Sesión de traballo de Ourensegrafías
Para alén de localizar elementos nos mapas e de recibir información, as posibilidades da cartografía van moi para alén. Diferentes propostas no noso país apostan por crear mapas de xeito colectivo, aproveitando estes procesos para empoderar colectivos e crear unha maior consciencia sobre o contorno.
TALLER MAPEO AIP from Rurban on Vimeo.
Obradoiro de Mapeo Colectivo para a Asociación para a Interpretación do Patrimonio Outra iniciativa similar que se está da desenvolver no noso país é o proxecto do colectivo de arquitectos 1aUN no coruñés barrio da Agra do Orzán. "No noso caso o traballo cos mapas englóbase nun proceso participativo maior, o Agra Civis, que desenvolven varias ONGs con fondos europeos. O noso traballo parte do sistema que emprega a Rede Cimas de Madrid, con diferentes mesas temáticas", explica Fiz Seixo. O obxectivo deste proceso "é tanto que a xente participe como xerar un coñecemento colectivo do barrio. Isto dá moitas posibilidades para logo mellorar o lugar, ao ver a potencialidade e os problemas da zona ao tempo que se xeran as dinámicas de participación". Mapas pouco convencionais Como se pode imaxinar, os mapas que xorden deste tipo de iniciativas non recollen exactamente os elementos máis convencionais da cartografía. "Amósase como se emprega o barrio. Desde as actividades que se desenvolven, os grupos informais fan cousas na rúa ou en que locais se desenvolven propostas", explica Seixo. "Vimos cuestións como o xeito no que os rapaces chaman as prazas e os espazos nos que se reúnen, cales eran os puntos de identidade, que espazos se consideran colectivos e por qué, mesmo os límites do barrio ou elementos da memoria". Desde a perspectiva do arquitecto, "para nós este material é como outra capa de información que complementa o coñecemento máis técnico ou urbanístico. Permite comprobar como vive cada un o barrio e amosa tamén como mudou". Facer a base en común
TALLER PARALAIA from Rurban on Vimeo.
"Fixemos un mapeo cos rapaces do Instituto Paralaia de Moaña. Neste caso xa nos permitiu ver a percepción da poboación sobre o estado dos camiños e empregalo para o noso proxecto". Na actividade, logo de facer unha introdución sobre os mapas e os conceptos de mobilidade e territorio, percorréronse cinco quilómetros entre Cangas e Moaña, elaborouse un mapa de recoñecemento e dividíronse grupos comparar logo as súas experiencias con diferentes camiños. Unha aplicación desta metodoloxía é a que estivo a facer a candidatura Ourense en Común na Cidade das Burgas de cara ás últimas eleccións municipais. "Fixeron roldas sobre os problemas dos barrios, e empregaron os mapas de deseño colaborativo, traballando tamén sobre mobilidade a representar como se movía a xente pola cidade". Potencial "Estas metodoloxías permiten que moita xente poida pór as cousas en cuestión e en relación", explica Seixo. "Hai ferramentas moi potentes para facer este tipo de cousas, máis hoxe en día. Nós pensamos mesmo en desenvolver mediante unha aplicación que se envíen fotografías xeorreferenciadas das actividades que se desenvolven no barrio, e poder compartilas en tempo real e de xeito que se poden localizar facilmente". "Teñen unha potencia enorme, pero cómpre traballar tempo e tentar construír a partir diso. Hoxe en día existen infografías e mapas interactivos que permiten seguir procesos se xeito secuencial, xa non son capturas dun instante. Unha eiva é que as apostas que se fan actualmente por representar dinámicas territoriais abordan procesos longos, pero non se analizan dinámicas diarias", explica Masaguer. "No caso dos fluxos de movemento, por exemplo, poderíase ter datos de frecuencias de traslados, percorridos habituais ou cantos coches pasan por cada lugar", unha información que pode facilitar en boa medida as tarefas de planificación. Dentro das posibilidades de desenvolvemento xa dispoñibles para os mapas, está por exemplo que a propia icona que localiza un punto achegue información. Esta posiblidade emprégase na plataforma peruana Datea, se poden etiquetar os diferentes puntos, mesmo con varios tags cada un. Isto permite unha navegación temática dos contidos. Precisamente nesta plataforma podemos atopar un mapa de iniciativas galegas vencelladas á xestión do Patrimonio elaborada polos alumnos do Master de Xestión do Patrimonio da Universidade de Vigo Outra opción, como no proxecto Ourensegafías é vencellar os mapas reais a esquemas conceptuais que relacionan os diferentes elementos mapeados mediantes etiquetas. Deste xeito, novas capas de significado acaban superpoñéndose á xeográfica. As posibilidades son moitas e aínda están por explorar.




