Novas | 1261 a 1270 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

27/12/2017
O LAV de Vedra fecha etapa para se reinventar

Unha das citas xa fundamentais na formación audiovisual do país, o LAV de Vedra, fecha as súas portas. A organización do evento anunciaba a pasada semana a través das redes sociais que fechan unha etapa desta iniciativa coa intención de reformular o proxecto. "Cargámonos o Laboratorio Audiovisual de Vedra, polo menos tal como o coñecemos. Acabouse a fin de semana de febreiro de cursos intensivos no colexio de Vedra", explican nun comunicado en Facebook e indicar que "xa estamos traballando nun novo proxecto: despois de 10 anos nas aulas, chegou a hora do patio, a hora de que o LAV saia a airearse. Nese proceso estamos: remexendo os miolos para completar o proceso de reconversión do que sairá a nova mutación do LAV". Adiantan que non será ata despois do verán que se coñezan as novidades da iniciativa, que cumpriu neste 2017 unha década de existencia.. Amplía a nova>>

26/12/2017
Cans abre a súa convocatoria para o envío de propostas audiovisuais

O Festival de Cans abriu hoxe martes a súa convocatoria para a presentación de obras audiovisuais que queiran participar nesta edición. As pezas deben ser de produción galega e realizadas entre os anos 2017 e 2018. Haberá categorías de curtametraxes de ficción, de animación, videoclips e unha nova sección, "Furacáns", que premiará obras de non-ficción "que asuman maiores riscos narrativos", segundo a organización. En total, serán 7.900 euros en premios. O Festival celebrarase desta volta entre o 23 e o 26 de maio de 2018, por primeira vez sen coincidir co festival de Cannes (Francia). . Amplía a nova>>

22/12/2017
Ignacio Vilar comeza a preparar a súa nova longametraxe María Solinha

O director de cine Ignacio Vilar comezou a produción do seu novo proxecto cinematográfico, María Solinha. A produtora promotora, Via Láctea, asinou un convenio de colaboración co concello de Cangas. O filme non alude á muller condenada pola Inquisición a partir do século XVII, xa que o filme centrarase nunha historia contemporánea. Segundo a produtora, o filme, protagonizado pola canguesa Andrea Santos, é "unha oda ao amor e liberdade, no que se dispón unha reflexión sobre o paso da adolescencia á idade adulta". O concello de Cangas contribuirá con "capital semente", segundo comunicou a produtora, que permitirá a busca de máis socios financeiros para a película.. Amplía a nova>>

19/12/2017
Agadic convoca as subvencións para guión e produción audiovisual en galego

A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) convocou as bases para as subvencións destinadas á "escrita e produción de proxectos en versión orixinal galega, co obxectivo de impulsar a creación e contribuír ao cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización da lingua galega". Para as axudas está previsto un montante de 145.000 euros. Hai tres modalidades: escrita individual de guións en galego (5.000 euros), realización de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega cunha duración inferior a 60.000 euros (contía de 6.000 euros) e proxectos de longametraxes en versión orixinal galega con duración de 60 minutos ou superior que conten cun realizador que non dirixise ou codirixise máis de dúas longas cualificadas para a súa explotación comercial. As subvencións terán unha contía de 30.000 euros. Hai o prazo dun mes para presentar proxectos.. Amplía a nova>>

18/12/2017
AGADIC convoca as bases para subvencións a festivais audiovisuais

A Axencia Galega das Industrias Culturais publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases das súas subvencións de 2018 para festivais galegos do sector audiovisual, ás que destina un orzamento de 140.000 euros. Esta contía supón un aumento do 21,7% na súa dotación respecto a 2017, reforzando así a liña ascendente dos últimos anos nas contías reservadas para estas axudas, con incrementos do 9,5% en 2017 e do 16% en 2016. Entre os requisitos para optar ás subvencións están que estes festivais teñan lugar entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018, posúan unha duración mínima de catro xornadas con polo menos 20 proxeccións e teñan realizado tres edicións consecutivas anteriores á publicación da convocatoria. Ademais, cómpre que a programación proposta conteña un cinco por cento de títulos ou cinco sesións de filmes producidos en Galicia ou dirixidos por profesionais galegos. . Amplía a nova>>

15/12/2017
O Festival de Cinema Rural Carlos Velo reparte os seus galardóns

O Concello de Santiago acollía esta mañá o acto no que se deron a coñecer os gañadores e se entregaron os premios do IV Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia Carlos Velo. El color de la sed, curtametraxe de ficción sobre o mundo do pastoreo foi o filme que se impuxo na categoría de Ficción, mentres entre os documentais o vencedor foi Asturias, patria dolida, a visión de Arantza Rojas sobre oitenta anos de vida mineira na comunidade veciña. El cerezo, pola súa banda, foi seleccionada para o Premio Especial do Público Carlos Velo. Óliver Laxe presidiu o xurado que realizou a selección entre dez finalistas, escolleitos á súa vez entre 300 curtametraxes que se presentaron a conruso.. Amplía a nova>>

14/12/2017
Creadores audiovisuais buscarán produtores para as súas obras no Conecta+

O encontro audiovisual Conecta+ celebra a súa terceira edición este sábado 16 na Coruña. O evento, no que se darán cita uns 35 profesionais, seleccionou 18 proxectos galegos para lles dar a oportunidade aos seus creadores de entrar en contacto directo cunha decena de produtoras de dentro e fóra de Galicia. A Asocaición Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA, a Asociación Sindical Galega de Guionistas (Agag) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) organizan esta iniciativa, que conta co apoio da Axencia galega de Industrias Culturais (Agadic), de Galicia Calidade e da Fundación SGAE. O obxectivo é proporcionarlles os directores e/ou guionistas galegos unha plataforma desde a que dar a coñecer as novas propostas nas que están a traballar na procura de produtores que invistan na posta en marcha destes títulos.. Amplía a nova>>

13/12/2017
Margarita Ledo é a primeira muller recoñecida co Premio Otero Pedrayo

A escritora, cineasta, Catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega Margarita Ledo converteuse onte na primeira muller en ser galardoada co Premio Otero Pedrayo. O galardón que convocan anualmente as catro deputacións do país fai historia logo de corenta anos de traxectoria co ditame da comisión encargada da selección, que apostou de xeito unánime por unha proposta presentada pola Deputación de Pontevedra.. Amplía a nova>>

12/12/2017
O Festival Internacional Cinema Crianza dá os seus primeiros pasos

A primeira edición do Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Crianza de Ames está a piques de abrir as súas portas esta semana. Este singular evento reunirá durante tres días o formato dun festival audiovisual de carácter competitivo co da animación infantil a través do xénero cinematográfico dirixido aos máis cativos e que non sempre é ben recollido noutros eventos do cine, ademais a celebración neste concello non é casual xa que é o que amosa un maior índice de natalidade. O Cinema Crianza contará con 31 sesións nas que se poderán ver 70 curtametraxes a concurso, filmes, documentais, música e unha sesión para preadolescentes. O certame durará tres días, do 15 ao 17 de decembro, e celebrarase nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns (Concello de Ames).. Amplía a nova>>

12/12/2017
A revista The New Yorker recomenda o filme Mimosas de Óliver Laxe

O crítico estadounidense Richard Brody incluíu un filme galego, Mimosas de Óliver Laxe na súa listaxd dos 35 mellores longametraxes do ano. A selección, publicada na prestixiosa revista The New Yorker, sitúa a produción no posto 33 canda a grandes directores internacionais como Terrence Malick, David Lynch ou Agnès Varda, segundo recolle o semanario Sermos Galiza. Brody define a obra de Laxe como unha "road movie metafísica".. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org