09/12/2025
Sirât candidata a dous premios Globos de Ouro
O filme Sirât do realizador galego Oliver Laxe vai engadindo co paso das semanas máis méritos que afianzan o incuestionable do seu éxito e impulsan a película de cara aos premios Oscar da industria estadounidense. Nos galardóns Globos de Outro, convocados pola Asociación da Prensa Estranxeira en Hollywood o filme Laxe ven obter dúas candidaturas finalistas. Unha delas, a de Mellor Película de Fala non inglesa, mentres que na outra será a potente e presente banda sonora asinada por Kangding Ray a que aspira a galardón. Ademais disto o filme foi designado pola prestixiosa revista The New Yorker, como a mellor longametraxe deste ano 2025. .
Amplía a nova>>
09/12/2025
Bea Lema gaña coa curtametraxe 'El cuerpo de Cristo' o festival de Aguilar
A autora Bea Lema (A Coruña, 1985) gañou o premio a Mellor Curtametraxe do 37 Aguilar Film Festival grazas á adaptación audiovisual do seu premiado traballo de banda deseñada 'El cuerpo de Cristo'. Coa versión en papel, a artista gañou o Premio castelaod e Banda Deseñada en 2017 e o Premio Nacionald e Cómic en 2024 co publicación da obra por parte de Astiberri. Agora, baixo a produción da multipremiada Chelo Loureiro, de Abano Producións, a adaptación da obra ao formato audiovisual ven de obter este novo recoñecemento no certame de Aguilar de Campoo, calificador para os Premios Goya..
Amplía a nova>>
05/12/2025
Preséntase en sociedade o Foro Galicia Crea
Cunha xornada sobre
Sete séculos de creación literaria en galego, este 5 de decembro se presentaba ao público o Foro Galicia Crea. A nova entidade nace da man "dun grupo diverso de profesionais dos eidos da ciencia, a tecnoloxía e a cultura" coa intención de promover "a creatividade e o pensamento libre fomentando espazos de traballo e debate dende Galicia, en interacción coa cultura global", segundo apunta o propio foro..
Amplía a nova>>
03/12/2025
AGalega.gal estrea a miniserie No seu lugar, outro
Diálogos entre nomes da literatura e do audiovisual arredor do concepto de lugar e a relación co espazo que habitamos. Esta é a proposta da miniserie
No seu lugar, outro que desde este 2 de decembro está dispoñible no web AGalega.gal..
Amplía a nova>>
02/12/2025
Carla Simón recibe o Premio de Cinematografía de Novos Cinemas
Coincidindo coa presentación do programa do seu décimo aniversario o festival Novos Cinemas de Pontevedra entregou hoxe á cineasta Carla Simón o que é o primeiro Premio de Cinematografía Novos Cinemas, un recoñecemento que nace para destacar olladas singulares e comprometidas coa linguaxe cinematográfica. O premio nace co impulso do Concello e da Deputación de Pontevedra, e representa un desexo largamente compartido polo festival: recoñecer a implicación autoral, o risco creativo e a coherencia ética e estética que definen unha cinematografía viva e transformadora.
.
Amplía a nova>>
02/12/2025
Ourense celebra a I Semana de Cine Arqueolóxico
Un ciclo de cinema centrado na investigación do pasado. Esta é a proposta da I Semana de Cine Arqueolóxico que se celebra na Casa da Cultura de Ourense entre os días 2 e 5 de decembro. O Museo Arqueolóxico Provincial e mais o Cineclube Padre Feijoo coordinan un programa composto por cinco filmes. As proxeccións, que se celebran ás 19:30 horas, acompañaranse de presentacións específicas sobre cada proxecto..
Amplía a nova>>
01/12/2025
Culturgal recibiu máis visitantes ca nunca
A feira Culturgal pechou onte, domingo, a súa edición 2025 cun balance de asistencia moi satisfactorio, xa que máis 16.100 espectadores pasaron polo Pazo da Cultura de Pontevedra. A cifra supera non só a do pasado ano por moito (12.700), senón que está por riba das acadadas nas edicións pre-Covid 19, que sempre sinalaban aos 14.000 asistentes e que ata o de agora non foran alcanzadas. O director de Culturgal, Camilo Franco, considera que "as cifras de asistencia avalan a forte aposta pola programación deste ano, máis ampla e de maior calidade en todas as disciplinas da cultura", con outras novidades como o concerto de benvida do xoves (Uxía) e o de peche fóra do espazo habitual no Teatro Principal (Óscar Ibáñez). Xustamente para o ano ven, o director de Culturgal adianta a intención de levar máis actividades a outras localizacións de Pontevedra, "sobre todo aos espazos que non teñen acceso habitualmente aos espectáculos culturais”, explica Camilo Franco. "Ano a ano damos pasos para atraer novos públicos, cunha oferta diversificada e iniciativas como o Teatriño e os espazos para a banda deseñada, o cine e a arte contemporánea, o circo ou o videoxogo galego", engade o director de Culturgal. .
Amplía a nova>>
24/11/2025
O festival de Xixón premia a Ángel Santos e Anxos Fazáns polas súas novas longametraxes
A 63ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX) deixou no seu palmarés o recoñecemento a dúas persoas da escena audiovisual galega actual que amosa a forza do talento creativo do momento actual. Así o director Ángel Santos (Pontevedra, 1976), que presentaba no festival asturiano a longametraxe. 'Así chegou a noite', acadou o galardón á mellor dirección na Sección Oficial Internacional. O xurado valorou do seu traballo o feito de " capturar con elegancia os ritmos vitais dun home e unha muller, cada un ao borde do seu propio precipicio existencial". O filme, protagonizado por Denís Gómez (Pablo) e Violeta Gil (Andrea), rodado integramente en Galicia, explora temas como as relacións de parella, a necesidade de romper os vínculos co pasado ou a tentación de desaparecer. Un drama intimista coa identidade como tema central que supón un novo paso de madurez na ficción galega de autor. Ademais de Santos, a cineasta Anxos Fazáns tamén saíu de Xixón con dous galardóns, polo seu filme más recente 'As liñas descontinuas'. Fazáns acadou dous premios de diversos xurados: o premio Dama ao Mellor guión dunha película española -xunto ao tamén guionista da película Ian de la Rosa-; e o Premio Rambal que outorga a Asociación Xega, de xente LGTBI+. .
Amplía a nova>>
20/11/2025
Luis Zahera recoñecido pola súa traxectoria no Aguilar Film festival
O actor santiagués Luis Zahera, que ven de estrearse como protagonista coa serie 'Animal' en Netflix recibirá un recoñecemento á súa traxectoria profesional en Aguilar de Campoo (Castela e León). Será durante a celebración do 37º Aguilar Film Festival (AFF) que se lle entregará o premio Águila de Oro ao santiagués. O intérprete, gañador de dous premios Goya polos seus traballos como secundario en El Reino (Rodrigo Sorogoyen, 2018) e As Bestas (Rodrigo Sorogoyen, 2022) e de outros recoñecementos en festivais como Málaga ou Cans, ten tamén no seu haber a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. O vindeiro sábado 28 de novembro Zahera recollerá o galardón, que o festival de Aguilar tamén concede este ano ao director belga Olivier Smolders e ao actor vallisoletano Óscar de la Fuente..
Amplía a nova>>
19/11/2025
Sirât opta a catro Premios do Cinema Europeo
Os Premios do Cinema Europeo teñen unha especial presenza galega na súa 38 edición. O filme
Sirât, de Óliver Laxe, acumula catro candidaturas nos galardóns que convoca anualmente a Academia de Cinema Europeo. Ademais, a produción opta tamén a se facer cun dos Premios Forqué, que entrega a asociación de produtoras audiovisuais EGEDA a nivel estatal..
Amplía a nova>>