Novas | 2621 a 2630 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

13/10/2009
O Festival de Cine de Ourense lembra a Eloy Lozano

Foi o primeiro director do Festival de Cine de Ourense, pero tamén o seu impulsor e un dos realizadores máis comprometidos que ten o audiovisual galego. O traballo de Eloy Lozano (Ourense, 1953- Santiago, 2009) volve ao festival ourensá no marco da homenaxe que os organizadores quixeron renderlle. Hoxe proxectaranse dous dos seus documentais (Negra sombra e Quen son) e os seus amigos subirán ao escenario para lembrar o seu legado e a súa figura.. Amplía a nova>>

12/10/2009
Un festivo de cine (breve)

As curtas máis longas abren a terceira xornada do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago. Detrás delas, tres novos bloques de proxeccións nos que poderás ver o mellor das curtametraxes feitas en España e no estranxeiro. Canda elas, Explora na que se escollen os mellores traballos experimentais e de innovación, sen ter en conta a súa nacionalidade. Adiántate en Culturagalega.org!. Amplía a nova>>

11/10/2009
Domingo curto

Cunha ecolma dos videoclips galegos que pasaron polo Festival de Cans (CGA, 18:00 horas) comeza o segundo día de Curtocircuito. Un domingo para ver traballos chegados desde outros países (hai dous bloques da sección internacional) e desde o resto do Estado. Consulta aquí un avance dos traballos que se exhiben e programa a túa axenda. . Amplía a nova>>

10/10/2009
Arrinca Curtocircuito 09

Comeza a VI edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago, ou o que é o mesmo, Curtocircuito 09!. O encontro comeza o sábado ás 20:30 horas no Teatro Principal coa primeira escolma de curtametraxes galegas e internacionais. Culturagalega.org peneirou na rede para buscar trailers, teasers, making of das curtas seleccionadas para que vaias abrindo boca. . Amplía a nova>>

09/10/2009
Curtocircuito contará cun mercado para promover as curtametraxes

Non só proxección de curtas, senón tamén un lugar de encontro ao que os produtores e realizadores poidan dalas a coñecer e vender. Este é o mercado de Curtocircuíto, unha das actividades paralelas do festival e que se desenvolve do 13 ao 17 de outubro. Nel poderanse ver un catálogo de 2.552 traballos procedentes de 94 paises que estará a disposición de prensa e profesionais que se acheguen polo CGAC, onde se sitúa a sede do mercado. Nesta ocasión, Culturagalega.org ofrecerache diariamente un avance dun dos festivais de curtametraxes máis importantes de Galicia. . Amplía a nova>>

08/10/2009
Os profesionais do sector audiovisual inician unha campaña contra o anteproxecto da Lei Xeral de Comunicación

Por ir contra da lexislación europea e, ao mesmo tempo, por supor un agravio para as pequenas produtoras que ofrecen puntos de vista singulares e fóra dos grandes grupos empresariais. A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, presidida por Vicente Montoto, acaba de iniciar unha campaña para pedirlle ao Executivo que modifique o seu anteproxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual para que os operadores de televisión estean obrigados a destinar o 5% dos seus ingresos á financiación de longametraxes, películas para televisión e documentais en calquera lingua oficial do Estado. Para iso, habilitaron un sitio web no que todo o mundo poida adscribirse. . Amplía a nova>>

08/10/2009
Ouff, no límite

Paixóns e conflitos humáns. Sexo explícito e violencia cruenta narrada desde o extremo. A última edición do Festival de Cine de Ourense é a máis arriscadas de todas cantas levas ata o momento. No marco da “Sección nos límites” achegaranse filmes de temáticas e narrativas que están no límite moralmente permitido. Pero non é a única fronteira neste festival que cumpre 14 edicións e comeza o sábado.. Amplía a nova>>

06/10/2009
Curtocircuíto desafía á crise e incrementa a contía dos seus premios

Con só seis edicións, Curtocuíto ten cifras de gran festival. Este ano recibiu 2.522 curtametraxes de 93 países diferentes, das que 223 pasaron a conformar a programación da “semana grande”, que terá lugar do 10 ao 17 de outubro en diferentes escenarios de Santiago. A sección oficial competitiva incrementa este ano a contía dos seus premios e repartirá 19.600 euros entre todas as categorías. Ademais, o festival contará cunha nova edición do mercado de curtas, a exposición Cinema In Out, un obradoiro documental, masterclasses e o programa especial do país invitado, Irlanda. Entre as novidades deste ano, destacaba que haberá que pagar entrada (2 euros, con prezo reducido para menores de vintecinco anos e xubilados).. Amplía a nova>>

06/10/2009
Unha delegación acode a MIPCOM de Cannes para darlle visibilidade ao audiovisual galego

Estes días celébrase en Cannes o MIPCOM, o mercado da televisión máis importante do ámbito europeo. Alí está presente unha delegación de empresas galegas (Abano Producións, Continental, R, Adivina Producciones, Isabella Audiovisual, Interacción, Setemedia, Milou Films, Filmanova, Filmax, Enxebre Entertainment, Perro Verde Films, Voz Audiovisual, Xamalú Filmes, Ficción Producciones e Dygra Films) con medio centenar de entrevistas concertadas co obxectivo de facer negocios. É a terceira vez que acode no marco do traballo do Clúster Audiovisual Galego e baixo a marca Galicia Audiovisual. . Amplía a nova>>

06/10/2009
Comeza unha nova edición de Cinecidade, que este ano se centra nas mulleres

A vida nalgunhas cidades non é igual para homes que para mulleres. Amosar como é esa vida urbana baixo a influencia de diferentes réximes políticos e culturais é o obxectivo dun novo Cinecidade, o ciclo de cine organizado pola delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia. O ciclo arranca hoxe coa proxección de Persépolis (Aula de Cultura de Caixa Galicia, 20:00 horas), a adaptación cinematográfica da banda deseñada homónima. Por diante quedan tres días nos que se proxectarán en versión orixinal subtitulada títulos como Na cidade de Silvia, Lost in traslation ou A cidade está tranquila.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org