Non hai mapas neutrais. Como calquera outra creación cultural humana, estas representacións tamén carrexan prexuízos, amosan perspectivas e serven a diferentes fins ideolóxicos e políticos. En Galicia tamén temos exemplos de cómo se emprega a cartografía para denunciar problemáticas sociais ou ambientais ou mesmo como ferramenta ante diferentes conflitos.
Quizais o exemplo máis coñecido de como os mapas enganan sexa a proxección Mercator, a máis habitualmente empregada para amosar os mapas do mundo desde o século XVI. A mesma fai aparecer moito máis grandes do que realmente son os continentes do hemisferio norte. Así, neste sistema, Groenlandia semella ter o tamaño de África, cando realmente é catorce veces máis pequena. Do mesmo xeito, diferentes eleccións á hora de elaborar unha destas representacións do territorio poden amosar un mesmo lugar de moi distintas maneiras. Segundo explica Martín Barreiro, arquitecto e autor dunha exhaustiva cartografía do Morrazo que está a empregar no proxecto Camiños Seguros, "aínda que a nivel social se entende o mapa como algo obxectivo que dous técnicos deberían facer igual mesmo sen estar en contacto, os elementos que se cartografan son subxectivos. Existen regras comúns pero pódese escoller o que aparece ou non, e pódese interpretar de diferentes maneiras segundo o territorio que se representa, o propio tamaño do mapa, ou as cores que se empregan", sinala. Estas distorsións empréganse tamén de xeito crítico para lembrar que existen outros xeitos de ver o mundo.
Mapas de conflitos
Utilizar os mapas como xeito de representar a conflitividade é unha posibilidade á que non é alleo o noso país. Un referente nese sentido é o mapa que xerou en 2012 A Rede de Dereitos Sociais en colaboración con Galiza Non se Vende a representar as diferentes agresións e riscos para o territorio que estaban activas por entón.
Mapa crítico de Galiza 2012
Este mesmo colectivo empregou tamén a cartografía, xa en 2009 a menor escala para amosar diferentes problemáticas da cidade da Coruña. Desde a destrución do rural e os problemas de especulación e xentrificación ata sistemas de control social ou asentamentos marxinais, o proxecto ofertaba un completo e rápido resumo visual da situación da cidadade.
Cartografía crítica da Coruña
É tamén a este colectivo que lle debemos o proxecto dun mapa de cámaras de seguridade de Galiza, iniciativa similar á que propuxo no seu día Ergosfera no proxecto ZTC, desta volta centrado en Compostela.
Iconoclasistas
Este tipo de propostas van na liña que desenvolve a nivel internacional o colectivo arxentino Iconoclasistas, que cartografa a diferentes escalas movementos sociais e conflitos mediante obradoiros de participación colectiva. Logo de visitar o noso país no ano 2010, nun obradoiro organizado precisamente pola Rede de Dereitos Sociais, os Iconoclasistas voltaron o pasado outono no marco do congreso SOPA sobre socialización de patrimonio no rural, e deixaron a súa pegada. En boa parte dos seus traballos, a localización nun mapa de diferentes conflitos sociais tematizados e organizados permite moitas veces visualizar como tendencias o que doutro xeito podería ficar como un acontecemento puntual ou local. "Este proceso é unha ferramenta de empoderamento brutal, pero leva o seu tempo. Os Iconoclasistas traballan durante unha semana e normalmente o seo de comunidades que están xa a facer cousas", explica María Masaguer, técnica que desenvolveu diferentes obradoiros de mapeo no noso país.
Web de Iconoclasistas
O obradoiro de cartografía colectiva dos Iconoclasistas en 2010
O obradoiro de Iconoclasistas no Sopa14
Represión
Tamén recorreron aos mapas no proxecto Nomes e Voces para visibilizar o alcance das diferentes formas de represión que se deron no noso país entre 1936-1939. Para alén do interese puramente histórico, a representación cartográfica de lugares de enterramento, prisións, asasinatos e execucións de diferentes tipos amosan o alcance deste fenómeno ao tempo que reivindica a memoria das vítimas.
Mapas do proxectos Nomes e Voces
Mapas para o conflito
Para alén de visibilizar, os mapas amosan a súa importancia fundamental como documentación no marco de determinados conflitos. Así arquitecto Alexandre Farto está a participar cos veciños de Vilaboa no emprego dos mapas ante problemáticas que, a miúdo, están vencelladas aos límites. Este profesional reivindica a necesidade dunha cartografía elaborada sobre o terreo fronte ás imaxes aéreas e ao traballo de despacho. Segundo apunta este arquitecto, o contacto coa poboación local e o traballo sobre o terreo é fundamental para coñecer a realidade dun territorio. "Son os veciños quen coñecen realmente o territorio, hai moitas cousas que non aparecen nas fotos aéreas. Ademais de árbores e casa hai moitas masas de información ocultas, que poden ser propiedades ou ruínas de aldeas que non aparecen. Alguén que saiba ler todo iso ten un filón de traballo, e a iso é ao que me estou a dedicar".
Segundo explica, a partir do coñecemento cartográfico que adquiriu sobre o concello aborda cuestións como "identificar os limites de fincas que acabaron por desaparecer do catastro. Hai que ir ao lugar, falar cos vellos na súa propia linguaxe e completar a información que non existe de xeito oficial", explica. Outro exemplo é "cando aparece unha grande infraestrutura, como é o caso da autovía A-57 que atravesa as parroquias de Figueirido e Bértola. Aí o meu traballo axuda atoda unha masa de propietarios que se ven afectados. Por exemplo, ese proxecto rachará as traídas de auga de preto de cen casas, uns tubos que ninguén sabe onde están e que deben terse en conta á hora de facer as obras de facer as expropiacións". Este tipo de información exhaustiva a nivel local tamén é de importancia para as comunidade montes, agora obrigadas a elaborar plans de ordenación dos terreos comunais, e mesmo para delimitar os bordes entre concellos.
Mapa de Camiños Seguros do Morrazo
Planos e PXOMs
De xeito similar a elaboración dos Plans Xerais de Ordenación Municipal amosan a importancia fundamental dos planos para xestionar intereses en ocasións enfrontados. "Os PXOMs pódense entender como unha utopía urbanística, unha proposta de cómo deberían ser as cousas que logo está claro que non se vai cumprir completamente", explica Barreiro. "Non todos os terreos urbanizables serán urbanizados e o plan revisarase atendendo a diferentes criterios. Nese sentido, o mapa contribúe a imaxinar diferentes futuros, e segundo as opcións que se propoñen nese mapa tamén se condiciona o que podemos imaxinar. Agora mesmo falamos de planos para os PXOMs moi centrados en espazos urbanizados, que a miúdo non recollen elementos preexistentes no terreo. Nese sentido Galicia é un exemplo espectacular de cómo se asentan cousas novas sen ter en conta o que había antes, e iso crea problemas de tráfico e desordes urbanísticas". Desde esta perspectiva, o urbanista reclama un novo xeito de empregar o mapas para desenvolver estes plans, e amosa o propio exemplo do seu proxecto Camiños Seguros do Morrazo, onde un mapa da comarca de dez metros serve para amosarlle ao público as alternativas de mobilidade na zona. "A sociedade reclama máis participación, e aí o mapa é unha ferramenta fundamental. Cómpre achegar unha cartografía que sexa unha ferramenta útil e ter en conta cuestións como os fluxos de mobilidade para planificar. Ademais agora os problemas xa non só locais, e cómpre ver como se relacionan as cousas coa vida real das persoas".