26/07/2016
As Xociviga recuperan a figura do xornalista Aurelio Pego
As históricas Xornadas de Cine e Vigo de Galicia celébranse no Carballiño entre o 25 e o 30 de xullo de 2016, destacando desta volta unha figura descoñecida do xornalismo audiovisual: Aurelio Pego, un comunicador establecido nos Estados Unidos a partir dos anos 20 do pasado século e que destacou na cobertura cinematográfica tanto no seu país de diáspora como no mundo latino. As Xociviga inclúen unha exposición e unha publicación a cargo do investigador Xosé Enrique Acuña sobre esta descoñecida figura. As Xociviga inclúen este ano a proxección de 37 filmes. .
Amplía a nova>>
22/07/2016
A Guarda recupera o legado do fotógrafo Costiña
Joaquín García,
Costiña, foi un dos fotógrafos máis lembrados da Guarda, vila na que habitou entre 1894 e 1957. Agora, a exposición
Camiños da imaxe recupera a memoria da localidade a través das súas imaxes. Para alén de fotografías, poderán verse os filmes que este creador realizou nos anos 20, recentemente recuperados do esquecemento e que se consideran os primeiros filmes rodados na vila. Despois da fin da exposición, que se pode ver na Casa dos Alonsos ata o 15 de agosto, en novembro presentarase un volume sobre este patrimonio que contará coa participación de especialistas do mundo da fotografía e do cinema como Manuel Sendón, Luis Parés ou Fernando Redondo..
Amplía a nova>>
21/07/2016
Dezaseis filmes reparten as axudas á produción da AGADIC
Seis longametraxes de ficción, dúas documentais cinematográficas e outras tres televisivas, tres curtas, unha miniserie de ficción e unha serie de animación infantil son os proxectos que contarán co apoio das axudas á produción e á coprodución audiovisual da Axencia Galega das Industrias Culturais. A AGADIC facía onte públicos os resultados desta convocatoria, que distribúen case dous millóns de euros entre 16 proxectos. Das iniciativas que conseguen fondos son as producións
Trote de Frida Films, coa que debutará Xacio Baño como director de longametraxes e
As troitas cantan ao amencer, de Alexia Muíños con Abano Producións, as que acadan máis fondos, con 258.897 euros cada unha.
Longa noite, de Eloy Enciso,
Feedback, de Pedro C. Alonso,
Arima, de Jaione Cambordaou ou
Aquilo que arde de Óliver Laxe son outras iniciativas que conseguiron apoio económico.
.
Amplía a nova>>
19/07/2016
As Xociviga premian a Mariana Carballal e a Eduardo Galán
A organización das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia, que inician o vindeiro 25 de xullo a súa nova edición no Carballiño, daba a coñecer onte os premios de honra desta xeira. O xurado destes galardóns acordou recoñecer a Mariana Carballal pola "súa longa traxectoria profesional en teatro, televisión e cine, como actriz, directora e realizadora, que enche abondo as dúas últimas décadas no mundo da creación escénica e audiovisual, tanto en Galicia como fora dela" co Premio de Honra das xornadas. Canda a ela, o crítico e historiador cinematográfico Eduardo Galán Blanco, viu recoñecido o seu compromiso histórico co desenvolvemento do audiovisual galego e as súas achegas ás propias xornadas coa concesión da Insignia de Ouro do evento..
Amplía a nova>>
04/07/2016
João Nicolau imponse na primeira edición do festival Novos Cinemas
John From, a longametraxe do director portugués João Nicolau foi declarada vencedora do Festival Novos Cinemas, que clausuraba onte, domingo 3 de xullo, a súa primeira edición en Pontevedra. O xurado internacional desta xeira formado por Ana Isabel Strindberg, Jonás Trueba e Diana Toucedo, outorgou tamén unha mención especial ao filme
Lu Bian Ye Can (Kaili Blues), de Gan Bi, "por transmitir a experiencia de construír unha forma e un relato cinematográfico poderoso dende un gran rigor formal e estético que se cuestiona e transforma ao longo da súa metraxe, creando misterio e fascinación".
. Amplía a nova>>
22/06/2016
Unha retrospectiva de Guerín marca a primeira xeira de Novos Cinemas
Nove filmes, todos eles os primeiros ou os segundos dos seus directores, competirán na primeira edición de Novos Cinemas. O festival audiovisual da Cidade do Lérez bota a andar o vindeiro 28 de xuño e desenvolverá ata o 3 de xullo unha programación na que destaca a restrospectiva que se lle dedica a José Luis Guerin. Canda aos seus traballos, poderán verse filmes de cineastas emerxentes de China, Brasil, Estados Unidos, Francia ou Portugal. Unha sección dedicada aos traballos audiovisuais de estudantes de primaria e secundaria, a homenaxe a Nicholas Ray, encontros profesionais ou proxeccións de cinema ao aire libre son algúns dos apartados cos que se estrea esta cita. .
Amplía a nova>>
22/06/2016
O filme Decorado volta de Annecy cun galardón
O Festival de Annecy, unha das máis importantes citas mundiais no campo da animación, acaba de recoñecer na súa última edición unha produción galega.
Decorado, a nova curtametraxe de Alberto Vázquez, obtiña a pasada semana o Prix Festivals Connexion–Région Auvergne-Rhône-Alpes. Canda a esta, outras dúas producións galegas estiveron presentes no certame. Trátase de
Psiconautas,os nenos esquecidos, tamén de Vázquez, e mais de
Memorias dun home en pixama..
Amplía a nova>>
08/06/2016
A Xunta convoca as axudas ao desenvolvemento de producións audiovisuais
O DOG publicou onte a convocatoria de subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega, por un orzamento total de 185.000 euros. O obxectivo específico desta liña de apoio é impulsar a "posta en marcha de novas longametraxes cinematográficas e produtos televisivos cofinanciando os traballos previos ao proceso de produción". Os proxectos poden ser longametraxes cinematográficas de ficción, animación e documentais; longametraxes e miniseries de ficción para televisión; series de animación para televisión; e pilotos de programas televisivos de formatos innovadores e alto potencial de internacionalización..
Amplía a nova>>
07/06/2016
Varias entidades do audiovisual protestan pola situación do CGAI
O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), radicado na Coruña, é a institución encargada de preservar o patrimonio audiovisual do país. Entre onte e hoxe varias asociacións profesionais vinculadas ao mundo do audiovisual enviaron un comunicado denunciando a "falta de recursos e de personal" do CGAI. Os subscritores foron a Asociación de Actrices e Actores de Galicia, a Asociación de Guionistas de Galicia, da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, o Observatorio Audiovisual de Galicia, a Academia Galega do Audiovisual sobre a situación do Centro Galego das Artes da Imaxe e a Asociación Galega de Produtores Independentes..
Amplía a nova>>
02/06/2016
Ficciónate leva o novo talento audiovisual galego a Pontevedra
O Museo de Pontevedra acollerá Ficciónate, unha iniciativa para difundir novos talentos do audiovisual galego a través da exhibición de catro curtametrades de ficción producidos nos últimos dous anos. Son
Rancor de Miguel Morales,
El Comediante de Óscar Cruz,
Fálame do silencio de Lois Blanco e
Unary de Luis Avilés. Ficciónate nace, en palabras do promotor Andrés Rozados, "da necesidade de prantexar un circuíto alternativo aos festivais e certames habituais, cunha orientación didactica, instructiva e con vocación cooperativa”. Ficciónate é unha iniciativa de Abella Creativa coa colaboración de MT Producciones, Pixel Films e Porco Bravú e o apoio da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.
.
Amplía a nova>>