Non cabe dúbida de que o movemento social e cultural que se deu a partir da catástrofe do Prestige foi un punto imprescindible para comprender a Galicia do comezo do século XXI. No entanto, estaba por construír aínda o relato sobre unha experiencia que involucrou milleiros de persoas de todo o país e que mudou o xeito de nos mobilizar. Dezaseis anos despois, o proxecto Unha gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige [2002-2019] percorre o país e nos convida a reflexionar sobre o que supuxo aquel proceso.
Todo comezou coa publicación de La cultura como reserva india, o libro no que Jorge Linheira analiza a política cultural da Galicia autonómica. Como non podía ser doutro xeito, no volume hai un epígrafe dedicado ao período da Burla Negra e de Nunca Máis. As entrevistas que contribuíron a conformar a obra amosaron a especial percepción que existe sobre este período. "Ao falar coa xente apareceu a sensación compartida de que non había un traballo de memoria arredor deste momento, faltaba un arquivo onde preservalo", sinala o autor. "Entón, a falar con outra xente como Germán Labrador, da Universidade de Princeton, Miguel Anxo Rodríguez da Universidade de Santiago ou o comisario de exposicións Daniel López Abel saíu a idea de pór a disposición do público todo este material. Pensamos que cumpría pór en valor todo o que aconteceu entón". Como perspectiva común "tiñamos claro que aquel foi un momento cultural e social que había de difundir", lembra Linheira. Ao seu ver, o movemento da Burla Negra e de Nunca Máis arredor da catástrofe do Prestige foi "dun voluntarismo e dunha emerxencia desbordante. Todo o mundo vía como o petróleo chegaba ás nosas costas e ao tempo toda a manipulación política e informativa. Iso acabou por xuntar a cultura popular e a letrada nun só obxectivo".
Un proxecto multilocalizado
Para concretar este labor, o grupo promotor deseñou, baixo o título Unha gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige [2002-2019] un ambicioso programa que inclúe exposicións, conferencias, mesas redondas, obradoiros, un arquivo e mesmo un documental. Un complexo ecosistema de accións que ademais transita entre Santiago de Compostela, A Coruña, Rianxo, Muros ou a Pobra do Caramiñal. "O propio movemento orixinal estivo moi descentralizado e foi moi horizontal. Resultou moi polifónico e con moitas accións", lembra Linheira. A imitación do mesmo, aínda que "sen chegar a tanto" nesta rememoración "tentamos que houbese algo daquilo. E penso que estamos a conseguir tocar varios aspectos que tiñamos claros". Neste labor, conseguiuse o apoio de diferentes administracións. "Contamos coa Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Universidade de Santiago, a de Princeton ou o Auditorio de Galicia. Atopamos entidades que apostaron polo proxecto, pódese comprobar facilmente que non hai ningunha xestionada polo PSOE nin polo PP", apunta o coordinador.
O momento
Fronte aos aniversarios redondos, o equipo promotor apostou por desenvolver o proxecto cando se fan 16 anos da catástrofe. "Gustábanos xogar con iso no canto dos 10, 15 ou 25 anos que adoita conmemorar a clase política", explica Linheira. A presentación de Unha gran burla negra foi o pasado mes de novembro en Compostela. "Comezamos o día 23, a coincidir coas datas e o lugar nas que nacía en 2002 a Plataforma Contra a Burla Negra". Unha exposición de paneis sobre o proxecto, unha conferencia do investigador da universidade de Princeton Germán Labrador e mais unha mesa redonda sobre A acción creativa nos procesos de mobilización social e política, con Julia Ramírez Blanco, María Ruido e Tono Carbajo marcaron a posta en marcha da iniciativa. O web da iniciativa recolle os vídeos daquela xornada.
Documental
"Unha semana despois estreamos na Pobra o documental que estamos a elaborar con imaxes da época e as declaracións actuais de xente que participou no movemento e ás que entrevistamos". Esta proposta, coordinada por Caneca Films, continúa a se desenvolver. "É un proxecto en evolución. Presentamos unha curta pero a idea é que acabe por ser unha longametraxe, continuamos a facer entrevistas, aínda hai pouco a Xurxo Souto e Xosé Manuel Pereiro".
No mesmo encontro desenvolveuse unha mesa redonda centrada na problemática ambiental que implicou a marea negra e que analizou tamén as mudanzas que se deron desde aquela neste campo. Diego Vázquez, Paula Méndez Fernández, Toño Acuña e Xaquín Rubido Muñiz, foron os relatores neste evento.
Foro Negro
De volta en Compostela, o día 16 de decembro celebrouse o III Foro Negro da Cultura, a recuperar o nome dos encontros de reflexión que desenvolvía a Burla Negra. Con esta acción "tentamos crear un espazo de encontro para o sector cultural como hai quince anos. Pasou o tempo pero seguimos a demandar unha política cultural democrática digna de tal nome. Semella que estamos igual que entón e en moitos aspectos mesmo peor", denuncia Linheira. O encontro, que integraba aspectos artísticos e creativos con debate, convidaba a "celebrar o pasamento da cultura tras estes anos de gran Burla Negra en Galicia". Un "ritual funerario de tránsito", "obradoiros de Abellón (ritual fúnebre sonoro), Vudú (confección de bonecas de poder), os rituais Alén da palabra e Esquizoanálise GZ" ou "o Grimorio do Foro Negro" foron as accións que precederon a asamblea Foro Negro da Cultura e o funeral solemne.
A etapa coruñesa
O ano novo levou o proxecto á Coruña, onde unha conferencia de Amador Fernández Sabater o día 11 de xaneiro abordou o concepto de revolución cultural. "Un dos obxectivos das charlas é que nos proporcionen certo marco teórico e fíos dos que tirar sobre este movemento. Todo o que aconteceu nos meses posteriores ao Prestige foi unha revolución cultural. Trouxo unha cultura nova que acompañou o movemento ecolóxico, cooperativo, horizontal e de protesta. Pero iso non se chegou a consolidar no imaxinario popular como si fixeron outros movementos similares". Así, "esta revolución non chegou a estar acompañada dunha evolución cultural", explica Linheira.
A seguir, o día 17 abriu no Palexco Máis Nunca Máis, unha mostra que recupera imaxes e produción cultural da época, neste caso comisariada por Radio Buguina e que se pode ver ata o vindeiro 3 de marzo. "Contamos con xente como Pepe Galán que estiveron moi activos naquela época e decidimos cederlles a coordinación deste espazo expositivo", lembra o coordinador. O evento estivo acompañado dunha mesa redonda na que participaron Manuel Rivas, Uxía Senlle , Felipe Louzán e Suso de Toro como implicados no movemento no seu día. Outra mesa, o día 24 no Pazo de María Pita, abordou da man dos xornalistas Xosé Hermida, Comba Campoi e José Precedo a cuestión O Nunca Máis coma fin do réxime fraguián. Dezaseis anos dun vergoñento consello de ministros. "Foi a coincidir co aniversario daquel consello de ministros extraordinario con Aznar e Paco Vázquez a actuar como anfitrión".
En marcha
Como última acción ata o momento, no marco do proxecto da compostelá Igrexa da Universidade abría o pasado 29 de xaneiro a exposición Unha gran burla negra. Arquivo vivo. Esta proposta comisariada por Miguel Anxo Rodríguez e Daniel López Abel poderá verse ata o vindeiro 16 de marzo e parte, ao igual que a mostra da Coruña, do arquivo que a editorial ourensá Difusora empregou para desenvolver a publicación Nunca Máis. A voz da cidadanía en 2003. A maiores, fondos da Asociación Cultural Benito Soto (paraugas legal da Plataforma contra a Burla Negra), Arredemo, o Foro Negro, a coordinadora do ensino Area Negra e outros colectivos e persoas repasan visualmente a historia daquel momento.
Continuacións
Para o 9 de marzo está prevista a visita do proxecto a Rianxo, onde se desenvolverá unha nova mesa redonda e outra exposición. "Todas as mostras teñen elementos específicos pero sempre van aparecer cousas comúns, como a manifestación dos paraugas do 1 de decembro que foi un fito histórico. Foi a primeira vez que a AP-9 erguía as barreiras da peaxes. Resultou toda unha performance colectiva e espontánea que veu motivada polo feito de que chovía", salienta o coordinador. Para o verán a iniciativa estará tamén presente no programa Muros mira ao mar.
Propostas a medio prazo
Para alén de completar o documental, Unha gran burla negra quere continuar o labor de arquivo do material que se xerou naquel movemento. "A nivel persoal paréceme o máis potente do proxecto. A idea é que se poida acceder a todos os materiais que xurdiron entón e que o fondo se vaia actualizando con achegas de persoas individuais e colectivos" que se custodiarán na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago. Canda a isto, o propio web da iniciativa está a compilar documentos e material da época. "Moita xente nos di que ten fondos que achegar. Mesmo desde Barcelona, onde houbo moito movemento, nos chegaron avisos de persoas que están a compilar material. Tamén hai moitos testemuños de xente que nos di que ao longo dos anos perdeu cousas que tiña gardadas. Precisamente Un dos nosos obxectivos é que isto non aconteza". Canda a isto, o lanzamento dunha publicación a repasar todas as accións deste proxecto son outras propostas que se queren desenvolver en vindeiros meses. A loita contra o esquecemento continúa.