Co obxectivo de manter a presenza de Ricardo Carballo Calero en primeiro plano neste pouco usual Día das Letras Galegas son moitas as actividades en liña, as documentacións e as achegas que este días poderemos ver sobre o autor nas redes. Así, ademais de todas aquelas accións de animación lingüística e cultural que adquiren diversos formatos, hai contidos específicos achegados desde asociacións, concellos e outros axentes, centrados no autor ferrolán a súa vida, obra e ideas, que xa están ou estarán accesibles ao longo destas vindeiras xornadas de celebración para non esquecer que esta xornada xira arredor da súa achega ao idioma e á sociedade.
Un portal para xuntalos a todos
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) lanzan nesta Semana das Letras Galegas os proxectos divulgativos da figura, vida, obra e traxectoria de Ricardo Carballo Calero . O Portal da Lingua Galega, o portal #aculturasegue o novo web Carvalho Calero 2020 da Associaçom Galega da Língua (AGAL), ofrecen xa en aberto a exposición A voz presente, unidades didácticas dirixidas ao ensino primario e secundario, guías de lectura de Scórpio; audiovisuais e a imaxe icónica orixinal conmemorativa deste 2020 no que a RAG homenaxea ao polígrafo ferrolán. A Voz Presente é unha exposición realizada pola AGAL e a Xunta de Galicia e executada por Ouvirmos, S.L. que conta con Carlos Quiroga e José Luís Rodríguez (USC) como comisarios.
Carvalho 2020.gal.
Lecturas colectivas
Traendo as letras do autor ás voces de hoxe, son varias as iniciativas institucionais que ou asociativas que levan a cabo lecturas colectivas.
A Deputación de Pontevedra ven difundindo en redes sociais ao longo desta semana unha selección de 24 vídeos de autoras e autores da provincia, que se encargarán de ler fragmentos de obras do ferrolán.
Facebook Deputación de Pontevedra.
Os integrantes do grupo de Nova Poesía Guitírica levarán a cabo un recital en directo no Facebook do grupo o mesmo día 17 ás 20:00 horas. Sete poetas tomarán parte. O comezará coa lectura do prólogo que RCC fixo para Nimbos de Díaz Castro e cada persoa recitará algún poema de Carballo ou en homenaxe a el.
Facebook do evento.
Desde a organización do Festival Kerouac, co apoio da Secretaría de Política Lingüística, organizouse tamén un acto en liña ao vivo no que participarán artistas galegos que viven en Nova York e en Galicia. Creando unha ponte entre as dúas beiras do Atlántico, como é bandeira deste evento poético anual. Vigo e Nova York quedarán ligados en directo con este motivo. O evento do día 17, dará comezo ás 18.00 horas do domingo, durará 90 minutos e poderá seguirse a través das canles do Festival Kerouac: Facebook live, Instagram e Youtube. Participarán oito artistas: Isabel Pérez Dobarro, María Medín Doce, Manuel Mayo e Yago Vazquez desde Nova York e Francisco Fernandez Naval, Fátima Delgado, Malvares de Moscoso e Francisco Castro desde Galicia. Cada un lerá un poema de Carballo Calero e un poema propio. Os músicos tocarán dúas pezas, relacionadas con Galicia e co autor. As intervención serán en total de 8 minutos por artista, e serán presentadas e conducidas polo poeta Marcos de la Fuente.
Facebook Festival Kerouac.
A Cidade da Cultura súmase este 17 de maio á celebración pasando a súa habitual lectura desta data sinalada ao espazo virtual, nunha participación aberta á participación xeral a través de vídeos individuais que xa foi solicitando desde fai días coa base dunha escolma de textos realizada pola poeta Pilar Pallarés. O resultado de pezas recibidas xuntarase nun vídeo que a Cidade da Cultura compartirá na súa páxina web e a través de Facebook, Twitter e Instagram o 17 de maio de 2020.
Cidade da Cultura de Galicia.
O evento Cápsulas Solidarias "Xa abriu o día". Letras Galegas no Ano Carvalho Calero consiste na emisión, desde o pasado día 11 de maio e ata o día 16, de seis vídeos de 15 minutos de duración nos que se convida á lectura de obras literarias galegas e se divulga o coñecemento da figura de Ricardo Carballo Calero. Trátase dunha iniciativa promovida polo Espazo Universitario LiberQuaré, Familias Mundi e a Fundación polo Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (FUNDHESGA) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. As emisións fanse en horario de 12:30 a 12:45 horas, a través da páxina de Facebook do Espazo Universitario LiberQuaré.
Facebook LiberQuare/.
Actos de reflexión e divulgación
Afondar, desde diferentes perspectivas, na figura e traxectoria do homenaxeado será de feito o obxecto central do acto virtual que a Universidade de Vigo desenvolve este venres ás 12.00 horas e que pode seguirse a través do Campus Remoto e de UVigoTV. Organizado pola Área de Normalización Lingüística (ANL), nel intervirán a profesora emérita do Departamento de Historia Arte e Xeografía e filla do escritor, María Victoria Carballo-Calero, a tamén profesora emérita da Universidade de Vigo Camiño Noia, a que fora catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela Aurora Marco, e a filóloga, ex-deputada autonómica e ex-docente da Universidade da Coruña Pilar García Negro.
UvigoTV.
O Concello de Lalín celebrará o Días das Letras Galegas domingo cunha Mesa Redonda en liña ás 11.00 h da mañá sobre a figura de dous destacados persoeiros lalinenses, Ramón Mª Aller Ulloa e Daniel Varela Buxán, que escribiron boa parte da súa obra na nosa lingua, na que tamén haberá referencias a Ricardo Carballo Calero. Tomarán parte nela Daniel González Alén e Cecilia Doporto Regueira, coa condución da concelleira de Cultura, Begoña Blanco. A mesa redonda retransmitirase en aberto pola canle YouTube do Concello.
Canle de YouTube do Concello de Lalín.
Como parte dun programa máis extenso de actividades o Concello de Viveiro, a través da súa sede virtual subirá o luns, 18 de maio, ás redes un vídeo no que o Cronista Oficial do Concello de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, realizará unha achega á vida e obra de Ricardo Carballo Calero. A celebración deste Día das Letras Galegas rematará o martes, 19 de maio, co vídeo dramatizado sobre o autor homeaxeado que realizará Suso Martínez. As actividades organizadas polo concello comezarán o propio Día das Letras Galegas e prolongaranse durante tres xornadas, nas que diferentes personaxes da vida cultural de Viveiro farán unha homenaxe, dende a súa arte, ao autor ferrolá.
Viveiro. Día das Letras galegas 2020.
A radio e televisión públicas de Galicia tamén inclúen na súa programación contidos para achegarse ao autor homenaxeado. Arredor do Día das Letras, Televisión de Galicia ofrecerá unha biografía de Carvalho Calero nun especial Contraportada e un Zigzag das Letras debullará a vida e a obra do autor. Este monográfico acompañarase de imaxes de arquivo e do testemuño de numerosos convidados, entre amigos, familiares e alumnos do intelectual ferrolán.
Día das Letras galegas en TVG.
Coa colaboración da Real Academia Galega, os Concellos de Sanxenxo e de Vilagarcía de Arousa farase o i vindeiro día 17 tamén en vivo unha retransmisión ás 19:00 horas por internet a través da plataforma Emitimos.com dun concerto da formación Onte e Hoxe no que tamén participarán Lucía Rodríguez presentando; Carlos Yus, de Migallas Teatro; Mariña Area recitando e Francisco Fernández Rei pola RAG que falará de Carballo Calero.
Emitimos.com.
As Bibliotecas públicas ofrecen recursos documentais e programan accións
As Bibliotecas Públicas de Galicia xestionadas pola Xunta súmanse aos actos para renderlle tributo a Ricardo Carballo Calero. Neste contexto, as bibliotecas ofrecen durante esta semana diversas actividades a través das súas redes sociais e páxinas web.
Na fin de semana das Letras, a Biblioteca Pública de Ourense une esta celebración coa festa dos maios e compartirá nas súas redes unha creación floral dedicada ao ferrolán. Así mesmo, ofrece unha exposición dixital de obras do intelectual titulada Lembrando a Carvalho, e outra mostra virtual na que se lembra a autores que escriben en galego baixo o título As nosas letras, os nosos autores.
Rede de Bibliotecas Da Xunta.
Contacontos e xogo virtual
O 16 de maio, sábado o Concello de Zas organiza para os máis cativos da casa unha sesión de contacontos dende a páxina de Facebook do Concello de Zas. Na función virtual que leva por título Lilí Gruyère en directo!, a ratiña de Trinke Trinke Teatro fará referencia a Ricardo Carballo Calero. A sesión retransmitirase en directo dende a páxina de Facebook do Concello de Zas o próximo sábado 16 de maio ás 12:00 horas. Por outra parte, ao longo destes días pendurarase das redes sociais do Concello información sobre Ricardo Carballo Calero co fin de dar a coñecer entre a veciñanza a súa vida e a súa obra.
Facebook Concello de Zas.
A profesora Patricia Sánchez, ven de presentar no seu blog A fiestra da mestra, un exercizo en forma de xogo de aventuras virtual para "rescatar as Letras galegas" coma se fose un dos coñecidos escape rooms. Con el pretende animar a participara a alumnos do derradeiro curso de primaria e secundaria, para que se acheguen a coñecer aa vida y obra do escritor conmemorado.
Patrifulca XOGO Letras 2020.