Novas | 2791 a 2800 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

18/02/2009
Convocadas as axudas a desenvolvemento e mais de produción de curtametraxes e videoclips

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de facer público, a través do DOG de hoxe, unha nova convocatoria de axudas para o sector audiovisual. A primeira delas é de desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega, para o que destina 500.000 euros en dúas anualidades. Canda a esta, sae a convocatoria para a realización de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega (en soporte cinematográfico, de animación e curtas innovadoras ou experimentais) e videoclips. En ambos casos, puntúa o grado de execución e cumprimento de axudas concedidas pola Consellaría de Cultura en anos anteriores. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar a partir de mañá.. Amplía a nova>>

17/02/2009
AGADIC convoca as súas axudas para realización de longametraxes e de escrita de guión

O Diario Oficial (DOG) publica hoxe dúas convocatorias relacionadas co audiovisual. Dunha banda as que teñen que ver para a producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega (con importe de 4.800.000 euros repartidos en catro anualidades). Da outra, as destinadas a creadores individuais para a escrita de guións e a realización de curtametraxes ou longametraxes dixitais (por un total de 500.000 euros). Ambas as dúas convocatorias réxense por criterios culturais: de promoción e difusión da lingua, historia e a cultura de Galicia. O prazo de presentación das axudas é dun mes a contar a partir de mañá. . Amplía a nova>>

17/02/2009
Unha xornada informa das axudas públicas para innovación audiovisual

Os responsables dos programas de axudas á I+D+i das administracións Autonómica e Central estiveron onte en Santiago informando da totalidade da convocatoria de axudas de base tecnolóxica e innovadora para este ano 2009. O encontro, organizado por I+dea, a Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, resumiu as principais convocatorias. A Xunta desenvolve, no marco do Plan INCITE dúas liñas segundo sexa pequenas o grandes empresas (“Peme I+D” e “I+D Suma”); o Ministerio de Industria conta co Plan AVANZA que ten liñas de actuación destinadas a fomentar iniciativas innovadoras en contidos dixitais; por último, o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía mantén de xeito permanente (sen convocatorias puntuais) a liña NEOTEC para empresas novas de base tecnolóxica.. Amplía a nova>>

17/02/2009
Eleccións e cultura

Nesta última lexislatura o goberno destinou máis de cinco millóns de euros anuais no sector audiovisual. Fíxoo con dúas liñas políticas diferentes protagonizadas polos dous socios de goberno. Anunciouse a reforma da Lei da CRTVG que non se chegou a materializar e o sector reuniuse co presidente para que mediara na bicefalia que na súa opinión, os prexudicaba. Agora, en plena campaña electoral repasamos as propostas en materia audiovisual dos tres partidos con representación parlamentaria. É a primeira das reportaxes previstas dun especial no que revisaremos as propostas do ámbito cultural.. Amplía a nova>>

16/02/2009
Sanxenxo organiza o seu primeiro festival de cine centrado na ollada feminina

Por en valor as producións audiovisuais feitas por mulleres ou que acheguen unha ollada feminina. Este é o obxectivo que persegue o I festival da Madama, un encontro que se celebra en Sanxenxo do 19 ao 21 de febreiro. Repartirá 2.500 euros en premios (mellor curta, mellor curta de animación, mellor curta rodada en Sanxenxo) ademais de nomear Madama de honra a Susana Maceira pola súa traxectoria. O encontro terá lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán con entrada libre e de balde.. Amplía a nova>>

16/02/2009
Un proxecto recolle en vídeo o legado de persoeiros da nosa cultura

Francisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo ou o finado Xan Bouzada, son algunhas das personalidades que conforman os contidos “Rexistro de nós”. É o proxecto do grupo de traballo do Fondo de Arte e Cultura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. “Naceu en 2004 coa vontade de recoller o legado de persoas relevantes da cultura galega pero que non deixaron constancia por escrito do seu pensamento” explica no web do Diario da Universidade de Vigo, Almudena Fernández, unha das profesoras implicadas neste proxecto. Agora, parte da iniciativa pódese ver en Galiciaxa.tv, a fiestra dixital creada pola Consellaría de Innovación para difundir as iniciativas desenvolvidas ao abeiro do Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI). Amplía a nova>>

13/02/2009
Unha xornada informativa achega a Santiago as axudas do programa MEDIA

A Comisión Europea mantén, a través da Dirección Xeral de Sociedade da Información que dirixe Vivianne Redding, liñas de axuda ao sector audiovisual. Trátase de diferentes modalidades que se complementarán no futuro co programa Media Mundus 2011-2013. Cómo presentar a documentación, a resolución de casos prácticos e a explicación das liñas de futuro do programa son os obxectivos desta xornada que contará coa presenza de Jesús Hernández, director de Media Desk España, Carlo D’Ursi, director de Potenza Producciones S.L, e Manuel González, asesor en materia audiovisual da Consellaría de Cultura e Deporte. . Amplía a nova>>

11/02/2009
A IV edición de Curtas na rede elimina as temáticas para dar máis liberdade aos creadores

Tí curtas na rede. Con este título a Secretaría Xeral de Comunicación e o Consello da Xuventude deron a coñecer a cuarta edición do concurso Curtas na rede. Un certame que aposta pola rede como forma de achegar a linguaxe audiovisual a xente que non traballa profesionalmente neste sector. Entre as novidades, creáse unha nova categoría de premios (a de montaxe) e elimínanse as temáticas. Os traballos, que deberán ser elaborados neste 2009 e durar menos de 5 minutos, poden presentarse ata o 29 de outubro.. Amplía a nova>>

11/02/2009
Cultura inicia a segunda parte da campaña para recuperar filmacións de particulares

Memoria do século XX. Este é o nome do proxecto co que a Consellaría de Cultura quere que os particulares busquen nas súas casas aquelas gravacións feitas en pequenos formatos (súper 8 e 16 mm). Un material que fai parte do patrimonio audiovisual galego e que corre o risco de desaparecer. Cultura, a través da Axencia Audiovisual Galega, saca a segunda parte desta iniciativa que agora se centra nas filmacións das décadas dos sesenta e setenta. Cultura encárgase da restauración e a catalogación dos documentos que devolverá aos seus propietarios tanto en formato orixinal coma dixitalizados. Algunhas desas gravacións poderanse ver no portal Flocos.tv.. Amplía a nova>>

11/02/2009
Política lingüística crea un certame audiovisual para escolares

Promover a lingua e a creación audiovisual. Estes son os obxectivos que persegue o I Certame de Cinema OUFF Escola que hoxe deu a coñecer a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O concurso conta con dúas categorías (infantil e primaria dunha banda e secundaria e non universitarios da outra)e os gañadores recibirán premios de 600, 400 e 300 euros (que son para os centros). Ademais, créase a categoría de mellor guión que recibirá o premio Blanco Amor dotado con 3000 euros. Os gañadores proxectaranse na XIV edición do Festival de Cine de Ourense, que colabora na iniciativa.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org