O vicepresidente da Fundación Carlos Velo e novo coordinador artístico do OUFF, o profesor, escritor e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández pon como obxectivo para as seguintes edicións do festival chegar a quintuplicar o actual orzamento. Así o explica Fernández nunha entrevista feita polo xornalista Javier Rey para o xornal La Región de Ourense na que o coordinador do OUFF tamén adianta un cambio importante no modelo de festival con vistas a conseguir atraer e implicar ao público ourensán asumindo que nas anteriores edicións se perderan os vínculos entre o festival e a cidade. O festival comezará o 29 de novembro e se celebrará ata o 5 de decembro
A 23ª edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF), que a Deputación provincial de Ourense asumiu tras un episodio de total incerteza sobre a súa celebración polo Concello e un conflito co anterior equipo xestor encabezado por Fran Gayo, contará este ano cun orzamento de entre 150.000 e 200.000 euros. Unha cantidade coa que, segundo Fernández da a La Región, resulta "imposible" relanzar o festival malia o que esperan facer un OUFF de transición moi digno "Con moitas limitacións económicas e moi pouco tempo". Este ano a nivel institucional o evento conta co apoio central da Deputación e tamén de AGADIC (Xunta) e Concello. "Algún día Ourense debe entrar na categoría mínima do millón de euros", asegura ao mesmo tempo que pon enriba da mesa ese obxectivo de quintuplicar o orzamento xa para o vindeiro ano.
Conectar co público da cidade
Miguel Anxo asume unha desconexión evidente entre o OUFF e o público ourensán visualizada nunha pouca afluencia nas proxeccións . "Vía fotografías no xornal, salas de 8 espectadores, vinte... algo pasa. ¿Qué acontece? Traballas cun tipo de material que require un público tan especifico...", di respecto á liña de exhibición marcada pola anterior equipo encabezado por Fran Gayo, para o que amosa "respeto total" pero sen concordar co modelo proposto por este para o festival do que di que "en Santiago, por exemplo, houbese cadrado mellor". Miguel Anxo quere ofrecer á cidadanía un modelo acorde ao que el considera que pode seducila e atraela ás salas. "Hai que ofrecer películas de estrea, novidades...un programa amplo", asegura o novo coordinador da cita audiovisual ourensá que pretende facer dela "o festival de Galicia".
Nesta edición xa está confirmada a estrea durante o OUFF da película Las Brujas de E'lente, unha produción dirixida por Simón Vázquez (Ourense, 1992) e rodada íntegramente na provincia ourensá, que contou co apoio da Deputación provincial e os Concellos de Piñor, O Carballiño, San Amaro e Ourense.