
Co lema Alborotando o algoritmo, o concurso premiará con 1.000 euros cada unha das categorÃas agás as de Canle e Creación de Contidos, dotadas con 1.250 euros. Nuria EspasandÃn e Sergio Casal, da canle ToxÃo, e mais Laura Veiga, de Pingando serán responsables de impartir os obradoiros de formación que acompañan esta xeira do certame.
Os servizos de normalización lingüÃstica dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo e mais os das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña organizan esta iniciativa, que ten aberto prazo de inscrición ata o vindeiro 16 de novembro.
Mónica Valencia, técnica de normalización lingüÃstica do Concello de Ourense; Jon Amil, médico e presidente da Associaçom Galega da LÃngua (AGAL); Carlos Pereiro, xornalista e comunicador de videoxogos; MarÃa Rúa, creadora de contidos e gañadora do Premio á Creación de Contidos de 2024, e UxÃo Broullón, ilustrador e deseñador gráfico comporán o xurado desta edición.