04/07/2016
João Nicolau imponse na primeira edición do festival Novos Cinemas
John From, a longametraxe do director portugués João Nicolau foi declarada vencedora do Festival Novos Cinemas, que clausuraba onte, domingo 3 de xullo, a súa primeira edición en Pontevedra. O xurado internacional desta xeira formado por Ana Isabel Strindberg, Jonás Trueba e Diana Toucedo, outorgou tamén unha mención especial ao filme
Lu Bian Ye Can (Kaili Blues), de Gan Bi, "por transmitir a experiencia de construír unha forma e un relato cinematográfico poderoso dende un gran rigor formal e estético que se cuestiona e transforma ao longo da súa metraxe, creando misterio e fascinación".
. Amplía a nova>>
22/06/2016
Unha retrospectiva de Guerín marca a primeira xeira de Novos Cinemas
Nove filmes, todos eles os primeiros ou os segundos dos seus directores, competirán na primeira edición de Novos Cinemas. O festival audiovisual da Cidade do Lérez bota a andar o vindeiro 28 de xuño e desenvolverá ata o 3 de xullo unha programación na que destaca a restrospectiva que se lle dedica a José Luis Guerin. Canda aos seus traballos, poderán verse filmes de cineastas emerxentes de China, Brasil, Estados Unidos, Francia ou Portugal. Unha sección dedicada aos traballos audiovisuais de estudantes de primaria e secundaria, a homenaxe a Nicholas Ray, encontros profesionais ou proxeccións de cinema ao aire libre son algúns dos apartados cos que se estrea esta cita. .
Amplía a nova>>
22/06/2016
O filme Decorado volta de Annecy cun galardón
O Festival de Annecy, unha das máis importantes citas mundiais no campo da animación, acaba de recoñecer na súa última edición unha produción galega.
Decorado, a nova curtametraxe de Alberto Vázquez, obtiña a pasada semana o Prix Festivals Connexion–Région Auvergne-Rhône-Alpes. Canda a esta, outras dúas producións galegas estiveron presentes no certame. Trátase de
Psiconautas,os nenos esquecidos, tamén de Vázquez, e mais de
Memorias dun home en pixama..
Amplía a nova>>
08/06/2016
A Xunta convoca as axudas ao desenvolvemento de producións audiovisuais
O DOG publicou onte a convocatoria de subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega, por un orzamento total de 185.000 euros. O obxectivo específico desta liña de apoio é impulsar a "posta en marcha de novas longametraxes cinematográficas e produtos televisivos cofinanciando os traballos previos ao proceso de produción". Os proxectos poden ser longametraxes cinematográficas de ficción, animación e documentais; longametraxes e miniseries de ficción para televisión; series de animación para televisión; e pilotos de programas televisivos de formatos innovadores e alto potencial de internacionalización..
Amplía a nova>>
07/06/2016
Varias entidades do audiovisual protestan pola situación do CGAI
O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), radicado na Coruña, é a institución encargada de preservar o patrimonio audiovisual do país. Entre onte e hoxe varias asociacións profesionais vinculadas ao mundo do audiovisual enviaron un comunicado denunciando a "falta de recursos e de personal" do CGAI. Os subscritores foron a Asociación de Actrices e Actores de Galicia, a Asociación de Guionistas de Galicia, da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, o Observatorio Audiovisual de Galicia, a Academia Galega do Audiovisual sobre a situación do Centro Galego das Artes da Imaxe e a Asociación Galega de Produtores Independentes..
Amplía a nova>>
02/06/2016
Ficciónate leva o novo talento audiovisual galego a Pontevedra
O Museo de Pontevedra acollerá Ficciónate, unha iniciativa para difundir novos talentos do audiovisual galego a través da exhibición de catro curtametrades de ficción producidos nos últimos dous anos. Son
Rancor de Miguel Morales,
El Comediante de Óscar Cruz,
Fálame do silencio de Lois Blanco e
Unary de Luis Avilés. Ficciónate nace, en palabras do promotor Andrés Rozados, "da necesidade de prantexar un circuíto alternativo aos festivais e certames habituais, cunha orientación didactica, instructiva e con vocación cooperativa”. Ficciónate é unha iniciativa de Abella Creativa coa colaboración de MT Producciones, Pixel Films e Porco Bravú e o apoio da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.
.
Amplía a nova>>
02/06/2016
AGADIC financia 13 proxectos de guión, curtas e longas
AGADIC resolveu as axudas ao desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, financiando 13 proxectos: cinco de guións, cinco de realización de curtametraxes e tres de realización de longametraxes. A convocatoria tivo unha partida orzamentaria de 145.000 que, como é tradicional, distribúense en dúas anualidades. .
Amplía a nova>>
27/05/2016
Homenaxes en vídeo lembran a Manuel María
Pasou o Día das Letras pero continúan as lembranzas sobre Manuel María. Deste xeito, A Estrada acolle ás nove desta noite a presentación de
Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María. Este audiovisual, que elaborou en 2005 Lois Diéguez reedítase en formato libro-DVD cunha nova montaxe e distribuirase co semanario
Sermos Galiza. O volume, que repasa as viaxes do poeta, conta recitados na voz de Isidro Novo. Ademais, no acto de presentación tamén se proxectará o audiovisual
Manuel María vai pola vila que retrata as homenaxes que se lle fixeron ao poeta este mes nas rúas das Estrada.
.
Amplía a nova>>
26/05/2016
Os Premios Fouciño achegan o cinema galego ao rural da Costa da Morte
Baio, na Costa da Morte, estrea mañá e pasado cita audiovisual. Os Premios Fouciño - Festival de Cinema amosarán no auditorio municipal, casas particulares, barberías ou adegas unha selección de curtametraxes, webseries e producións cinematográficas do país. O evento inclúe tamén obradoiros e encontros con creadores como Jorge Coira, Xacio Baño, Fran Estévez ou Alfonso Míguez. O auditorio municipal achegaba onte un adianto do programa coa proxección do documental
Feísmos? e continúa hoxe cunha sesión de
Fíos fóra.
.
Amplía a nova>>
23/05/2016
Ladrones de Tiempo encabeza o palmarés de Cans
O XIII Festival de Cans fechaba onte coa entrega dos seus galaróns. O xurado formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño outorgoulle a
Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez o premio á mellor curtametraxe de imaxe real "por tocar unha liña moi delicada contemporaneamente e complexa: a fraccionalidade do tempo. Por ter unha formulación orixinal e ambiciosa, cunha factura técnica intachable e unha mensaxe potente". Ademais dos 2.000 euros deste premio, o filme foi recoñecido tamén co galardón ao mellor guión, escrito por Marcos Nine. .
Amplía a nova>>