Novas | 2381 a 2390 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

08/09/2010
A película de Martin Sheen sobre o Camiño estrearase en Toronto

Mañá arrinca en Toronto unha nova edición do seu festival internacional de cine (Toronto International Film Festival). Un encontro no que se poderá ver, dentro das presentacións especiais, The way, o filme sobre o Camiño de Santiago (producido por Fílmax, Sempre Cinema e pola TVG) rodado en Galicia. O filme chegará as carteleiras españolas o vindeiro 19 de novembro. En todo caso, na presentación da fin da rodaxe en Santiago realizada no 2009, o produtor lucense Julio Fernández anunciou a súa intención de facer unha estrea popular no Obradoiro para o mes de agosto do 2010. Canda esta produción, na sección oficial a competición destaca o filme do ourensá Rodrigo Cortés, Buried.. Amplía a nova>>

07/09/2010
Curtocircuíto alonga a súa programación ata final de ano

Máis curtocircuíto. Baixo esta etiqueta, o concello de Santiago quere estender a programación do festival de curtametraxes ao resto do ano. En total, de hoxe a final de ano proxectaranse 52 traballos chegados de 21 países diferentes agrupadas en oito blques temáticos (cinema fantástico internacional, cinema fantástico español, cinema europeo, premios Goya 2010, cine da lusofonía e ceine para público novo). Todas as curtas proxectaranse no Auditorio e despois repetiranse de xeito rotatorio en cada centro sociocultural diferente.. Amplía a nova>>

03/09/2010
A terceira edición do Festival de Curtametraxes de Bueu bate marcas de participación

O luns arranca a terceira edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Recibiron preto de 500 traballos, pero só 25 participarán na sección oficial que este ano duplica a contía dos seus premios (2.000 euros para o mellor traballo, 1.000 para o segudno premio e 500 para a mellor curta galega e outros tantos para o premio do público). Alén dos trofeos, repartiranse tamén diplomas entre as categorías técnicas. O festival contará con 5 proxeccións diarias que concluirán o día 11 coa entrega de premios e visionado das curtas gañadoras. . Amplía a nova>>

01/09/2010
Unha de romanos, e outras historias

A semana pasada a Agadic (e non o Consorcio Audiovisual tal e como se anunciara desde a Secretaría Xeral de Medios) facía pública a relación de beneficiarios das subvencións das producións ou coproducións audiovisuais deste 2010. Aproveitamos para revisar entre todos os proxectos que recibirán cartos públicos para ver as historias que preparan as produtoras galegas.. Amplía a nova>>

31/08/2010
Tres producións galegas estarán presentes en San Sebastián

É o festival español de cine máis importante do Estado e este ano contará nas diferentes seccións do seu progarma con tres títulos relacionados con Galicia. O director ourensá Rodrigo Cortés presentará alí Buried(Soterrado), o filme premiado en Sundance que está a levantar grande expectación. Canda este titulo, Dygra presentará alí a súa primeira produción en 3D, Noite de paz? que ten previsto estrear para este nadal nas carteleiras. Completa a participación galega, Canto pesa oseu edificio Señor Foster?, un documental codirixido polo ourensá Norberto López. Canda estas novidades, Vaca Films presenta a súa próxima película (e ópera prima de Luis Avilés), Retornos, no marco do Festival de Cine de Montreal. O filme chegará as carteleiras en outubro distirbuído por Vértice Cine.. Amplía a nova>>

26/08/2010
Agadic reparte entre 43 proxectos audiovisuais preto de cinco millóns de euros

Documentais sobre Xelmírez, Os Tamara, María Soliña ou Javier Ozores; películas para teleivisión sobre Concepción Arenal e longametraxes cinematográficas que contan desde a historia dunba banda de bonecos de trapo (A tropa de Trapo na salva do arco da vella recibe a achega máis alta con 370.301,81 euros) ata un relato de Félix Rodríguez de la Fuente (Ángel de la Cruz dirixirá este proxecto con Perro Verde Films como produtora). Estas son as historias nas que traballan as produtoras galegas e que hoxe recibiron unha achega para a súa produción ou coprodución por parte de Agadic. Son preto de cinco millons de euros que financian (repartidos en catro anualidades) 13 longametraxes, 23 documentais e 7 películas para teleivisión. . Amplía a nova>>

25/08/2010
Antón Reixa pide para o audiovisual as mesmas axudas que para o automóbil

No marco dun curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Antón Reixa pediá que o gobero estatal protexa a produción audiovisual “como se protexe aos concesionarios de coches”. Facéndose valer dos indicadores e cifras que apuntan á cultura como unha fonte importante do PIB, por diante doutros sectores produtivos, Reixa pedíu maiores “esforzos públicos”. O presidente de Filmanova e do Clúster do Audiovisual Galego lembrou os recortes nas axudas ás producións audivisuais e nos orzamentos das televisións públicas, que incidirán na produción e no emprego.. Amplía a nova>>

24/08/2010
Ángel de la Cruz rodará unha película baseada nun relato de Rodríguez de la Fuente

Inmerso na produción de Traíñas, que se rodará parcialmente na Ribeira Sacra, Ángel de la Cruz xa ten en marcha o seu próximo proxecto. Trátase dunha película de ficción (título inicial Conto de lobos) inspirada nun relato radiofónico de Félix Rodríguez de la Fuente. Estará producida por Perro Verde Films, será en 3D esteroscópico e terá un orzamento superior aos cinco millóns de euros. Entre as súas previsións, como explica hoxe en El Progreso, está rodara na entre a primavera de 2011 e de 2012.. Amplía a nova>>

13/08/2010
O filme O apóstolo participará no American Film Market

O American Film Market, un encontro que reúne 8.000 profesionais da industria cinematográfica estadounidense en Santa Mónica contará este ano con presenza galega. O filme de animación O apóstolo participará no evento da man da distribuidora Shoreline Entertainment. Ademais, a película proxectarase na sección oficial do Festival de Cine de Sitges o vindeiro mes de outubro e mais na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, segundo adiante hoxe El Progreso.. Amplía a nova>>

12/08/2010
AGADIC falla as axudas para desenvolvemento de proxectos e de contidos interactivos

Un total de 31 produtoras galegas vanse beneficiar dos 800.000 euros en axudas que publicou onte a Axencia Galega das Industrias Culturais. Do total, 450.000 euros apoiarán o desenvolvemento de 20 proxectos audiovisuais en lingua galega, mentres outros 350.000 están destinados a 16 proxectos de contidos dixitais e interactivos para Internet, videoxogos e outros dispositivos. No campo dos audiovisuais, as longametraxes de ficción concentraron 187.000 euros de axudas para sete proxectos, outros 184.000 apoiarán 6 documentais e 109.000 servirán para facer filmes para televisións. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org