Novas | 2701 a 2710 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

05/06/2009
TVG adía a decisión de emitir o documental sobre as vacas tolas

Foron as “razóns de responsabilidade social” as que obrigaron á nova dirección de Televisión de Galicia a adiar a emisión do capítulo da serie A Caixa Negra que lembraba o mal das vacas tolas. Así o afirmaron nun ambiguo comunicado no que aseguraron que a serie recuperará o seu horario normal de emisión o vindeiro martes. O que non aclaran desde o gabinete de prensa da TVG é se se emitirá o documental censurado ou se continuará coas outras entregas desta serie composta por 13 capítulos. Pero o vídeo xa está ao dispor dos usuarios desde onte en Youtube. Filmanova, a produtora da serie, asegura non ter nada que ver coa aparición dese video no coñecido portal.. Amplía a nova>>

05/06/2009
A Xunta non exporá o fondo Cortázar no 25 cabodano do seu pasamento

Neste 2009 cúmprense vinte e cinco anos do pasamento de Julio Cortázar (1914-1984). Unha cita que non ten previsto celebración especial no noso país, e iso que o fondo fotográfico e fílmico do escritor se depositan (en custodia, que non en doazón) no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) desde o ano 2005. Así o revela hoxe Xornal que asegura que a Xunta non ten previsto realizar ningunha actividade conmemorativa que permita achegarse a ese leigado. O que si se pode facer é o paseo virtual por ese material, dispoñible no web do CGAI. . Amplía a nova>>

05/06/2009
O Festival de Cine de Ourense homenaxeará a Eloi Lozano

Foi un gran impulsor do audiovisual no noso país e un dos promotores do Festival de Cine de Ourense. Por iso, esta edición do festival (do 10 ao 17 de outubro) recuperará a figura de Eloi Lozano. O director-xerente do encontro, Enrique Nicanor, avanza que será a proxección dun dos seus filmes e, “na medida do posible, procuraremos que haxa un coloquio sobre a súa figura porque en Ourense deixou moitos amigos”. Esta homenaxe únese á doutro orensán, Eduardo Blanco Amor, cando se cumpre o cincuenta aniversario da publicación de A esmorga. Para iso, está previsto que se proxecte a versión cinematográfica da novela ao tempo que se busca material documental e se xestiona a presenza na cidade dos protagonistas e os actores da película. . Amplía a nova>>

04/06/2009
Parada e fonda

É un dos combates máis antigos da humanidade, dunha banda o poderío físico dos cabalos e da outra, a racionalizacion humana. A rapa das bestas é un espectáculo pero tamén unha tradición ancestral que se celebra no noso país. O fotógrafo Ramón Vaamonde percorreu a temporada de curros do 2008 coa súa cámara da que saíu o proxecto fotográfico A parada das bestas, que se exhibe na sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña. Unha iniciativa que nace dunha bolsa de primeira obra que concede esta entidade financeira.. Amplía a nova>>

03/06/2009
Chega ás tendas Doraemon: Odisea no espazo

Do mesmo xeito que en anteriores entregas, o último DVD da popular serie de animación Doraemon sae ao mercado con versión na nosa lingua. Luk Internacional confirma que xa está á venda Doraemon: Odisea no espazo con opcións nas tres linguas cooficiais do Estado. Desta volta, o filme que leva os protagonistas ao interior dun xogo de ordenador.. Amplía a nova>>

03/06/2009
Pontevedra acolle un ciclo que analiza a evolución do documental

Foi un dos xéneros en auxe nos últimos e tempos e, lonxe de estancarse continúa a evolucionar. E eses cambios son os que pretende tratar o ciclo Do documento ao cine documental que organiza a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Un curso que analiza conceptos como imaxe, fronteira ou contaminación da man de profesores de diferentes universidades españolas. Ademais, entre os obxectivos do curso que se desenvolve do 22 ao 30 de xuño, figura o de crear un glosario terminolóxico básico sobre o eido documental.. Amplía a nova>>

02/06/2009
Un curso analizará a relación do sector audiovisual con outras industrias culturais

A prensa, a banda deseñada, a música ou a literatura son, alén de industrias culturais, fonte de inspiración para moitas producións audiovisuais. E sobre esa relación falarán máis de trinta expertos no marco do curso O audiovisual e as industrias culturais que desenvolven en Celanova (8-10 de xullo) a Fundación Casares, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Universidade de Vigo. O programa contempla desde mesas redondas e conferencias maxistrais, xunto con proxeccións do audiovisual máis recente. . Amplía a nova>>

01/06/2009
Rosa Vilas e Rosa Martínez serán as directoras da TVG e da Radio Galega

Comparten nome, unha ampla tarxectoria vencelladas aos informativos da corporación pública e, a partir de hoxe, a dirección dos medios públicos. Rosa Vilas e Rosa Martínez son as novas directoras da Televisión de Galicia e a Radio Galega, respectivamente. Canda estes nomeamentos, está o de Miguel Barrio como director económico da corporación. Deste xeito complétase o equipo co que Alfonso Sánchez Izquierdo dirixirá a CRTVG.. Amplía a nova>>

29/05/2009
Xosé Manuel Olveira, “Pico” será o novo presidente da Academia Galega do Audiovisual

O actor Xosé Manuel Olveira, Pico, encabeza a única candidatura que se presenta para presidir a Academia Galega do Audiovisual. A entidade celebrará esta tarde (20:00 horas) unha asemblea na que os socios elixirán a nova xunta directiva. Pico é un dos actores máis veteráns do país e ten participado en máis de trinta obras de numerosas compañías, así como en abondosas series e producións audiovisuais. O seu último galardón foi este mesmo ano, cando recibiu o premio Mestre Mateo polo seu papel en Os mortos van ás présas.. Amplía a nova>>

28/05/2009
Sánchez Izquierdo é o novo director xeral da CRTVG

Tal e como era previsible, o Consello da Xunta acaba de aprobar o decreto polo que se nomea a Alfonso Sánchez Izquierdo como director xeral da CRTVG. O Executivo leva a cabo ese nomeamento sen o prometido consenso parlamentario. Na comisión de control da CRTVG desenvolvida onte, no marco dos pasos establecidos pola Lei da Transparencia, amosouse unha nova desavinza entre os diferentes partidos políticos, que acusan aos populares tomar a decisión de xeito unilateral. Por outra banda, no Consello de hoxe tampouco se nomeou á persoa responsable da dirección xeral de Promoción do Sector Audiovisual e contidos Dixitais.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org