Ignacio Vilar comeza a preparar a súa nova longametraxe María Solinha

Asinou un convenio de colaboración co concello de Cangas

O director de cine Ignacio Vilar comezou a produción do seu novo proxecto cinematográfico, María Solinha. A produtora promotora, Via Láctea, asinou un convenio de colaboración co concello de Cangas. O filme non alude á muller condenada pola Inquisición a partir do século XVII, xa que o filme centrarase nunha historia contemporánea. Segundo a produtora, o filme, protagonizado pola canguesa Andrea Santos, é "unha oda ao amor e liberdade, no que se dispón unha reflexión sobre o paso da adolescencia á idade adulta". O concello de Cangas contribuirá con "capital semente", segundo comunicou a produtora, que permitirá a busca de máis socios financeiros para a película.