Novas | 1401 a 1410 de 4159

<< Anterior Siguiente >>

02/06/2016
Ficciónate leva o novo talento audiovisual galego a Pontevedra

O Museo de Pontevedra acollerá Ficciónate, unha iniciativa para difundir novos talentos do audiovisual galego a través da exhibición de catro curtametrades de ficción producidos nos últimos dous anos. Son Rancor de Miguel Morales, El Comediante de Óscar Cruz, Fálame do silencio de Lois Blanco e Unary de Luis Avilés. Ficciónate nace, en palabras do promotor Andrés Rozados, "da necesidade de prantexar un circuíto alternativo aos festivais e certames habituais, cunha orientación didactica, instructiva e con vocación cooperativa”. Ficciónate é unha iniciativa de Abella Creativa coa colaboración de MT Producciones, Pixel Films e Porco Bravú e o apoio da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra. . Amplía a nova>>

02/06/2016
AGADIC financia 13 proxectos de guión, curtas e longas

AGADIC resolveu as axudas ao desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, financiando 13 proxectos: cinco de guións, cinco de realización de curtametraxes e tres de realización de longametraxes. A convocatoria tivo unha partida orzamentaria de 145.000 que, como é tradicional, distribúense en dúas anualidades. . Amplía a nova>>

27/05/2016
Homenaxes en vídeo lembran a Manuel María

Pasou o Día das Letras pero continúan as lembranzas sobre Manuel María. Deste xeito, A Estrada acolle ás nove desta noite a presentación de Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María. Este audiovisual, que elaborou en 2005 Lois Diéguez reedítase en formato libro-DVD cunha nova montaxe e distribuirase co semanario Sermos Galiza. O volume, que repasa as viaxes do poeta, conta recitados na voz de Isidro Novo. Ademais, no acto de presentación tamén se proxectará o audiovisual Manuel María vai pola vila que retrata as homenaxes que se lle fixeron ao poeta este mes nas rúas das Estrada. . Amplía a nova>>

26/05/2016
Os Premios Fouciño achegan o cinema galego ao rural da Costa da Morte

Baio, na Costa da Morte, estrea mañá e pasado cita audiovisual. Os Premios Fouciño - Festival de Cinema amosarán no auditorio municipal, casas particulares, barberías ou adegas unha selección de curtametraxes, webseries e producións cinematográficas do país. O evento inclúe tamén obradoiros e encontros con creadores como Jorge Coira, Xacio Baño, Fran Estévez ou Alfonso Míguez. O auditorio municipal achegaba onte un adianto do programa coa proxección do documental Feísmos? e continúa hoxe cunha sesión de Fíos fóra. . Amplía a nova>>

23/05/2016
Ladrones de Tiempo encabeza o palmarés de Cans

O XIII Festival de Cans fechaba onte coa entrega dos seus galaróns. O xurado formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño outorgoulle a Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez o premio á mellor curtametraxe de imaxe real "por tocar unha liña moi delicada contemporaneamente e complexa: a fraccionalidade do tempo. Por ter unha formulación orixinal e ambiciosa, cunha factura técnica intachable e unha mensaxe potente". Ademais dos 2.000 euros deste premio, o filme foi recoñecido tamén co galardón ao mellor guión, escrito por Marcos Nine. . Amplía a nova>>

20/05/2016
Oliver Laxe gaña o Nespresso Grand Prize da Semana da Crítica de Cannes

Por vez primeira, un filme galego acaba de se impor como vencedor na Semana da Crítica de Cannes. O xurado deste evento, que se celebra de xeito paralelo ao festival, outorgoulle onte a Mimosas de Óliver Laxe o Nespresso Grand Prize, dotado con 15,000 euros. O filme, ambientado en Marrocos é unha coprodución coprodución da galega Zeitun Films, a marroquí La Prod e a francesa Rouge International. . Amplía a nova>>

19/05/2016
O Museo de Pontevedra presenta Telearqueoloxía

Implicar a cidadanía no coñecemento e na investigación dos depósitos arqueolóxicos da provincia mediante o audiovisual. Esta é o eixe de Telearqueoloxía, a proposta que presentaban onte a Deputación e mais o Museo de Pontevedra. A iniciativa pretende organizar grupos de traballo de entidades e particulares que recibirán formación sobre investigación arqueolóxica e video-investigación. Con posterioridade, os participantes realizarán curtametraxes sobre este patrimonio na provincia e participarán, xa no mes de decembro, nun festival audiovisual de curtametraxes de temática arqueolóxica.. Amplía a nova>>

18/05/2016
A V Primavera do Cine chega medrada a Vigo

Mañá abre o telón en Vigo a quinta edición do festival Primavera do Cine. O evento, que se prolongará ata o vindeiro 29 de maio, duplica nesta nova xeira o número de filmes que se proxectarán e mais as sedes que ocupa na Cidade Olívica. En total serán 50 curtametraxes e 20 longametraxes galegas e da lusofonía que se poderán ver no auditorio do Concello, no MARCO e mais na sede do Instituto Camões. Ademais das sesións o programa inclúe tamén coloquios, concertos, actividades escolares no marco do programa Escoita… é cine!, galas, retrospectivas e clases maxistrais como a que ofertará Mario Iglesias.. Amplía a nova>>

16/05/2016
Dani de la Torre continúa a colleita de premios co Crea

El desconocido continúa a súa colleita de premios. Logo de arrasar nos Mestre Mateo, Dani de la Torre recollía este sábado o premio Crea á mellor dirección de longametraxe polo seu traballo neste filme. Estes galardóns que convocou por vez primeira a Asociación de Directores e Realizadores Galegos nacen coa intención de recoñecer os traballos da industria audiovisual do país. No palmarés tamén suma un premio á súa lista Psiconautas, de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, que se fixo co galardón de animación. . Amplía a nova>>

12/05/2016
Lois Patiño é premiado no Festival Internacional de Cinema de San Francisco

Cunha historia ambientada no contrabando entre Galicia e Portugal, o cineasta galego Lois Patiño acaba de se facer co premio á mellor curtametraxe no Festival Internacional de Cinema de San Francisco. Noite Sem Distância, producida pola firma portuguesa Curtas Vila do Conde conta con habitantes da zona do Gerês para desenvolver un proxecto no que "a ficción, o documental e o experimental se mestura, a tentar acadar un equilibrio entre o contemplativo, o conceptual e o narrativo", segundo explica Patiño no seu web. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org