16/12/2025
Luis Tosar galardoado coa Medalla de Ouro das Belas Artes
O Consello de Ministros ven de aprobar hoxe a lista de galardoados deste anos coa Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, proposta polo ministro de Cultura, Ernest Urtasun. Entre as 35 personalidades e institucións do mundo da cultura está o actor lucense Luis Tosar (Lugo, 1971) . A Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes é un recoñecemento que distingue ás persoas e entidades que destacaran no campo da creación artística e cultural ou teñan prestado notorios servicios no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte e a cultura ou na conservación do patrimonio artístico..
Amplía a nova>>
16/12/2025
Agadic convoca as axudas ao talento audiovisual
O Diario Oficial de Galicia deste 16 de decembro publica a convocatoria de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego. Esta liña de axudas, que ten o prazo aberto dun mes, mantén o orzamento inalterable das dúas anteriores convocatorias, achegando uns fondos de 176.000 euros a dividir nas dúas anualidades que comprende. Na convocatoria anterior, unha vez adxudicado todo o rozamento quedaron fóra ata o 90 cento das solicitudes presentadas. No relativo aos posibles proxectos beneficiarios e contías asignadas, nada muda respecto á convocatoria anterior, dividíndose entre proxectos de curtametraxes e de longametraxes, todas elas gravadas en versión orixinal en galego. A previsión de alcance, de 11 producións, tampouco muda respecto á anterior convocatoria, permitindo axudas ata a 8 proxectos de curtametraxes e 3 de longametraxes. Filmes en proxecto e outros pendentes de traballos de postprodución poden acollerse a estas liñas de axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, da Xunta de Galicia..
Amplía a nova>>
16/12/2025
Xogalego repasa a produción de videoxogos na nosa lingua
O proxecto Recuncho Gamer acaba de facer público Xogalego, un catálogo que recolle os videoxogos realizados na nosa lingua. A iniciativa, que arrinca con noventa referencias, prevé se ampliar e chegar en breve a unhas duascentas. Segundo explica a entidade responsable, Xogalego "nace polas dificultades actuais para atopar xogos na nosa lingua en páxinas como Steam ou nas tendas de Sony, Nintendo ou Microsoft"..
Amplía a nova>>
15/12/2025
Stefan Djordjevic imponse no palmarés do X Novos Cinemas
A décima xeira do festival Novos Cinemas fechaba as súas portas este 14 de decembro coa entrega dos seus galardóns. O filme
Wind Talk To Me, dirixido polo serbio Stefan Djordje impúxose no certame ao obter o Premio Novos Cinemas e mais o do público..
Amplía a nova>>
15/12/2025
Benigno López Moure gaña o Premio de Guión en Galego da AGAG
O VII Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego que convoca a Asociación Galega de Guionistas recaeu este ano en Benigno López Moure, pola súa obra 'Monstros'. O galardón organizado por AGAG, coa colaboración da Fundación SGAE e o apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, está dotado con 2.000 euros. Xunto á obra gañadora, tamén foron recoñecidas como finalistas: 'Amparo, pero non olvido', de Luis Miles e 'Onda tras onda', de Daniel Cornes. Do traballo gañador o comité avaliador destacou "o dominio impecable dos códigos do thriller, a profundidade psicolóxica dos personaxes e a valentía de abordar unha temática incómoda cunha mirada autoral comprometida coa complexidade moral da historia". No acto de entrega do galardón celebrado o venres pasado na sede da SGAE de Santiago de Compostela, participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, para expresar o apoio do Goberno galego ao labor da escrita individual como punto de partida determinante dos proxectos que chegan con éxito ás pantallas. Con esta nova edición do premio, AGAG reafirma o seu obxectivo de impulsar a creación de contidos en galego, apoiando o traballo das autoras e autores e fortalecendo a presenza da nosa lingua no audiovisual..
Amplía a nova>>
09/12/2025
Sirât candidata a dous premios Globos de Ouro
O filme Sirât do realizador galego Oliver Laxe vai engadindo co paso das semanas máis méritos que afianzan o incuestionable do seu éxito e impulsan a película de cara aos premios Oscar da industria estadounidense. Nos galardóns Globos de Outro, convocados pola Asociación da Prensa Estranxeira en Hollywood o filme Laxe ven obter dúas candidaturas finalistas. Unha delas, a de Mellor Película de Fala non inglesa, mentres que na outra será a potente e presente banda sonora asinada por Kangding Ray a que aspira a galardón. Ademais disto o filme foi designado pola prestixiosa revista The New Yorker, como a mellor longametraxe deste ano 2025. .
Amplía a nova>>
09/12/2025
Bea Lema gaña coa curtametraxe 'El cuerpo de Cristo' o festival de Aguilar
A autora Bea Lema (A Coruña, 1985) gañou o premio a Mellor Curtametraxe do 37 Aguilar Film Festival grazas á adaptación audiovisual do seu premiado traballo de banda deseñada 'El cuerpo de Cristo'. Coa versión en papel, a artista gañou o Premio castelaod e Banda Deseñada en 2017 e o Premio Nacionald e Cómic en 2024 co publicación da obra por parte de Astiberri. Agora, baixo a produción da multipremiada Chelo Loureiro, de Abano Producións, a adaptación da obra ao formato audiovisual ven de obter este novo recoñecemento no certame de Aguilar de Campoo, calificador para os Premios Goya..
Amplía a nova>>
05/12/2025
Preséntase en sociedade o Foro Galicia Crea
Cunha xornada sobre
Sete séculos de creación literaria en galego, este 5 de decembro se presentaba ao público o Foro Galicia Crea. A nova entidade nace da man "dun grupo diverso de profesionais dos eidos da ciencia, a tecnoloxía e a cultura" coa intención de promover "a creatividade e o pensamento libre fomentando espazos de traballo e debate dende Galicia, en interacción coa cultura global", segundo apunta o propio foro..
Amplía a nova>>
03/12/2025
AGalega.gal estrea a miniserie No seu lugar, outro
Diálogos entre nomes da literatura e do audiovisual arredor do concepto de lugar e a relación co espazo que habitamos. Esta é a proposta da miniserie
No seu lugar, outro que desde este 2 de decembro está dispoñible no web AGalega.gal..
Amplía a nova>>
02/12/2025
Carla Simón recibe o Premio de Cinematografía de Novos Cinemas
Coincidindo coa presentación do programa do seu décimo aniversario o festival Novos Cinemas de Pontevedra entregou hoxe á cineasta Carla Simón o que é o primeiro Premio de Cinematografía Novos Cinemas, un recoñecemento que nace para destacar olladas singulares e comprometidas coa linguaxe cinematográfica. O premio nace co impulso do Concello e da Deputación de Pontevedra, e representa un desexo largamente compartido polo festival: recoñecer a implicación autoral, o risco creativo e a coherencia ética e estética que definen unha cinematografía viva e transformadora.
.
Amplía a nova>>