O proxecto Unha gran burla negra recupera a loita cultural sobre o Prestige

A iniciativa analiza con foros e exposicións o movemento que xurdiu da catástrofe

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
O proxecto Unha gran burla negra recupera a loita cultural sobre o Prestige

Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002 – 2019) é o nome da iniciativa que se presenta o vindeiro 23 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. A proposta, que inclúe a celebración do III Foro Negro e unha grande exposición, ademais de diferentes contidos web, quere compilar as iniciativas culturais que se desenvolveron a partir da catástrofe do Prestige, hai agora 16 anos. Segundo explica o propio web do proxecto, este "quere reflectir sobre as experiencias de creatividade civil e popular que se deron dende o outono do 2002 e que foron un levedo para outras formas de cultura e organización política que virían a reproducirse nos anos seguintes, no eido das protestas paficistas e ecoloxistas primeiro e, despois do 15-M de 2011, nas novas formas de pensar a mobilización, a crítica, a cooperación, a solidariedade, a xestión cooperativa das cidades e o coidado do medioambiente".

Como primeira propostas, desde o 19 de novembro de 2018, aniversario do afundimento do Prestige, e ata o 8 de xaneiro do 2019, o corredor principal do Auditorio de Galicia acollerá unha serie de paneis informativos sobre o proxecto. O día 23 a presentación da iniciativa contará cunha conferencia de Germán Labrador e unha mesa redonda con varios especialistas. Posteriormente, para o vindeiro día 15 de decembro está previsto que se celebre neste local o III Foro Negro.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

A pegada creativa do Prestige

A pegada creativa do Prestige

A exposición Sempre Máis reivindica o valor da creatividade vencellada ás mobilizacións contra a catástrofe ambiental de 2002

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, Burla Negra, Exposicións, Auditorio de Galicia...