18/03/2025
Premio de Honra Marisa Soto a título póstumo para Xabier Deive
O nome de Xabier Deive (Narón, 1970 - Santiago de Compostela 2024) foi un dos máis lembrados ante o atril dos recentes Premios Mestre Mateo polos seus compañeiros de profesión. A temperá morte do intérprete o pasado ano foi un golpe para o sector audiovisual e teatral. Arestora a Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ven de concederlle a título póstumo o Premio de Honra Marisa Soto, galardón co que a profesión teatral distingue o labor de persoas e institucións a prol do noso sector escénico. Deste xeito, Deive únese a unha longa lista de homenaxeadas con este trofeo, sendo esta a terceira vez que se concede o galardón a título póstumo, tras as distincións outorgadas en 2015 a Xosé Manuel Olveira Pico e en 2022, a Lino Braxe. .
Amplía a nova>>
18/03/2025
A actriz Finola Vázquez morre aos 95 anos
O pasado sábado falecía a veterana actriz Finola Vázquez aos 95 anos de idade. Nacida en Neda en 1930, a interprete era coñecida entre o público por ter participado en series populares como 'Rías Baixas', 'Terras de Miranda', 'Gondar' ou 'El Comisario'. A intérprete tamén traballou no formato cinematográfico en películas como 'Los muertos van deprisa' ou 'Hotel Tívoli'. En 2001, foille entregado o Premio Agapi á mellor interpretación feminina de reparto. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia fixo pública a lembranza da súa compañeira e trasladou as condolencias a familiares e amizades..
Amplía a nova>>
17/03/2025
Os Mestre Mateo despiden a 'Rapa' pola porta grande
Podería haber varios titulares para a que foi a XXIIIº edición dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego, un deles sería 'Rapa acapara o favor dos membros da Academia Galega do Audiovisual'; outro podería ser 'Rapa si, Altri non', xa que a gala celebrada no Lalín Arena tivo tanto de festa do sector como de acto de protesta contra os recentes informes favorables da Xunta de Galicia ao proxecto da factoría na Ulloa. Tanto premiados, como asistentes mantiveron durante todo o acto un clamor reivindicativo nese sentido. A gala celebrouse este ano en Lalín, por primeira vez fóra da contorna das grandes cidades grazas ao apoio do Concello de Lalín, da Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia e, segundo fontes da Academia, é de prever que o ano que ven tamén terá lugar na provincia de Pontevedra, aínda sen destino concreto. A gala de entrega de premios foi presentada por Teté Delgado baixo a dirección da coreógrafa Marta Alonso. O artista Baiuca foi o encargado de poñer música á noite do audiovisual galego..
Amplía a nova>>
17/03/2025
O documental Eros encabeza o palmarés da XX MICE
O Museo do Pobo Galego acollía este 16 de marzo o acto de entrega da vixésima Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. O documental brasileiro
Eros, de Rachel Daisy Ellis, fíxose co Premo AGANTRO á excelencia antropolóxica, dotado con 500 euros..
Amplía a nova>>
13/03/2025
Cinco filmes con selo galego exhibiranse en Málaga
A vixésima oitava edición do Festival de Cine de Málaga dará comezo este venres 14 de marzo, o certame, moi enfocado nas producións peninsulares e hispano americanas, ofrece dentro do seu programa varias producións con acento galego, como é habitual nos pasados anos. Nas seccións oficiais competitivas poderán verse dúas obras en formato curtametraxe. A produtora Chelo Loureiro presentara na sección Animazine 'Yo voy conmigo' (Abano Producións); mentres que na sección de curtametraxes documentais será onde compita 'Nayan' (Testaferro, Paraíso Perdido Films), da cineasta Carla Andrade. Fóra de concurso, pero en seccións oficiais, poderá verse a nova longametraxe do director e actor grovense Javier Veiga, 'Playa de lobos' (Medio Limón, Zebra Producciones (Grupo IZEN), Epos Cine). Tamén entra na Sección Oficial Fora de Concurso de Series un novo traballo dirixido por Pepe Coira e con guión de Pepe Coira, Fran Araújo e Alejandro Marín, a serie 'La Canción' (Movistar Plus+, Buendía Estudios). Completa a presenza galega o filme sobre as mariscadoras 'A Tarea', de Alfonso O'Donnell, que entra no programa na sección 'firmando los derechos de las mujeres'. .
Amplía a nova>>
12/03/2025
De CRTVG a CSAG: o Parlamento aproba a nova lei da radio e televisión pública
O Parlamento de Galicia aprobou onte a nova lei que marcará o devir da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) para os vindeiros anos. A lei transforma a denominación do ente a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) e incorpora importantes cambios no mecanismo de xestión do ente público, e que xeneraron importantes polémicas con colectivos profesionais coma o Colexio de Xornalistas de Galicia ou os partidos políticos da oposición. En primeiro lugar, a posibilidade de escoller o director xeral por maioría absoluta tras dúas votacións erradas con maioría reforzada. O segundo é a posibilidade de que a nova CSAG poida empregar outras linguas que non sexa o galego nos seus contidos destinados ao exterior da comunidade autónoma ou a eliminación do Estatuto Profesional e o Consello de Informativa. A lei foi aprobada cos votos do Partido Popular, en contra do BNG e do PSdG, e coa abstención de Democracia Ourensana..
Amplía a nova>>
11/03/2025
Premio Pedigree de Honor de Cans para Alfonso Zarauza
O Festival de Cans ven de repartir os que serán os seus premios honoríficos para a vindeira XXIIª edición, que terá lugar entre o 20 e o 24 de maio. O cineasta e produtor Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) recibirá o Premio Pedigree de Honor de Cans. Deste xeito o festival recoñece a súa traxectoria e ve nel "un cineasta clave na historia recente do cinema en Galicia. Representa unha correa de transmisión entre as orixes do cinema galego contemporáneo e a corrente do Novo Cinema Galego". A concesión do galardón foi decidida pola asemblea de Asociación Cultural Arela, organizadora do festival. Ademais da concesión do premio, o cineasta colocará a súa estrela no Torreiro das Estrelas de Cans o venres 23 de maio, á beira doutros homenaxeados como Jorge Coira, Luis Zahera, Luis Tosar ou Margarita Ledo..
Amplía a nova>>
06/03/2025
A MICE celebra dúas décadas con medio cento de proxeccións
O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acollía na mañá deste 6 de marzo a presentación da vixésima Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Un total de trece filmes compiten na sección oficial do programa co que o evento celebra dúas décadas. Entre o 12 e o 16 de marzo a capital acollerá medio cento de proxeccións ademais de diferentes actividades e propostas para público escolar..
Amplía a nova>>
05/03/2025
Once 'Olladas de muller' na Filmoteca de Galicia
O Consello da Cultura Galega organiza, en colaboración coa Filmoteca de Galicia e con motivo do 8 de marzo, unha nova edición do ciclo "Olladas de muller", onde se xuntan tanto películas asinadas por directoras galegas como títulos actuais que reflexionan sobre a situación da muller en diferentes partes do mundo. O ciclo, aberto de balde ao público, comeza hoxe, mércores 5 de marzo, ás 18:00 horas na Filmoteca de Galicia na Coruña, coa proxección da obra 'Prefiro condenarme' de Margarita Ledo Andión e continúa até o sábado 8 de marzo coa programación das películas: Renata (1982) e 'True love' (1989) de Nancy Savoca; 'Filmei paxaros voando' (2024) de Zeltia Outeiriño; 'Elas também estiveram lá' (2021) de Joana Craveiro; 'Household Saints' (1993) de Nancy Savoca; 'As Neves' (2024) de Sonia Méndez; Vogar (2021) de Andrea de la Iglesia Piñeiro; 'Deolinda sempre traballando, sempre cantando' (2024) de Alicia López; '12 de maio de 1937' (2023) de Mar Caldas; e 'Bad Timing' (1983) de Nancy Savoca..
Amplía a nova>>
04/03/2025
Lidia Veiga gaña o Premio Maruxa Villanueva de Interpretación teatral
A actriz arzuá Lidia Veiga (1997) resultou a elixida polo xurado para recibir o XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, galardón outorgado polo Concello de Padrón. O xurado tomou esta decisión en recoñecemento á súa interpretación na obra 'Iribarne', da compañía ButacaZero e o CDN, un papel que xa lle valeu unha candidatura aos Premios Max á mellor interpretación feminina e unha nominación aos Premios María Casares como mellor actriz protagonista. O xurado estivo composto polo alcalde de Padrón, Anxo Arca; Inma López Silva, escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; o actor e profesor da UDC Carlos Caetano Biscainho; Alfonso Becerra, dramaturgo e profesor da ESAD; Roberto Pascual, profesor da ESAD , dramaturgo e xestor cultural; e a animadora social de Padrón, María Cruz Taboada; destacou a calidade e versatilidade interpretativa de Veiga, ademais da súa capacidade para construír personaxes con profundidade e autenticidade "mantendo como valor a lingua galega como fórmula de elaboración interpretativa e artística"..
Amplía a nova>>