26/10/2011
Sinbad chega o venres a 6 salas de cinema
Rodouse entre Ribeira, Santiago, Ames e conta a historia dun home, Sinbad, que conta, entre a imaxinación e a lembranza, as experiencias das súas viaxes pasadas. Protagonizada por Xosé Olveira “Pico”, no papel de Sinbad, conta con outros actores como Sara Casasnovas, Luís Zahera, César Cambeiro, Antonio Durán “Morris” ou Camila Bossa, dirixidos por Antón Dobao. O filme inclúese dentro das actividades previstas para celebrar o centenario do nacemento de Cunqueiro e o cincuenta aniversario da publicación que inspira o filme,
Se o vello Sinbad volvese ás illas..
Amplía a nova>>
25/10/2011
A relación entre Valle-Inclán e o cinema abre o congreso sobre a súa figura
O catedrático da USC e membro da Real Academia Española , Darío Villanueva, será o encargado de abrir hoxe o congreso “Valle-Inclán e as artes”. Unha cita organizada pola Universidade de Santiago co apoio doutras entidades para afondar na relación que o creador pontevedrés tivo en todas as disciplinas creativas. Durante tres días afondarase na súa relación coa música (Carlos Villanueva e Dru Dougherty), coa pintura simbolista (Carmen López Fernández) ou os seus leigados manuscritos (MargaritaSantos Zas, Javier Serrano y Amparo de Juan), así como a análise dalgunha das súas obras. Como acto de colofón a este congreso, que se desenvolve ata o venres en Santiago, o Museo de Pontevedra acollerá a inauguración da exposición
Retratos de Valle-Inclán..
Amplía a nova>>
24/10/2011
A utopía posible
“Estou pensando en poñer á venda as oficinas de Continental Produccions” aseguraba Pancho Casal a Culturagalega.org hai uns días. Non é que a empresa peche, senón todo o contrario, xa que a produtora está nun bo momento (no Festival de Cine de Ourense presentaron Barreiros, unha película para televisión e esta fin de semana estrearon en TVG) o motivo é moito máis simple. Pancho está convencido que o modelo de negocio para as produtoras como a súa (independentes, non asociadas a ningún grupo de comunicación) teñen que ver Internet como aliado e han de facelo xa. As respostas a todas as preguntas están en Wecoop..
Amplía a nova>>
24/10/2011
O mundo árabe é protagonista en Santiago da man do Festival Amal
Os irmáns Joubran abriron onte coa súa música (son coñecidos baixo o nome Le Trio Joubran) unha nova edición do Festival de Cine Euroárabe. Un encontro que pretende achegar a realidade árabe ao público e que co actual contexto político e social está máis en boga que nunca. Malia que as actividades paralelas do certame comezaron a fin de semana (cursos de gastronomía, baile e caligrafía árabe, entre outros) hoxe arrinca sección competitiva. Faino coas curtametraxes pensadas para público infantil en sección de mañá, e con filmes que recollen as revoltas exipcias de xaneiro (
Erhal. Diario de la Plaza Tahrir), a historia dos músicos na república do Yemen (
Yemen) ou o obradoiro que Óliver Laxe rodou en Tánxer con menores dun centro de acollida (
Todos vós sodes capitáns).O certame, que se desenvolve ata o domingo, conta cun apoio de 16.878,70 euros grazas a un acordo que os organizadores subscribiron coa Consellaría de Cultura..
Amplía a nova>>
24/10/2011
Siberia Monamour, unha historia sobre a supervivencia, gaña o Festival de Cine de Ourense
Iván e o seu neto Leshia viven nunha aldea abandonada á que o tío Yuri lles leva comida. Un día, os cans salvaxes da zona matan o tío e, con el, o suministro dos únicos habitantes que se enfrontan á súa situación de xeito diferente. Esta é a historia que conta
Siberia Monamour, o filme premiado nesta edición do Festival de Cine de Ourense. Ademais do premio grande do certame, a Calpurnia, recibiu tamén o premio do público a mellor longametraxe, o premio a mellor actor (para Nikolai Kozak) e o premio do xurado universitario. No palmarés desta edición de 2011 destacan tres referencias galegas: Marcos Nine foi recoñecido como o mellor director de documentais por
Radiografía dun autor de tebeos; Félix Fernández recibiu o premio ao mellor filme na categoría de Novos Media por
Ich Allein Auf Fremde Wegen e o público premio a busca das raíces brasileiras de Carlos Núñez no documental
Brasil somos nós..
Amplía a nova>>
21/10/2011
Quiosco: Papeis da Academia
O último número de
Papeis da Academia, a publicación da Academia Galega do Audiovisual, é o primeiro que presenta Antonio Mourelos como presidente. Alén de contar con formato dixital que incrementa os contidos, a publicación dá conta das actvidades da Academia o Foro e os Premios Mestre Mateo) alén de lembrar neste número unha celebración ben simbólica: o vinte aniversario do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Ademais, diferentes profesionais do sector audiovisual ofrecen a súa opinión sobre o contexto do sector e un amplo obituario lembra os compañeiros finados entre xuño e 2010 e xullo de 2011, datas que abrangue este número..
Amplía a nova>>
20/10/2011
Comezan os ciclos paralelos que estenden as Xociviga fóra do seu calendario habitual
Despois dun período de incertidume pola continuidade do encontro, as Xornadas de Cine e Vídeo máis antigas de Galicia, as Xociviga, celebráronse no Carballiño. A semana grande tivo lugar no mes de setembro en Carballiño cunha estrutura ben diferente á súa programación habitual. Dentro das novidades desta edición figuraba estender o encontro máis alá dun mes a través de ciclos paralelos. O primeiro deles, que agrupa producións de animació, comeza este venres no Carballiño. Por diante queda un Ciclo de Cine Galego de Estrea a desenvolver en setembro; un de Curtametraxes entre febrero e marzo; un de Cine e Música en abril e, para rematar, outro de Cine na Ría en agosto. .
Amplía a nova>>
20/10/2011
O festival de cine Filminho analizará a crise social actual nesta edición
“O Nosso Tempo: Manual de Instruções” este ó título dunha das seccións da cuarta edición de Filminho, o festival de cinema galego e portugués. Baixo este epígrafe exhibiranse unha escolma de filmes que analizarán a inestabilidade social e a crise económica baseándose no caso de Grecia. Proxeccións de documentais e actividades musicais fan parte da programación dun festival que homenaxea a figura de Eliseo Alonso e se desenvolverá entre o 22 e o 30 de outubro..
Amplía a nova>>
18/10/2011
O Festival de Cine Iberoamericano de Huelva premia a Julio Fernández
O produtor Julio Fernández (Lugo, 1947) suma un novo premio no seu haber. O último é foi o que lle concedeu o Festival de Cine Iberoamericano de Huelva que lle outorgará o seu máximo galardón. Chámase Cidade de Huelva e recoñece a súa traxectoria profesional no sector audivoisual. A entrega terá lugar no transcurso da 37 edición do certame, que terá lugar entre os días 19 e 26 de novembro..
Amplía a nova>>
18/10/2011
O Festival de Ourense premia o audiovisual escolar
Apostar polos escolares foi un sinal de identidade nas últimas edición do Festival de Cine de Ourense. E este ano o certame mantivo esa liña. Once concedeu os premios para os escolares repartidos en dúas categorías: infantil-primaria dunha banda, e secundaria da outra. Os gañadores da primeira son “Ser máis libres” que fixo o CEIP O Foxo de Rubín da Estrada, e “Informativos Telecarballedo” segundo premio. Doutra banda, na categoría de Secundaria os gañadores foron “Love Sons” do colexio María Assumpta de Noite. E o segundo para “O xefe Seatle” do IES Illa de Arousa..
Amplía a nova>>