público e, como novidade nesta xeira, Podcast.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org