A innovación e a creatividade que o movemento Nunca Máis e a Burla Negra achegaron á sociedade galega deixáronse sentir en múltiplos ámbitos. Na ollada atrás que propón o proxecto Unha gran Burla Negra sobre este tempo mestúranse na percepción colectiva elementos a reivindicar canda a sensacións de derrota. E, de fondo, a cuestión de como se vai transmitir a memoria destes acontecementos de cara ao futuro.
O proxecto Unha gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige [2002-2019], que recupera a memoria da reacción social á catástrofe do petroleiro e ás circunstancias polÃticas do momento, pretende ser máis do que unha serie de actividades de lembranza. Segundo explica Jorge Linheira, un dos promotores da iniciativa "con isto queremos xerar o relato do que aconteceu. É algo no que estamos moi interesados. Tentamos crear esta memoria contemporánea da catástrofe e conseguir a súa transmisión. Estaba por facer un relato social sobre isto, e tiñamos claro que era necesario. Se non se crea un relato, esta memoria pérdese ou córrese o risco que o creen outras partes interesadas en desvirtuar o que pasou, como a dereita".
As historias
A recepción que está a ter a iniciativa evidencia ata que punto estes acontecementos marcaron a sociedade no seu conxunto e tamén, de xeito individual, a diferentes persoas que participaron daqueles feitos. "É moi común atoparmos xente que o viviu como algo que lles marcou a vida e que os mudou en certos aspectos, tanto no caso dos que estaban máis comprometidos a nivel polÃtico e social como os que non. En xeral vese como un momento clave, ao igual que outras xeracións vemos a experiencia do 15M". A apoiar esta idea, Linheira salienta que "durante o Foro Negro puxemos un posto para que a xente contase a súa experiencia, e apareceron historias do máis interesante. Todo o mundo sumou e achegou algo a aquel movemento".
As innovacións
Como peculiaridades a mobilización social e cultural en torno ao Prestige, foi para este investigador "un movemento pioneiro que amosou a capacidade da cultura como ferramenta de mobilización cidadá e de acción colectiva nos procesos de transformación social". Entre as achegas pioneiras do mesmo apunta "a espectacularización da protesta. Deuse unha explosión creativa aplicada á mobilización social que fixo que moita xente se sentise interpelada a participar nas accións que encheron o paÃs. A manifestación das maletas, o velorio do mar, a cabalgata dos Reis Magos en Vigo ou os concertos expansivos, que reuniron no mesmo momento máis de cen recitais por toda Galicia, son algunhas accións de todo un lote que hai que pór en valor e que amosan que estabamos á vangarda de moitas cousas".
Antecedente e precedente
Malia a que esa capacidade de autoorganización supuxo unha sorpresa para grande parte da sociedade, os promotores do proxecto destacan o seu vencello con anteriores propostas de acción colectiva no paÃs. "Pódese vencellar cos movementos que se deron na transición, onde houbera mobilizacións moi potentes arredor das Encrobas ou Baldaio, por exemplo". En paralelo, apuntan a importante carga de innovación que supuxo esta proposta. "Nunca Máis foi o primeiro movemento do século XXI que se deu no Estado Español. Despois veu o Non á Guerra, a resposta aos atentados do 11M, máis adiante o 15M e agora o 8M, que é na actualidade o movemento social máis importante en activo", destaca Linheira.
Conexións entre culturas
Entre as mudanzas que provocaron as mobilizacións arredor do Prestige estivo tamén o pór en contacto diferentes ámbitos da cultura. "Foi un momento no que se coñeceu moita xente e todo o mundo compartÃa espazos, con propostas como a carpa do PaÃs de Nunca Máis. Isto deu paso a moitas sinerxias e traballo conxunto, que logo se tentaron artellar na plataforma Arredemo". AÃnda que esta finalmente non se chegou a consolidar como ferramenta para coordinar a cultura de base do paÃs, o conxunto "foi para moita xente a súa principal experiencia polÃtica e lles permitiu achegarse a outras culturas". De xeito similar, "foi un momento no que a cultura popular e a letrada Ãan xuntas co obxectivo de limpar o chapapote e mais a manipulación polÃtica e informativa. Isto contribuÃu a marcar a fin do réxime de Fraga". Nese sentido apunta como exemplo que "foi a primeira vez que o Consello da Cultura, que mantivera sempre unha posición moi neutral, se amosou crÃtico co poder, cun comunicado que fixo aos poucos dÃas de comezar a crise polÃtica". Linheira ten claro que, sumado a outros factores como foron os atentados do 11M ou o propio desgaste de Fraga, o movemento trouxo un cambio polÃtico. "O resultado foi algo impensable poucos anos antes e deu a opción de pensar outra idea de paÃs".
Olladas vellas e novas
Ollado deste agora, e para alén da importancia que aqueles feitos tiveron para os participantes, son moitos os testemuños nos que ficou unha sensación de derrota. "Carlos Blanco dicÃanos que despois do Nunca Máis, hoxe seguimos igual. Continuamos co rexionalismo populista e conservador do PP en Galicia, e a idea de que o bipartito non foi todo o que puido ser. Hai sentimentos encontrados", salienta Linheira. "Outra xente apunta que se houbese outro Prestige voltarÃa acontecer o mesmo nas nosas costas e no noso ecosistema mariño". Malia a isto, "en xeral a recepción está a ser moi boa", e a experiencia esperta interese tamén entre aquelas persoas que non chegaron a participar naqueles eventos. "Tal vez nalgunhas actividades estanos costando chegar a esa xente nova, pero presentamos o proxecto a alumnos de Historia do Arte nados na segunda metade da década dos 90, e sumáronse trece persoas. Polo tanto, creo que unha vez que a xente desa franxa idade coñece o proxecto, resúltalle do máis interesante".