Xosé Otero imponse no XLII Certame Literario de Vilalba

Recebirá 3000 euros polo seu poemario Telúrica

23/8/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O poeta Xosé Otero Canto, de Outeiro de Rei, resultou vencedor do XLII Certame Literario de Vilalba. O xurado, composto por Darío Villanueva, presidente da RAE, a xefa territorial de Cultura, Carmen Gueimunde, o director de Radio Principal Fidel Fernán, o xornalista Xulio Xiz e o concelleiro de Cultura José Antonio Pita, outorgoulle o primeiro premio ao seu poemario Telúrica. O concello daba a coñecer onte o resultado deste certame, que se presenta como o máis antigo de Galicia, e que conta cunha dotación de 3.000 euros para o primeiro premio. Ademais, a vilalbesa María Xosé Lamas fíxose co segundo premio, de mil euros, polo seu poemario Sonetos preposicionais. A entrega dos galardón celebrarase o vindeiro 30 de agosto no Auditorio Municipal.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilalba, Xulio Xiz, Darío Villanueva

Claves

Lugares