Este venres remata a primeira campaña arqueolóxica no Castelo de Lobarzán e no castro da Ceadá das Laxes das Chas e VÃctor RodrÃguez Muñiz, o director da intervención arqueolóxica, está máis que satisfeito. "Sen dúbida ten potencial para ser un dos buques insignias da historia do Alto Támega". Quédanlles catro anos para debullar no interior dun sitio arqueolóxico fascinante que á vez é enorme reto arqueolóxico. "Temos catro mil anos de ocupación humana máis que certificada", asegura o arqueólogo, que traballa ao abeiro dun convenio entre os concellos de OÃmbra, Monterrei e a Universidade de Vigo que conta con financiamento do Grupo de Desenvolvemento Rural da zona.
Nas cinco hectáreas e media deste conxunto de xacementos arqueolóxicos ubicados por riba da autoestrada A-52 ao seu paso por Monterrei poden atoparse elementos abraiantes. Un dos máis chamativos é a incrible abundancia de fragmentos de cerámica do CalcolÃtico, hai catro mil anos, moita dela xa localizable a simple vista. "Temos unha enorme área de dispersión con cerámicas con decoración do momento, como reticulados, serpenteados, unha das maiores concentracións de cerámica tipo Penha que teña visto. Está ademáis mesturada na zona de excavación, en case todos os abrigos rochosos da contorna". O abraiante é que esta enorme cantidade de fragmentos se mestura con material de época romana e mesmo de época medieval.
E, por riba, os arqueólogos documentaron tamén as primeiras pinturas rupestres de arte esquemático localizadas sobre granito en Galicia. "O abrigo encádrase na categorÃa de lugares ocultos, de acceso difÃcil e incluso perigoso", sinala a profesora da Universidade de Vigo Bea Comendador, especialista en arte rupestre, e pode estar relacionada con toda esa cerámica prehistórica e coa infinidade de pedras con petróglifos de coviñas que se localizan en toda a área. Un dos motivos representa mesmo unha figura antropomorfa.
Os arqueólogos traballaron ao redor das dúas fortificacións que se localizan nos outeiros. Unha delas é un gran castro no coñecido como o Outeiro da Cerca ou da Ceadá, un asentamento rodeado dunha gran muralla pétrea na que os materiais que aparecen xa son directamente romanos. "Polo momento non localizamos material da Idade do Ferro", sinala VÃctor RodrÃguez, "iso mesmo sucede noutros castros da contorna". Pola contra, a presenza romana está testemuñada por unha chea de material como restos de tegulas, sen que polo momento sexa posible precisar máis a cronoloxÃa.
Unha necrópole medieval
O sorprendente é que dentro do propio castro aparece tamén un elemento insólito. Unha serie de sartegos en pedra de época medieval que inducen a pensar en que cando menos na zona debeu existir algún tipo de "conxunto relixioso, ou mortuorio, tipo capela". Os arqueólogos conduciron unha das catas xusto nesa zona, onde se puido localizar un sartego máis e unha "estrutura cadrangular con aparello ciclópeo", indica Muñiz. É dicir, a estrutura aproveita grandes bolos granÃticos aos que lle dan forma para poder encaixar. "Polo material vinculado á construción pode ser algún tipo de edificación tardorromana ou medieval que sen dúbida reemprega elementos de época imperial romana". AÃnda non é posible determinar a funcionalidade dese edificio.
Máis alá o equipo despezou a zona do coñecido como Castelo de Lobarzán, unha fortificación ben coñecida de época medieval, derrubada a mediados do século XV. Simplemente a limpeza permitiu revelar recintos ata o momento non apreciables pola mesta vexetación, como un espazo murado cun patio dentro e, de novo a abraiante mestura de tempos e técnicas de Lobarzán, "unha estrutura a modo de depósito de época romana integrada no recinto medieval". Esta estrutura, conservada aÃnda con certa altura, conta con muros de morteiro que poden ser datados, algo que o equipo pensa facer para determinar a súa procedencia. Na zona superior, unha pequena cata na zona dunha das torres amosou o nivel de arrasamento do edificio, pero nel apareceu unha pequena xerriña, case enteira, moi semellante ás atopadas en Santa Mariña de Augas Santas.
Durante a intervención tamén apareceu unha laxe cunha gravura medieval que remite a unha forma coñecida, o xogo coñecido como alquerque, tamén presente en laxes doutros castelos galegos. Curiosamente, a súa forma coincide coa sinatura dun notario local da época conservada nos documentos medievais.
Que é o que fai que nun espazo tan concreto se observe tanta densidade histórica? "Pode ter sido determinante a situación do lugar", explica VÃctor RodrÃguez, "isto é un esporón da penichaira entre Oimbra e Monterrei cara o val do Búbal e Támega, cun control visual absoluto da contorna. Isto tivo que ser un factor de atracción para calquera momento histórico".
VÃctor RodrÃguez salienta que a intervención deste ano foi unha primeira toma de contacto cun xacemento de enorme complexidade pola cantidade de épocas que atinxe e as numerosas preguntas que pon sobre a mesa. "Temos catro anos con posibilidade de ampliación", sinala o arqueólogo. Neles, ademais da investigación, está prevista a posta en valor de todo o espazo arqueolóxico, como sinalética e paneis explicativos. E todo parece indicar que ao equipo non lle vai ser doado resumir o xacemento en tan poucos caracteres.