culturagalega.org

inicio / colaboradores / A banda de La Opinión por La Opinión Saberes de cómics
A banda de La Opinión

por Diario La Opinión

Entrevista a Moebius (1)

"Son máis libre na pistola de Gir que no deserto de Moebius"

A banda de La Opinión
3 / 9 / 2008
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Autor da entrevista Daniel Tomás. 12 de xullo de 2008

Sen caer en tópicos, hai que resaltar que emociona ver un artista de éxito, case unha lenda e con algúns clásicos ás súas costas, falar coa humildade de quen está comezando a deseñar. Jean Giraud, Moebius, é amable, lúcido e irónico e aínda ten moi presente como vía o mundo da arte e os adultos aos 15 anos, o que lle permite gozar dun estatus profesional con perspectiva. Ademais é un home xeneroso, ao que non lle importa falar de calquera tema con profusión e compartir ideas e teorías por excéntricas que foren. Tan só a súa relación con Alejandro Jodorowski é esquivada con suavidade por Giraud, a pesar de que ao seu carón creou unha das súas obras máis emblemáticas, ``O Incal´´, na que os universos de ambos artistas se uniron nun experimento único. Á parte, á súa idade tense convertido nun pintor de moda que ve como os seus cadros se subastan a prezos elevadísimos e a súa presenza é desexada nos mellores salóns europeos. E o fascinante é que, sexa cal for o éxito que obtén, non deixa de ollar cos ollos curiosos e inseguros de cando tiña quince anos.

- ¿Como se forma o universo das dúas personalidades que alberga?

- Cando comecei a traballar tiña dous xeitos de ver a arte. Unha estaba relacionada co infantil, coa BD, e a outra estaba máis vencellada co concepto abstracto da arte. Tiña a impresión de que había dous mundos, un para os cativos e outro para os adultos. O das crianzas resultábame próximo; o dos adultos impúñame, mais tiña vontade de entrar nel. Isto ten perdurado ata hoxe, que teño unha dobre vida dentro de min, pero nun plano artístico, claro, non padezo esquizofrenia nin nada semellante.

- ¿Como xorde o nome de Moebius?

- Foi unha decisión moi rápida. Tiña que dar unha historia para a revista ``Harakiri´´ e, xusto antes de entregala, sentín a necesidade de asinar con outro nome. Escollín Moebius porque nese momento estaba a ler unha novela de ciencia-ficción sobre o anel de Moebius, que xoga coa contracción do espazo-tempo. Aínda estou sorprendido por ese nome.

- ¿Con cal das súas dúas asinaturas se sente máis libre?

- É moi difícil de responder. Coa asinatura de Gir teño a necesidade de seguir un estilo que é como o interior dunha pistola. Está totalmente cerrada, mais ten unha saída e dalle moita forza á idea que sae daí. Neste caso a liberdade consiste en escoller para onde apunto, o meu alvo. Pola contra, na asinatura de Moebius hai unha liberdade total, mais esta cae moi rapidamente porque estás limitado polas túas posibilidades creativas, polo teu estado de consciencia e inspiración, polo que ás veces é angurioso xa que te enfrontas a ti mesmo. Ás veces síntome máis libre na pistola de Gir que no deserto de Moebius.

- ¿Ten vostede deixado de ser autor de BD para ser artista?

- É un problema, porque é certo que me sinto máis ligado ao mundo da arte que ao de Moebius, mais a orixe disto é unha historia dun neno en contacto co mundo dos adultos. E síntome no mesmo estado espiritual, é dicir, continúo a sentirme un meniño diante da arte contemporánea, mais por outro lado teño a pretensión de vivir dentro da arte e ligar cunha tradición. Así que por un lado síntome moi a gusto e polo outro síntome moi feble, moi cativo dentro da arte oficial.

segue >>

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org