Logo de anos de demora, a Real Academia Galega apostou finalmente por conmemorar en 2020 a Carballo Calero co DÃa das Letras Galegas. Longamente reivindicado por grande parte do mundo da cultura, en especial polo sector reintegracionista, a conmemoración chega ao autor ferrolán con ánimo de recuperar e normalizar a súa figura sen obviar os aspectos máis conflitivos.
Un total de 21 votos a favor, un voto en branco e outro en contra, do total de 30 cadeiras ocupadas no plenario da RAG elixiron o sábado 22 de xuño a Ricardo Carballo Calero como homenaxeado no DÃa das Letras Galegas 2020. A conmemoración chega logo de dez propostas no seo da propia Academia, a primeira datada en 2005, e coincide ademais cos 30 anos da morte e os 110 anos do nacemento do autor e investigador homenaxeado. O presidente desta institución, VÃctor Freixanes, salienta a idoneidade do momento para esta dedicatoria. "HabÃa unha demanda social obxectiva, e a Academia era consciente de que habÃa que enfrontar esta figura e non se podÃa adiar máis. Este duplo aniversario parecÃa unha boa oportunidade para o pór en valor. Nos últimos tempos traballouse moito o consenso na institución. Eu non podÃa aceptar que houbese liortas ou labazadas na cara de Carballo Calero porque non o merecÃa. Conseguiuse ese consenso importante e saÃu na primeira votación sen discusión. Era algo que habÃa que abordar, habÃa consciencia na Academia de que se daba unha inxustiza". As coñecidas posicións reintegracionistas de Carballo e o seu enfrontamento con sectores importantes da cultura do paÃs foron durante anos un foco de polémica que dificultou en grande medida que este recoñecemento chegase antes.
Méritos
Os méritos de Ricardo Carballo Calero para merecer a homenaxe da Academia son sobrados. Nos puntos de encontro máis claros está a importancia do seu traballo filolóxico á hora de fixar o canon da nosa literatura e mais nas súas análises sobre a lingua. Se ben Freixanes recoñece que "o que máis se está a discutir agora é o seu posicionamento ortográfico, a Academia considera o conxunto de Carballo Calero. É toda unha vida dedicada á lingua e á cultura, e tamén á identidade polÃtica do paÃs. A súa biografÃa é a biografÃa do galeguismo ao longo do século XX. Logo hai un traballo ao longo da posguerra e da represión que me parece extraordinario que é o labor arredor da gramática da literatura galega contemporánea". Neste sentido, cabe agardar que a celebración do vindeiro ano estea marcada pola importancia da filoloxÃa na nosa cultura, de xeito similar á celebración da etnografÃa que veu determinada pola conmemoración de Antón Fraguas. O seu exemplo de compromiso galeguista aparece como o outro grande eixe da conmemoración, e estes focos semellan imporse mesmo á súa importancia como creador literario. "A Historia da Literatura Galega é un traballo dunha erudición, dedicación e dunha entrega ao paÃs enorme. E o mesmo coa súa Gramática del gallego común, aà moitos atopamos o primeiro achegamento ao galego culto. E logo todos os traballos que fixo de ferramentas de apoio á lingua, como os seus libros sobre Prosa Galega. Hai un traballo de crÃtico, historiador da literatura, filólogo e lingüista impresionante", explica Freixanes. "Como poeta é un poeta esixente e culto, ten unha calidade literaria obxectiva. Da novelÃstica a que máis me interesa é Scórpio, e tamén é un home cunha produción teatral que haberá que revisar no seu contexto histórico. E logo está o seu posicionamento militante a prol da integración da lingua galega na familia portuguesa".
A cuestión ortográfica
No entanto, non cabe dúbida que nas homenaxes e lembranzas sobre o autor vai estar moi presente a proposta sobre a lingua que defendeu na súa última etapa. "O lusismo de Carballo non é unha anécdota para nada. É unha posición moi meditada pola súa banda, de madurez. Chega a iso ao final da súa vida logo dunhas reflexión sobre a lingua e as relacións do galego co portugués e o brasileiro. Esta postura non foi aceptada no seu momento e derivou tamén en desencontros persoais. Pero desde logo é unha cuestión de moito calado. Tivo un posicionamento que o distanciou do que daquela era a polÃtica dominante dentro a cultura, nun momento no que o tema da ortografÃa estaba moi encirrado" explica o presidente da RAG. "Hoxe afortunadamente o tema da lingua e da ortografÃa é moito máis calmo, pódese falar das cousas cunha tranquilidade que non habÃa antes. Entón este 2020 pode ser un ano de oportunidade para abordar estas cuestións. A Academia desde logo está decidida a que nas conmemoracións arredor da figura de Carballo estean todas as voces que queiran estar, dentro do respecto ás posicións contrarias". Nese sentido advirte que nas homenaxes terá o seu peso a posición reintegracionista de Carballo. "A vocación da academia é que todas as voces que teñan algo que dicir o digan, e que se poidan abrir foros, sobre todo arredor do simposio que se celebrará sobre el, para que se poidan expresar con argumentos e documentación sobre o tema da ortografÃa e a relación do galego coa familia luso-brasileira que tanto tratou Carballo. Pero que iso non oculte outros valores da súa figura".
A vida dunha xeración
Carballo presenta unha biografÃa en grande parella ás de moitos dos galeguistas do seu tempo e con moitos puntos de encontro coa do seu predecesor na celebración, Antonio Fraguas. Nado en Ferrol en 1910, iniciouse xa moi novo na creación literaria, cos seus primeiros poemarios en castelán publicados xa en 1928 Trinitarias e 1932 (La soledad confusa). Xa desde a universidade iniciou un intenso labor polÃtico nas coordenadas polÃticas do galeguismo. Licenciado en Dereito e en FilosofÃa e Letras, foi esta segunda carreira a que marcou a súa vida. Membro destacado do Seminario de Estudos Galegos e cofundador do Partido Galeguista, publicou antes da guerra os seus dous primeiros libros de poesÃa, Vieiros (1931) e O silencio axeonllado (1934) ademais de numerosos artigos, e chegou a elaborar o anteproxecto do Estatuto de AutonomÃa de 1936 canda a Lois TobÃo. A súa participación na Guerra Civil no bando republicano, onde chegou ao grado de tenente, levouno a prisión ata 1941. Represaliado e afastado da función pública foi no ensino privado, no colexio Fingoi de Lugo, onde desenvolveu o seu traballo durante quince anos. En paralelo, iniciou as súas investigacións sobre a literatura galega e comezou a súa colaboración coa editorial Galaxia. Deste perÃodo é tamén a súa novela A xente da Barreira (1951). Logo de ingresar en 1958 na RAG, en 1963 publicou a obra pola que é máis recoñecido. A Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936 supuxo un fito no coñecemento sistemático das nosas letras e na constitución do canon literario do paÃs. Dous anos despois puido voltar ao ensino público en Compostela, e neste perÃodo iniciou tamén o seu labor como profesor universitario impartindo as primeiras aulas de galego na Universidade de Santiago de Compostela. En 1966 publicou a súa Gramática elemental del gallego común, unha obra de referencia para a nosa lingua. En 1972 obtivo a primeira cátedra de LingüÃstica e Literatura Galega da institución. Como presidente da Comisión de LingüÃstica da Xunta Preautonómica, participou da elaboración, en 1979, dunhas Normas Ortográficas do Idioma Galego que marcarÃan a coñecida como normativa de mÃnimos. Nesta época, e ante o momento no que o galego Ãa comezar a se impartir de xeito sistemático nos centros de ensino público, Carballo considerou que era o momento de apostar por unha escolla gráfica coherente co portugués para a nosa lingua. A elección final da proposta normativa do ILG-RAG como oficial no Estatuto de AutonomÃa situouno como un dos principais representantes da corrente reintegracionista. Membro de honra da Associaçom Galega da LÃngua (AGAL), defendeu esta proposta en diferentes foros e publicacións, e foi por entón cando comezou a grafar o seu apelido como Carvalho. Xa nesta etapa, foi nomeado membro ordinario da Academia das Ciências de Lisboa e recibiu a medalla Castelao en 1984.
A nivel literario a partir dos anos 50 en que recuperou a súa actividade, mativo un especial interese no campo da poesÃa, con tÃtulos como Poemas pendurados dun cabelo (1952), Salterio de Fingoy (1961) ,Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) ou Reticências... (1986-1989). Canda a isto, foi o teatro o xénero polo que apostou máis decididamente, a asinar obras como O fillo, escrita en 1935 e publicada en 1982, A sombra de Orfeo (escrita no 48 e publicada no 71), a Farsa das zocas, aparecida no 63, o Auto do prisioneiro (1970) ou Os xefes (1982). A nivel narrativo, foi Scórpio (1987) a súa principal e tardÃa achega, unha novela xeracional con elementos biográficos. No entanto, foi no ensaio onde desenvolveu o groso do seu traballo, con obras tanto sobre literatura (Sete poetas galegos (1955), Sobre lingua e literatura galega (1971), Estudos rosalianos (197i), ou Estudos e ensaios sobre literatura galega (1989)), como sobre lingua, con textos como Problemas da lÃngua galega, 1981, Da fala e da escrita (1983) ou Do Galego e da Galiza (1990).
A memoria
Desde o seu falecemento en 1990, foi o movemento reintegracionista o principal soporte da súa memoria, coa erección dunha estatua coa súa efixie en Compostela, a reedición das súas obras e de estudos, exposicións e eventos sobre a súa figura, ademais de continuas reclamacións de que se lle dedicase o DÃa das Letras. No entanto, moitos dos seus traballos están na actualidade descatalogados e a súa figura pode ter caÃdo nun certo esquecemento no marco do mundo cultural do paÃs. "De certo é un grande descoñecido para a maiorÃa da poboación. Esta resulta unha oportunidade para revisar e repasar non só os aspectos máis intensos e polémicos da súa carreira, senón ver toda a entrega desa xeración á cultura galega".
As primeiras propostas para 2020
Dentro das conmemoracións xa anunciadas, de novo o reintegracionismo reivindica o seu papel de custodio da memoria do persoeiro, e a Associaçom Galega da LÃngua anunciou xa a realización dun vindeiro documental sobre a súa figura, a posta en marcha dun portal web con recursos sobre o mesmo e a publicación de varios libros, entre eles a reedición de Scórpio, unha escolma poética e o lanzamento dunha banda deseñada sobre o homenaxeado. Galaxia, á que estivo vencellada Carballo durante os primeiros anos da editora, adiantou xa que recuperará a "obra histórica" do autor, descatalogada desde hai anos, e anuncia ademais unha biografÃa no marco da colección Letras Galegas. Pola súa banda, no nome da Comissom Carvalho Calero, Bernardo Máiz, Xosé MarÃa Dobarro, Xosé Manuel Pazo e Vitor Santalha publicaron tamén un escrito a lembrar a reivindación que desde hai anos diferentes sectores da sociedade manteñen para que se lle dedique o DÃa das Letras e adiantan que a editorial ferrolá Embora publicará en breve a obra Hei de entrar no meu povo. Reivindicarmos Carvalho Calero. Desde a RAG, Freixanes apunta que "o eixe da celebración vai ser un pouco o que a propia sociedade vaia demandando. O dÃa das letras é unha proposta razoada e madura que fai a Academia e logo a propia sociedade a desenvolve desde perspectivas diferentes. Hai debates que non meterÃa no ámbito do ensino, pero na reflexión adulta, cientÃfica e literaria sobre o idioma teñen que estar todas as posicións presentes".