A medio camiño entre a arte e a ciencia, os mapas son desde hai milleiros de anos unha das creacións máis particulares da humanidade. Ferramentas para navegar e para coñecer o noso contorno, elementos decorativos ou representacións de utopías e mundos imaxinarios, a iconografía desenvolvida arredor destes elementos empregouse e emprégase de múltiples xeitos. Na actualidade, ao abeiro do desenvolvemento da rede e das posibilidades que achegan as tecnoloxías de xeolocalización, os mapas están a se facer máis presentes do que nunca. E entre os ámbitos que están a descubrir as súas posibilidades está tamén a nosa cultura.
Un dos usos máis evidentes que se lles pode dar ao mapas desde unha perspectiva cultural é a xeolocalización de elementos de interese. A seguir o ronsel doutros ámbitos, diferentes iniciativas do noso país, en moitos casos nadas da man da sociedade civil, aproveitan o potencial das ferramentas en liña para situar con coordenadas diferentes propostas. No entanto, as posibilidades van moi para alén de sinalar onde fican os sitios.
Pór os datos no mapa
Situar no mapa os elementos dunha base de datos facilita a súa visualización e pode achegar perspectiva sobre concentración e dispersión territorial do que se está a tratar ou tendencias no xeito no que se distribúa sobre a nosa xeografía.
Nesta liña de traballo cómpre salientar o esforzo de Patrimoniogalego.net, unha iniciativa que leva xa inventariados e xeoreferenciados máis de seis mil elementos que van desde restos prehistóricos ata construcións recentes de interese arquitectónico. O proxecto desenvólvese da man de voluntarios e disponibiliza para Google Earth todos os seus datos.
Mapa de Patrimoniogalego.net para Google Earth
De xeito similar, aínda que a menor escala, diferentes webs amosan no mapa puntos onde se conservan elementos de interese patrimonial.
Para alén do patrimonio histórico, tamén o arquitectónico conta con importantes proxectos de xeolocalización no país. Son os casos de Arquitectura de Galicia, Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia ou o mapa sobre o patrimonio industrial que mantén a asociación Buxa. En todas estas iniciativas, os puntos no mapa achégannos planos, imaxes ou información sobre edificios singulares polas súas características ou a súa historia.
Mapa de Arquitectura de Galicia
Mapa do Proxecto ARGA
Mapa do Patrimonio Industrial Galego. Asociación Buxa
Mesmo patrimonio mergullado como os naufraxios conta tamén con mapas nas redes.
Ruta dos Naufraxios de Camariñas
Mapa de naufraxios da Costa da Morte
Mapa de pecios e naufraxios en Covas. Sociedade Cultural Columba
Capas
Alén da localización de elementos puntuais, ao xeito máis habitual do Google Maps, existen tamén iniciativas que recollen ámbitos de protección ou achegan diferentes capas de información a completan a información patrimonial sobre un territorio.
Catalogación do Patrimonio Cultural da Alta Limia
Nova sobre o catálogo patrimonial da Alta Limia
Patrimoniodecotobade.org
Inmateriais
Obviamente, o que pode semellar máis axeitado para situar sobre un mapa son elementos físicos que se poidan atopar na realidade. Edificios, restos arqueolóxicos, ou elementos do patrimonio natural son algúns dos primeiros que nos veñen á cabeza. Pero non son os únicos, a xeoreferencia achega enormes posibilidades para abordar o patrimonio inmaterial. E, por suposto, unha na que resulta case imprescindible é na análise da toponimia. Este tipo de propostas permiten, por exemplo localizar paralelismos xeográficos entre diferentes topónimos e así buscar explicacións sobre as súas orixes ou comprobar o xeito no que diferentes nomes de lugar se distribúen polo noso país, achegando unha ferramenta de inmensas posibilidades para investigadores e afeccionados.
Mapa de Toponimia da Xunta
Microtoponimia de Muxía
Microtoponimia de Covas. Sociedade Cultural Columba
Galicia Encantada, referente no que a recuperación na rede do noso patrimonio inmaterial se refire, conta tamén co seu propio mapa, no que lista os lugares encantados do noso país.
O mapa como base
Algunhas das propostas levan para alén a xeorreferenciación ata a transformar na base de todo o proxecto. É o caso de Vincios.org, onde un web permite explorar esta parroquia sempre desde a perspectiva do mapa Tentamos pensar como contar un territorio, e aproveitamos mapas, audios ou videos. A xeolocalización pareceunos algo perfecto porque, ademais de consultar, permite que leves o web contigo para coñecer o lugar, explica Joana Covelo, unha das responsables do proxecto.
Vincios.org
Reportaxe sobre Cartografías Sensibles
De xeito similar, Fálame de San Sadurniño tamén aposta por dotar de coordenadas os testemuños, fotografías e materiais que proporcionan os veciños no marco dun proxecto de alfabetización dixital.
Mapa de Fálame de San Sadurniño
Reportaxe sobre
Fálame de San Sadurniño
Escoitar.org resulta unha iniciativa na que a xeolocalización é tamén parte inherente dos datos. Este web convídanos a coñecer paisaxes sonoras de todo o mundo, para o cal obviamente, saber onde foron captadas resulta de especial interese.
Escoitar.org
Reportaxe sobre Escoitar.org
O proxecto O monte é noso_Sachando Procomún tamén aborda diferentes perspectivas sobre os montes comunais referenciando sobre o terreo vídeos, fotografías, audios ou textos que completan o coñecemento sobre estes espazos desde diferentes perspectivas
Mapas de O monte é noso_Sachando Procomún
Reportaxe sobre O monte é noso_Sachando Procomún
Portabilidade = interacción
A portabilidade de dispositivos como teléfonos e tablets preséntase pois como unha das claves evidentes que están detrás das apostas pola xeolocalización. Dotar de coordenadas en liña un punto de interese é nesta altura un elemento fundamental para facilitar a interacción das persoas co mesmo no mundo real. Nesta liña están as aplicacións que se xeran directamente pensadas para este tipo de dispositivos, coa intención de facilitar a visita. Destaca entre estas Leme do Consello da Cultura Galega, que acolle rutas, elementos de patrimonio natural e cultural, equipamentos e datos doutros mapas creados desde esta institución, como o Mapa de Escolas da Emigración.
Leme
Mapa de Escolas da Emigración
Precisamente a localización de rutas sobre o mapa, a ir alén de elementos illados, é unha posibilidade que desde hai tempo está se empregar da man de afeccionados ao senderismo e que levan tamén á cultura propostas como os Roteiros de Culturagalega.
Roteiros de Culturagalega
Roteiros, QR e equipamentos
A darlle unha volta a estas propostas e a incidir na interacción entre rede e mundo físico, en Patrimoniogalego.net apostan por conectar o lugar físico cos datos sobre el depositados na rede. Así, desenvolven unha campaña para situar códigos QR nos diferentes elementos patrimoniais que teñen localizados, de xeito que ao visitalos se pode acceder á ficha que sobre cada un alberga o portal.
A maiores, este web achega tamén outra das posibilidades que están a explorar moitas das propostas culturais de localización no noso país, que é o traballar de xeito aberto e permitir que novas persoas incorporen contidos aos mapas xa existentes.
Para alén do patrimonio ou de espazos que poidan ter atractivo turístico, existen tamén propostas máis orientadas a facilitar a localización de lugares axeitados para desenvolver actividades de todo tipo. É o caso do Mapa de Equipamentos Culturais que desenvolveu o Consello da Cultura Galega, orientado sobre todo a programadores culturais. Co mesmo pódense coñecer os datos técnicos, superficies e equipamento de diferentes espazos disponibles para programar encontros.
Mapa de Equipamentos Culturais
Arte
A vencellar a utilidade con propostas artísticas está, por exemplo,o mapa que desenvolveu Ergosfera na que amosa as cámaras de seguridade que se poden atopar en Compostela. Ademais de explicar onde se sitúan estes elementos, o mapa que elaborou o colectivo no marco do proxecto ZTC amosa áreas que cubren estes elementos de vixilancia. Con esta proposta o colectivo da Coruña chama a reflexionar sobre a privacidade ao tempo que denuncia o control ao que están sometidos os individuos, a miúdo sen ser conscientes.
Mapa de Cámaras de Compostela
Outro xeito de tirarlle partido aos mapas mediante a xeolocalización no campo artístico é a que temos proposto desde Culturagalega.org co Mapa Poético da Costa da Morte. A iniciativa organiza poemas de autores desta área vencellándoos aos espazos xeográficos que se mencionan nos textos. De xeito semellante, a Biblioteca Pública Ánxel Casal de Compostela acolle un roteiro virtual que permite contemplar diferentes espazos de Compostela mentres se escoitan textos ambientados nos mesmos.
Mapa Poético da Costa da Morte
Roteiro Literario por Compostela
Emocións
Tamén as emocións e as percepcións sobre un espazo se poden mapear e amosar así outras perspectivas sobre o mesmo. É o caso, dos mapas subxectivos que os polacos Grubypunkt sobre o barrio de Valadares e a Praza da Princesa en Vigo. As propostas reúnen declaracións, vídeos e lembranzas obtidas a través de conversas sobre estas zonas na procura de historias de xeitos diferentes de as vivir e comprender.
Mapa subxectivo de Valadares
Mapa subxectivo da Praza da Princesa
Para alén do interese artístico que poidan ter, este tipo de iniciativas facilita tamén o deseño de rutas axeitadas a diferentes sensibilidades. Así o empregaron, por exemplo na Mancomunidade de Concellos Arousa Norte no proxecto Mapa Emocional Turístico. Os datos dunha serie de sensores permitiron medir as respostas físicas dos visitantes ante distintos puntos dos roteiros propostos. Deste xeito, xerouse unha representación localizada destas sensacións que permitiu comprobar que espazos provocaban unha maior reacción emotiva.
Mapa Emocional Turístico
Outros
As propostas non fican aí. Desde un Mapa de Festivais, ata propostas de xeolocalización de diferentes especies animais e de biodiversidade ameazada, a pasar por cartografías de filmes caseiros recuperados ou de grafitis. As propostas continúan.
Mapa Festivaleiro de Galiza
Biodiversidade.eu
Reportaxe sobre os catálogos de especies
Mapa de filmes rescatados pola Agrupación Cinematográfica Galega
Mapa dos grafitis de Desordes Creativas
Mapa de Mercados Ecolóxicos