Novas | 1101 a 1110 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

12/11/2018
A 28ª Semana de Cine Submarino ofrecerá dúas estreas galegas

A Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo comezará mañá, 13 de novembro, a súa víxésima oitava edición no Teatro AFundación da cidade olívica. O evento organizado pola Universidade de Vigo ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de respectar o medio mariño e as especies que o habitan e garantir a súa conservación. Nesta edición deste cita na que se presentan producións internacionais vencelladas ao audiovisual submarino Terán lugar asa estreas de dúas cintas galegas. En Buscadores de naufraxios: Cordero González, o documental de 20 minutos de Edu Lavandeira, coñecemos máis sobre as circunstancias do sinistro que tivo este pesqueiro en 1975 tras ser abordado polo mercante Playa de Aldán nas inmediacións das Ons. Lavandeira documenta o achádego do Pecio e fai entrevistas a tripulantes sobrevivintes. A segunda peza que se estreará na 28ª edición da semana de cine submarino e que tamén é unha produción galega é Secretos da marea, unha obra de Jorge Candán de sete minutos na que o realizador aproxímase ás especies máis descoñecidas que habitan as profundidades mariñas galegas. . Amplía a nova>>

09/11/2018
Miguel Anxo Fernández aspira a quintuplicar o orzamento do OUFF en 2019

O vicepresidente da Fundación Carlos Velo e novo coordinador artístico do OUFF, o profesor, escritor e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández pon como obxectivo para as seguintes edicións do festival chegar a quintuplicar o actual orzamento. Así o explica Fernández nunha entrevista feita polo xornalista Javier Rey para o xornal La Región de Ourense na que o coordinador do OUFF tamén adianta un cambio importante no modelo de festival con vistas a conseguir atraer e implicar ao público ourensán asumindo que nas anteriores edicións se perderan os vínculos entre o festival e a cidade. O festival comezará o 29 de novembro e se celebrará ata o 5 de decembro . Amplía a nova>>

07/11/2018
O programa Mirada País explora a videocreación galega

Antón Reixa, un referente da videocreación galega dos oitenta exerce de coordinador no ciclo Mirada País que onte se inaugurou na sede do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia. Conxuntamente co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) as dúas institucións comparten un programa de proxeccións, conversas e instalacións arredor da videocreación galega, que arranca no CGAI neste novembro para pasar en decembro á sede do CGAC en Santiago. Co proxecto Mirada país a Consellería de Cultura e Turismo busca poñer en valor a potencialidade da creación audiovisual galega, fóra dos xéneros e canles de exhibición máis convencionais. O ciclo ofrece proxeccións que van desde as primeiras pezas dos oitenta ata hoxe en día en debates sobre a conformación da identidedie audiovisual propia galega.. Amplía a nova>>

06/11/2018
Catorce iniciativas reparten as axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais

Cinco longametraxes de ficción, catro series e miniseries televisivas, catro documentais e unha película de animación, todas elas promovidas por produtoras galegas, contarán co apoio das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais. A Axencia Galega das Industrias Culturais publicaba onte no seu web a resolución desta liña de apoios, dotada con 240.000 euros. As longametraxes que poderán iniciar o seu proceso de preprodución mercé a esta subvención son A leituga, que leva ao cinema a obra de teatro homónima da man de Diana Toucedo e Víctor Duplá; Ariel, coprodución galego-arxentina dirixida por Lois Patiño e Matías Piñeiro; Aura 1964 de Ignacio Vilar; O corpo aberto de Ángeles Huerta; e Einstein-Rosen, coa que a directora Olga Osorio lle dará continuidade á súa multipremiada curtametraxe homónima.. Amplía a nova>>

05/11/2018
Xabier P. DoCampo, José Luis Mascareñas, Ana Romaní e Mercedes Peón, galardoados nos Premios da Crítica

A Fundación Premios da Crítica de Galicia celebrou este sábado 3 de novembre a xuntanza anual na que repartiu os seus galardóns. O hotel Os Escudos de Vigo acolleu este encontro no que, baixo o lema Espigar reuníronse trescentas corenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país. Logo das deliberacións dos distintos xurados, a XLI edición dos Premios da Crítica de Galicia recoñeceu o recentemente falecido Xabier P. Do Campo co Premio de Creación Literaria pola súa novela A nena do abrigo de astracán. O químico José Luis Mascareñas levou o Premio de Investigación por un labor de investigación que lle valeu ser o único científico galego que obtivo un Advance Grant do ERC.. Amplía a nova>>

31/10/2018
Cineuropa 32 reclama o dereito a escandalizar

Do 7 ao 28 de novembro, Compostela acolle a trixésimo segunda edición do festival Cineuropa. Ao redor de 300 filmes incluídos en 21 seccións, nun certame que medra este ano en proxeccións e espazos de exhibición. O realizador Isaki Lacuesta, a actriz Ángela Molina e o actor Antonio Durán "Morris" recibirán os Premios Cineuropa 2018 e protagonizarán varias sesións de proxección con entrada libre previa retirada de convites no Teatro Principal. O xa tradicional ciclo temático do festival, formado por máis de 100 filmes, pon nesta edición o foco na necesidade de preservar e garantir un elemento esencial no devir da libre creación artística e de calquera sociedade libre e democrática: o dereito a escandalizar. Cineuropa busca así abrir as portas ao debate “sen leis nin mordazas”. Será o filme La noche de 12 años, do realizador montevideano Álvaro Brechner, o escollido para a apertura desta edición nunha sesión inaugural que terá lugar o mércores 7 de novembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, e que contará coa participación da artista plástica, música e cantante Queyi. Hoxe presentouse no pazo de Raxoi esta XXXIIª edición do evento cinematográfico.. Amplía a nova>>

31/10/2018
O CGAI catalogará e conservará o arquivo fotográfico de César Antonio Molina

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o escritor e ex-ministro de Cultura César Antonio Molina asinaron onte un contrato para a cesión do arquivo fotográfico deste último ao Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia. Alí procederase á análise, inventario, catálogo e rexistro de todo este material. Este arquivo reúne tanto fotografías familiares desde finais do século XIX como instantáneas que dan conta da súa intensa traxectoria vital, cultural e profesional, ademias de imaxes que lle foron dedicadas por fotógrafos de prestixio, ademais de reportaxes en formato audiovisual e outros materiais que compoñen un fondo documental de cinem. Amplía a nova>>

23/10/2018
O Xº FKM da Coruña deixa un palmarés internacional con gran presenza galega

A décima edición do Festival de Cinema Fantástico FKM da Coruña, chegou ao seu final outorgando os premios nas diferentes categorías que o festival comprende. A cinta británica Beast do director Michael Pearce converteuse na gañadora do Concurso internacional de longametraxes Ópera Prima con seguindo ademais do Premio do Xurado o outorgado polo público. Pearce tamén se fixo co galardón ao mellor guión. Na categoría de curtametraxes o xurado elixiu a Aurore de Maël Le Mée, mentres que o público decantouse pola curta Limbo de Daniel Viqueira, que por parte do xurado tamén obtivo mención. Norberto Leiva gañou con A Secuencia o premio ao mellor guión no concurso específico para estes traballos, no que tamén acadou mención Marcos Nine polo seu traballo Sandwich. O premio á Mellor interpretación foi para Alejandro Carro por Sea beasts, un filme dirixido por Felipe González.. Amplía a nova>>

22/10/2018
Comeza en Santiago o XVIº festival de cine euroárabe AMAL

O documental Nacido en Gaza (2014) abrirá hoxe a inauguración décima sexta edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL 2018 ás 20 horas no Teatro Principal de Santiago Compostela. A película do reporteiro de guerra, escritor e director de documentais ítalo-arxentino tivo o Premio José María Forqué ao mellor documental. Tras do documental, o presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, ofrecerá unha conferencia titulada Las guerras de siempre na que o empresario palestino analizará o panorama das guerras do século XXI, causas, formas e tratamento e as súas consecuencias. En total, e ata o 26 de outubre serán oito as obras audiovisuais centrada no intercambio cultural euroárabe que se poderán ver neste festival e que se complementan coa exposición fotográfica Familia Completas. Familias Incompletas de Sergi Cámara, no Hotel Araguaney.. Amplía a nova>>

18/10/2018
A serie Fariña e Julia Otero obteñen cadanseu Premio Ondas

Barcelona acolleu onte a presentación do palmarés dos Premios Ondas, que convoca anualmente o grupo PRISA para recoñecer as principais producións nacionais e internacionais no campo audiovisual. No palmarés atópanse dous representantes galegos. Por unha banda Fariña, realizada por Bambú Producións, fíxose co galardón á mellor serie. Pola outra, a monfortina Julia Otero obtivo o premio á mellor programación de radio polo seu labor en El Gabinete de Onda Cero. O galardón outorgóuselles ex-aequo con Isaías Lafuente por Unidad de vigilancia, da Cadena SER.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org