07/09/2009
Gordos e Cela 211 centran a presenza galega en Venecia
O Lido acolle estes días a 66 Mostra Internacional de Arte Cinematográfica de Venecia. Nesta edición, e no marco da sección
Xornadas dos autores-Días venecianos, haberá dúas coproducións galegas. A primeira delas é
Cela 211, un filme carcereiro protagonizado por Luís Tosar e producido por Vaca Films. A película, que recibiu unha forte edición trala súa proxección, contou co apoio do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que acudiu á presentación. O segundo título galego é
Gordos, do director Daniel Sánchez Arévalo. O filme producido por Filmanova conta a historia dun grupo de persoas con problemas de obesidade que acoden a un terapeuta especializado. .
Amplía a nova>>
04/09/2009
AGADIC resolve as axudas de audiovisual para curtametraxes, multimedia e desenvolvemento
Un total de 14 curtametraxes e videoclips, 22 proxectos audiovisuais en desenvolvemento 19 propostas para contidos interactivos benefícianse das axudas ao sector audiovisual que acaba de resolver a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). As propostas seleccionadas contarán con cadansúa partida de 200.000(curtas e clips), 500.000 (desenvolvemento) e 350.000 (contidos interactivos). Con esta resolución, AGADIC asegura ter completada a distribución do orzamento destinado a subvención neste 2009. .
Amplía a nova>>
31/08/2009
Curtocircuíto proxectará 129 obras de seis países
A semana oficial do festival Curtocircuíto proxectará 129 curtametraxes de seis países diferentes entre o 10 e o 17 de outubro. A organización do evento fixo a selección entre as preto de 2.600 obras que se presentaron ao certame. En total serán 15 pezas de animación, 10 documentais e 25 de ficción no apartado internacional. Tamén se poderván ver 14 producións galegas, 25 españolas e 40 curtas de carácter experimental. Achegámosche a lista das producións galegas seleccionadas..
Amplía a nova>>
31/08/2009
Falece José Luís Cabo
O antigo director do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), José Luís Cabo, faleceu o pasado venres logo dunha longa enfermidade aos 52 anos de idade. Cabo fora tamén responsable da fonoteca de Galicia e desenvolvera un intenso labor de divulgación no campo do cinema e da fotografía no noso país, con obras coma
Historia da fotografía en Galicia ou o
Dicionario do Cine en Galicia. 1896-2008..
Amplía a nova>>
26/08/2009
O documental Que culpa ten o tomate presentarase no MoMA
Que culpa ten o tomate é un documental que percorre sete mercados populares de Galicia e de Latinoamérica da man doutros tantos directores. No proxecto participa o galego Jorge Coira, que amosou a praza de Abastos de Compostela, e mais a produtora Tic Tac. O vindeiro mes de novembro, o proxecto presentarase publicamente nada menos que no Museum of Modern Art (MoMA) de Nova York. Polo momento no está fechada a data nin o formato do acto..
Amplía a nova>>
25/08/2009
Os festivais de cinema ven perigar as axudas da Xunta
As convocatoria de axudas que a Xunta de Galicia publicou en xullo de 2008 para apoiar a realización de festivais en Galicia non tivo, polo momento, continuidade este ano. Segundo publica
Xornal de Galicia boa parte dos organizadores destes eventos non contan xa con que se poida optar a apoios autonómicos este ano. Cultura non se pronunciou polo momento sobre a posible convocatoria destas axudas para 2010. O grado no que os diferentes eventos se poden afectados por esta situación varía desde o Amal, que asegura ter programada a súa vindeira edición sen novidades, ata o Play-Doc, que baralla ter que recortar o orzamento para 2010 xa que o 40% dos seus fondos viñan do apoio autonómico..
Amplía a nova>>
21/08/2009
Comezan as Xornadas de Cine e Video de Galicia
Trinta proxeccións, que se desenvolverán entre o 22 e o 28 de agosto compoñen o groso as Xornadas de Cine e Video de Galicia (Xociviga) que comezan no Carballiño. Ademais dos filmes, os que se acheguen á vila poderán ver a exposición
O cartelismo das actividades cinematográficas en Galicia (1973-1989). Tamén se lle renderá unha homenaxe a Xosé Olveira
Pico polo seu traballo no desenvolvemento do audiovisual galego..
Amplía a nova>>
17/08/2009
Sistemas de película
Os profesionais do sector audiovisual (técnicos e actores principalmente) crearon unha plataforma en xuño para denunciar a situación de paro e negro futuro no que estaban. Algúns produtores, de xeito illado e a título persoal, fixeron declaracións sobre a mala situación do sector audiovisual que se agravará pola política seguida na concesión das axudas deste ano, concentrada en poucos proxectos. Pero ¿cal é a situación? ¿é a crise global ou son problemas anteriores? Damos as claves para entender a situación do sector audiovisual galego..
Amplía a nova>>
14/08/2009
O Goberno aproba TDT de pagamento por Real Decreto Lei
“Razóns técnicas e económicas” son as que citou a vicepresidenta primeira do goberno, Maria Teresa Fernández de la Vega, para dar luz verde á televisión dixital terrestre de pagamento. Fíxoo por Real Decreto Lei, un recurso lexislativo que se aplica en casos de extraordinaria e urxente necesidade. Unha hora despois de coñecerse a súa aprobación por parte do Consello de Ministros, algúns grupos empresariais como Mediapro anunciaron que comezarán a emitir no novo sistema a partir do vindeiro 31. Ademais, a medida que entrará en funcionamento a partir da publicación no BOE, implica que os actuais sintonizadores de TDT non servirán para a nova modalidade e haberá que mercar outro que permita ler as tarxetas de pago coas que se comercializarán os contidos. Un feito que as diferentes organizacións de consumidores (CECU, Ceaccu e OCU) xa denunciaron pola súa falta de información..
Amplía a nova>>
11/08/2009
A G2 e a TVG concentran no verán a súa oferta televisiva para os pequenos
Os veráns escríbense en galego e baixo a marca da Televisión de Galicia. O ente público, a través das dúas canles (TVG e G2) emite máis de oito horas diarias de contidos infantís en galego. De luns a sábado entre as nove e as dez e media da mañá o Xabarín ofrece debuxos animados en series como
A Máscara,
A Lexión de Superheroes,
Codigo Lyoko,
Minuscule, e os sábados,
Doraemon,
Sarxento Keroro e
A Vida Moderna de Rocko. A programación da G2 empeza máis tarde, ás 13:45 horas, cos Teletubbies aos que lle siguen series como
Doraemon, ou
Detective Conan. As tardes (a partir das 19:40) son da Xeración Xabarín, bloque no que se emiten clips do Xabarín, parte do arquivo e vídeos musicais e reportaxes xuvenís. .
Amplía a nova>>