Novas | 2031 a 2040 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

02/03/2012
A Deputación de Ourense convoca dez bolsas para estadías en Angoulême

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense recolle hoxe a convocatoria do concurso público para a concesión de dez bolsas para estadías formativas en Angoulême (Francia). As axudas están destinadas a profesionais da animación e da banda deseñada que poderán visitar durante catro días esta esta localidade, onde terán encontros con directivos do Polo de Imaxe Magelis, visitas a empresas e escolas de animación, así como á Maison des Auteurs e ao Museo da Banda Deseñada. . Amplía a nova>>

28/02/2012
O Clúster audiovisual achégase ao mercado brasileiro

Desde mañá e ata o vindeiro 2 de marzo, as empresas galegas Continental Producciones, Ficción Producciones, Moonbite Games&Animation e Zoa Media participan no Rio Content Market. A iniciativa fai parte do programa de internacionalización do Clúster Audiovisual en colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica. No evento, as empresas galegas explorarán as posibilidades de se introducir no mercado de Sudamérica e mais as tendencias no mesmo. Canda a isto, Mar Varela, xerente do Clúster, reunirase coa directora de Brazilian TV Producers, para explorar vías de colaboración entre ambas entidades e abrir canles de cooperación permanentes entre produtoras dos dous países.. Amplía a nova>>

22/02/2012
A débeda da CRTVG sitúase en 3,6 millóns

Alfonso Sánchez Izquierdo, director da CRTVG asegurou esta mañá no Parlamento que a compañía reduciu a súa débeda un 88% nos últimos tres anos, pasando de 88 a 3,6 millóns de euros en 2011. Segundo el, a compañía conseguiu o equilibrio orzamentario e está entre as televisións publicas europeas que menos custan por cidadán, con 35,9 euros ao ano. Malia a estas cifras. Sánchez Izquierdo sinalou que cómpre corrixir a porcentaxe do orzamento que se dedica a gastos de persoal, o 47,9 % do total, xa que considera que supón un "peso excesivo".. Amplía a nova>>

20/02/2012
Os Bolechas estrean programa na TVG 2

Esta mesma mañá de luns de Entroido, os Bolechas, coñecidos personaxes infantís creados por Pepe Carreiro, dan o salto á televisión. A TVG emite, na súa segunda canle e no marco do Xabarín Club o primeiro programa protagonizado por esta familia, na que os irmáns collen forma mediante monicreques. Unha historia sobre o Entroido, karaoke, un espazo de aprendizado e mesmo unha pequena clase de inglés compoñen este espazo de media hora, que se emitirá ata o vindeiro mércores e que inicia esta nova etapa dos personaxes. canda ao programa, os Bolechas estrean web e perfil en Facebook.. Amplía a nova>>

20/02/2012
Os premios Goya recoñecen a animación galega

A Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España recoñeceu na gala que se celebrou a pasada noite con tres premios Goya dúas producións animadas realizadas no noso país e baseadas en cadansúa obra de banda deseñada. Birdboy, a curta de animación de Pedro Rivero e Alberto Vázquez a partir da BD deste autor levou o premio Goya nesta categoría. A Academia recoñeceu outra produción animada galega, Engurras, cos galardóns á mellor longametraxe de animación e mais ao mellor guión adaptado. Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Rosanna Cecchini e Paco Roca, autor valenciado da novela gráfica na que se basea o filme, recolleron este galardón.. Amplía a nova>>

17/02/2012
O Play-Doc recorre ao crowdfunding para completar o seu financiamento

O Festival de Documentais de Tui, Play-Doc, chama á colaboración económica dos seus seguidores para completar o financiamento da súa edición deste ano. Os interesados poderán facer achegas a partir de dez euros, que dan dereito a unha chapa e a descontos nas entradas a concertos. A partir dos cincuenta, un pase especial permitirá o acceso gratuíto a todas as actividades. Canda a isto, a organización adiantou hoxe que no evento proxectaranse dez filmes galegos. Vikingland, de Xurxo Chirro competirá canda a outros catro títulos na sección oficial.. Amplía a nova>>

17/02/2012
A Deputación de Ourense reclama un papel máis activo no Festival de Cine

O flamante presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entrevistábase onte coa alcaldesa de Ourense, Isabel Pérez, con vistas a negociar a participación da entidade provincial no vindeiro Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Despois do encontro, Baltar sinalou que a entidade que preside está disposta a apoiar economicamente o eventno, logo de que en decembro suspendera a súa achega de 90.000 euros ao mesmo. Baltar reclamou que a Deputación non quere "un papel de simples pagadores, senón un protagonismo activo e participación", tanto a respecto do festival como da promoción do audiovisual en xeral. . Amplía a nova>>

14/02/2012
Falece Francisco Braña

Francisco Frank Braña, coñecido actor especializado no xénero do spaghetti western, faleceu onte aos 77 anos de idade no hospital Puerta de Hierro de Majadahonda. Braña, aínda que nado na localidade asturiana de Pola de aAllende, pasou a infancia na Fonsagrada. A súa carreira cinematográfica comezou nos anos 60, e deulle para pasar por máis de 170 filmes, moitos deles canda a coñecidas estrelas internacionais. No pasado 2007 foi homenaxeado na Semana de Cine de Autor de Lugo. Braña será enterrado hoxe no cemiterio de Collado-Villalba, onde residía.. Amplía a nova>>

10/02/2012
Política Lingüística convoca un certame de curtas escolares

Animar os escolares a empregar o galego nas novas tecnoloxías e mais na creación audiovisual é o obxectivo do programa Nós tamén creamos, que presentaba esta mañá a Secretaría Xeral de Política Lingüistica. O proxecto convoca un certame de curtametraxes de animación que se poderán ver na sección inantil do web da CRTVG. Os centros que queiran participar no programa recibirán material e formación para desenvolver as súas curtas. As tres gañadoras emitiranse na CRTVG.. Amplía a nova>>

09/02/2012
Carreiras independentes

Nos últimos anos o audiovisual galego deu á luz varias producións de baixo orzamento e apostas creativas que acadaron un grande impacto en medios especializados. Proxectos independentes, de autor e que se desenvolven en boa medida por amor ao cinema dos seus creadores. A seguir nesta liña ou achegándose a produtoras convencionais, moitos dos nomes que se insiren nesta tendencia ultiman novos proxectos.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org