Patricia Torrado faise co LI Premio de Poesía do Concello de Vilalba

A autora recibirá un premio de 7.000 euros en metálico pola súa obra Nakba

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Patricia Torrado Queiruga. Fonte: AELG. Autoría: Distrito Xermar (2022)

Patricia Torrado Queiruga. Fonte: AELG. Autoría: Distrito Xermar (2022)

A sonense Patricia Torrado Queiruga foi seleccionada este 22 de agosto como gañadora do LI Premio de Poesía do Concello de Vilalba. O xurado outorgoulle á súa obra Nakba este galardón, que conta cunha dotación de 7.000 euros en metálico e inclúe a publicación da obra.

A autora gañadora conta no seu haber con outros premios literarios do país como o Certame de poesía Torre de Caldaloba, o Certame de Caligramas Constanza de Castro, o Concurso de Poesía Albariza de Artes-Concello de Ribeira ou Certame Manuel Murguía de narracións breves.

O xurado estivo composto por Darío Villanueva, Ramón Villares, Xulio Xiz, Fidel Fernán, Luz Airado e Andrea Fernández Maneiro, poeta e gañadora da edición anterior.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Vilalba, Xulio Xiz, Andrea Fernández...