14/09/2009
A TVG aposta pola produción propia e mantén case todos os espazos culturais
A entrevista a Emilio Pérez Touriño, ex-presidente da Xunta de Galicia, abriu esta mañá a nova etapa da programación da Televisión de Galicia. Foi no marco do macroespazo
Bos días, que gaña protagonismo e avanza un dos piares desta nova grella: a información. Nesta liña haberá gañan peso os informativos e haberá espazo para o debate (
Foro aberto substitúe a
Hai debate e non ofrecerá as desputas parlamentarias). O outros dos piares é a ficción, na que repiten títulos como
Libro de familia,
Padre Casares xunto con series novas como
O Nordés ou
Made in Galicia. En canto á oferta cultural, a TVG mantén todos os programas (
Libro Aberto,
Planeta Cine,
Onda curta,
Miraxes,
Sempre clásica e
Alalá) agás
Banda curta, o espazo dedicado á música pop..
Amplía a nova>>
11/09/2009
Os últimos proxectos do audiovisual galego están presentes en varios festivais
O sector audiovisual está estes días a presentar os seus últimos proxectos. A cinta protagonizada por Luis Tosar e coproducida por Vaca Films
Celda 211, esatrá presente no Festival Internacional de Cine de Toronto. Canda esta, a coprodución
Auga fría de mar participará no Festival de Cine de San Sebastián, no marco da sección Cine en Construción. No apartado
Made in Spain deste festival, tamén se proxectará outro título galego,
Relatos de Mario Iglesias. Pola súa banda, Dygra tamén acode estes días ao Festival de Cine Infantil de Frankfurt presentando a súa terceira longametraxe,
O espírito do bosque. Ademais, unha delegación de dez empresas do Clúster do Audiovisual Galego viaxa a Amsterdam para contactar cos principais proveedores de equipamento audiovisual no International Broadcasting Convention que terá lugar do 10 ao 15 de setembro..
Amplía a nova>>
10/09/2009
Tres proxectos de Miguelanxo Prado están pendentes da súa adaptación audiovisual
Os directores cataláns David e Álex Pastor están a traballar nunha película de imaxe real para a gran pantalla a partir do cómic
Trazo de Xiz de Miguelanxo Prado. Pero non é o único traballo de Prado que está pendente da súa adaptación ao medio audiovisual. Voz Audiovisual recibirá 30.000 euros da a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para o desenvolvemento do proxecto de
A mansión dos Pampín, mentres que Continental Televisión recibirá 20.000 euros para a adaptación para teléfonos móbiles da serie
Quotidianías, que Prado fixo para
El jueves..
Amplía a nova>>
10/09/2009
A Semana de Cine de Autor de Lugo recupera a figura de Eduardo Fajardo
O actor Eduardo Fajardo viviu encasillado como o vilán español por protagonizar ese papel nunha parte importante de todos os
spaghetti western que se rodaron en Almería nos anos setenta. E este “malo de película” naceu en Galicia, concretamente en Mosteiro (Pontevedra) por iso, a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo centraráse na súa figura con proxeccións, unha exposición e unha publicación. Ademais, este ano o encontro pretende homenaxear ás tres víctimas do accidente de tráfico que sufriu o clube deportivo Emevé. O festival, organizado polo grupo fotográfico Fonmiñá, terá un orzamento de 115.000 euros e desenvolveráse do 20 ao 26 de setembro..
Amplía a nova>>
10/09/2009
A TVG reforza a programación de ficción cunha serie sobre xornalistas
As peripecias e conflictos na redación dun xornal (
O nordés) en crise mantido por unha empresa familiar galega farán centrarán as noites da Televisión de Galicia. Malia que a cadea pública dará a coñecer mañá a nova programación, xa presentou
O nordés, a que será unha das series estrelas, que se emitirán todos os xoves. Mabel Rivera, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Monti Castiñeiras, Xulio Abonjo e Olalla Salgado son algúns dos actores desta serie producida por CTV. A vindeira semana tamén comezará unha nova temporada de
Libro de familia, que estes días está de actualizade porque están en marcha as negociacións para a emisión desta serie na cadea americana V-me. .
Amplía a nova>>
09/09/2009
Bueu acolle estes días a segunda edición do festival de curtametraxes
Non estableceron ningún outro criterio que non fose o de producións que nun superasen os trinta minutos. Non é de estrañar que os organizadores do Fic Bueu, o festival internacional de curtametraxes, recibiran ata 450 traballos. Deles, só 25 pasaron a facer parte da programación oficial dun encontro que se desenvolve o sábado nesta localidade pontevedresa. O público votará as proxeccións diarias e o gañador recibirá un dos catro premios remurados (mellor curta, premio especial do xurado e mellor curta galega). En total entregaranse quince galardós deste certame que ten só dous anos e que pretende servir de foro de difusión deste xénero..
Amplía a nova>>
07/09/2009
Gordos e Cela 211 centran a presenza galega en Venecia
O Lido acolle estes días a 66 Mostra Internacional de Arte Cinematográfica de Venecia. Nesta edición, e no marco da sección
Xornadas dos autores-Días venecianos, haberá dúas coproducións galegas. A primeira delas é
Cela 211, un filme carcereiro protagonizado por Luís Tosar e producido por Vaca Films. A película, que recibiu unha forte edición trala súa proxección, contou co apoio do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que acudiu á presentación. O segundo título galego é
Gordos, do director Daniel Sánchez Arévalo. O filme producido por Filmanova conta a historia dun grupo de persoas con problemas de obesidade que acoden a un terapeuta especializado. .
Amplía a nova>>
04/09/2009
AGADIC resolve as axudas de audiovisual para curtametraxes, multimedia e desenvolvemento
Un total de 14 curtametraxes e videoclips, 22 proxectos audiovisuais en desenvolvemento 19 propostas para contidos interactivos benefícianse das axudas ao sector audiovisual que acaba de resolver a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). As propostas seleccionadas contarán con cadansúa partida de 200.000(curtas e clips), 500.000 (desenvolvemento) e 350.000 (contidos interactivos). Con esta resolución, AGADIC asegura ter completada a distribución do orzamento destinado a subvención neste 2009. .
Amplía a nova>>
31/08/2009
Curtocircuíto proxectará 129 obras de seis países
A semana oficial do festival Curtocircuíto proxectará 129 curtametraxes de seis países diferentes entre o 10 e o 17 de outubro. A organización do evento fixo a selección entre as preto de 2.600 obras que se presentaron ao certame. En total serán 15 pezas de animación, 10 documentais e 25 de ficción no apartado internacional. Tamén se poderván ver 14 producións galegas, 25 españolas e 40 curtas de carácter experimental. Achegámosche a lista das producións galegas seleccionadas..
Amplía a nova>>
31/08/2009
Falece José Luís Cabo
O antigo director do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), José Luís Cabo, faleceu o pasado venres logo dunha longa enfermidade aos 52 anos de idade. Cabo fora tamén responsable da fonoteca de Galicia e desenvolvera un intenso labor de divulgación no campo do cinema e da fotografía no noso país, con obras coma
Historia da fotografía en Galicia ou o
Dicionario do Cine en Galicia. 1896-2008..
Amplía a nova>>