Aleixandre Lago gaña o Premio de poesía Concello de Vilalba

O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación da obra

5/9/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello de Vilalba acaba de facer público o fallo do XLIV Certame Literario que leva o seu nome. O xurado seleccionou o traballo que Aleixandre Lago Barcala presentou co título Cartafol de miraxes entre as 58 obras que optaron a se facer co galardón. O gañador recibiu o pasado 30 de agosto o premio, que conta cunha dotación de 7.000 euros en metálico e a edición da obra gañador por parte do propio concello. No acto presentouse tamén a edición do traballo gañador da anterior xeira, a obra Antídoto de Emma Pedreira. O xurado estivo composto por Cheri Grandío, Darío Villanueva, Ramón Villares, Fidel Fernán e Xulio Xiz.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilalba, Poesía, Xulio Xiz, Emma Pedreira...