22/09/2009
Vigo tómalle o pulso ao audiovisual cun festival de curtametraxes
“Había demanda por parte da xuventude de facilitarlles a entrada no mundo audiovisual” explicaba Iolanda Veloso, concelleira de Xuventude de Vigo. Unha cidade que non goza de grandes citas co audiovisual. Para atallalo, acaba de pórse en marcha
Vigounhaedez un encontro que ofrece curtametraxes á unha e dez da noite. Proxeccións, obradoiros e encontros fan parte do programa que organiza o concello e a asociación cultural Abertal. A cita co audiovisual terá lugar ata o sábado, día no que se entregan os premios e haberá un concerto a cargo de Panta Rei e os Vacalouras..
Amplía a nova>>
22/09/2009
Dúas producións galegas compiten na sección oficial de Animadrid
É o festival de animación do Estado por excelencia, que pretende demostrar que este xénero non é só para os pequenos. Animadrid, o festival de Pozuelo de Alarcón, comeza en dous días (do 24 de setembro ao 2 de outubro) e onte deu a coñecer o programa oficial. Na sección internacional competitiva destacan dúas producións galegas
O soldadiño de chumbo e
A nena que tiña unha soa orella. Pero non son as únicas, xa que
Pérez, o rato dos teus soños,
O lince perdido e
O espírito do bosque fan parte do Ciclo de Cine Familiar. Nesta edición, Arxentina é o país convidado e, ademais das proxeccións chegadas desde alí, haberá unha homenaxe a Walter Tournier e un repaso da animación do continente hispanoamericano (na sección
Unha fiestra aberta: América do Sur)..
Amplía a nova>>
18/09/2009
A película galega Estigmas participará na sección oficial da Seminci
Aínda non se publicou o programa completo da 54 Semana Internacional de Cine de Valladolid pero xa se deron a coñecer os títulos das cinco longametraxes españolas que participan na sección oficial. Entre elas destacas
Estigmas, a adaptación cinematográfica da banda deseñada de Lorenzo Matoti, que conta o drama de Bruno, un rapaz ao que lle saen uns estigmas nas mans. Un filme diferente que pretende recuperar a estética da novela gráfica, rodando en branco e negro que sae da factoría de IB Cinema. .
Amplía a nova>>
15/09/2009
A produción galega Gordos preseleccionada para os Óscar
A segunda película de Daniel Sánchez Arévalo,
Gordos é un dos tres títulos para preseleccionados pola Academia Española de Cine para representar a España nos Óscar. O filme contou coa participación de Filmanova Invest, que achegou o 40% do orzamento total da produción, que ascende a tres millóns e medio de euros. A película, que conta a historia dun grupo de persoas con problemas de obesidade que acoden a un terapeuta especializado, chegou as carteleiras esta fin de semana e en dous días conseguiu facerse co cuarto posto do Box Office (398.000 euros e 61.000 espectadores).
Mapa dos sons de Tokio de Isabel Coixet, o
O baile da victoria de Fernando Trueba son os outros dous títulos que pasaron a primeira peneira. A definitiva, a que escolla a película que represente a España nos Óscars, saberase o vindeiro 29 de setembro..
Amplía a nova>>
14/09/2009
A TVG aposta pola produción propia e mantén case todos os espazos culturais
A entrevista a Emilio Pérez Touriño, ex-presidente da Xunta de Galicia, abriu esta mañá a nova etapa da programación da Televisión de Galicia. Foi no marco do macroespazo
Bos días, que gaña protagonismo e avanza un dos piares desta nova grella: a información. Nesta liña haberá gañan peso os informativos e haberá espazo para o debate (
Foro aberto substitúe a
Hai debate e non ofrecerá as desputas parlamentarias). O outros dos piares é a ficción, na que repiten títulos como
Libro de familia,
Padre Casares xunto con series novas como
O Nordés ou
Made in Galicia. En canto á oferta cultural, a TVG mantén todos os programas (
Libro Aberto,
Planeta Cine,
Onda curta,
Miraxes,
Sempre clásica e
Alalá) agás
Banda curta, o espazo dedicado á música pop..
Amplía a nova>>
11/09/2009
Os últimos proxectos do audiovisual galego están presentes en varios festivais
O sector audiovisual está estes días a presentar os seus últimos proxectos. A cinta protagonizada por Luis Tosar e coproducida por Vaca Films
Celda 211, esatrá presente no Festival Internacional de Cine de Toronto. Canda esta, a coprodución
Auga fría de mar participará no Festival de Cine de San Sebastián, no marco da sección Cine en Construción. No apartado
Made in Spain deste festival, tamén se proxectará outro título galego,
Relatos de Mario Iglesias. Pola súa banda, Dygra tamén acode estes días ao Festival de Cine Infantil de Frankfurt presentando a súa terceira longametraxe,
O espírito do bosque. Ademais, unha delegación de dez empresas do Clúster do Audiovisual Galego viaxa a Amsterdam para contactar cos principais proveedores de equipamento audiovisual no International Broadcasting Convention que terá lugar do 10 ao 15 de setembro..
Amplía a nova>>
10/09/2009
Tres proxectos de Miguelanxo Prado están pendentes da súa adaptación audiovisual
Os directores cataláns David e Álex Pastor están a traballar nunha película de imaxe real para a gran pantalla a partir do cómic
Trazo de Xiz de Miguelanxo Prado. Pero non é o único traballo de Prado que está pendente da súa adaptación ao medio audiovisual. Voz Audiovisual recibirá 30.000 euros da a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para o desenvolvemento do proxecto de
A mansión dos Pampín, mentres que Continental Televisión recibirá 20.000 euros para a adaptación para teléfonos móbiles da serie
Quotidianías, que Prado fixo para
El jueves..
Amplía a nova>>
10/09/2009
A Semana de Cine de Autor de Lugo recupera a figura de Eduardo Fajardo
O actor Eduardo Fajardo viviu encasillado como o vilán español por protagonizar ese papel nunha parte importante de todos os
spaghetti western que se rodaron en Almería nos anos setenta. E este “malo de película” naceu en Galicia, concretamente en Mosteiro (Pontevedra) por iso, a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo centraráse na súa figura con proxeccións, unha exposición e unha publicación. Ademais, este ano o encontro pretende homenaxear ás tres víctimas do accidente de tráfico que sufriu o clube deportivo Emevé. O festival, organizado polo grupo fotográfico Fonmiñá, terá un orzamento de 115.000 euros e desenvolveráse do 20 ao 26 de setembro..
Amplía a nova>>
10/09/2009
A TVG reforza a programación de ficción cunha serie sobre xornalistas
As peripecias e conflictos na redación dun xornal (
O nordés) en crise mantido por unha empresa familiar galega farán centrarán as noites da Televisión de Galicia. Malia que a cadea pública dará a coñecer mañá a nova programación, xa presentou
O nordés, a que será unha das series estrelas, que se emitirán todos os xoves. Mabel Rivera, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Monti Castiñeiras, Xulio Abonjo e Olalla Salgado son algúns dos actores desta serie producida por CTV. A vindeira semana tamén comezará unha nova temporada de
Libro de familia, que estes días está de actualizade porque están en marcha as negociacións para a emisión desta serie na cadea americana V-me. .
Amplía a nova>>
09/09/2009
Bueu acolle estes días a segunda edición do festival de curtametraxes
Non estableceron ningún outro criterio que non fose o de producións que nun superasen os trinta minutos. Non é de estrañar que os organizadores do Fic Bueu, o festival internacional de curtametraxes, recibiran ata 450 traballos. Deles, só 25 pasaron a facer parte da programación oficial dun encontro que se desenvolve o sábado nesta localidade pontevedresa. O público votará as proxeccións diarias e o gañador recibirá un dos catro premios remurados (mellor curta, premio especial do xurado e mellor curta galega). En total entregaranse quince galardós deste certame que ten só dous anos e que pretende servir de foro de difusión deste xénero..
Amplía a nova>>