culturagalega.org

inicio / colaboradores / A banda de La Opinión por La Opinión Saberes de cómics
A banda de La Opinión

por Diario La Opinión

Perdida e atopada

Jessica Abel, unha das autoras independentes americanas máis coñecidas, saltou da fotocopiada "Artbabe" á novela gráfica con "La Perdida"

A banda de La Opinión
6 / 6 / 2007
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Artigo orixinalmente publicado en La Opinión o 7 de outubro de 2006 por Florentino Flórez

"La Perdida" demóstranos que o xénero da novela gráfica mantén un momento doce. Outra interesante proposta é "Stuck Rubber Baby", un `tocho´ en branco e negro que nos fala da difícil integración racial e sexual. Sen dúbida ese vai camiño de se converter no grande tema do comezo de século para moitos creadores americanos: a procura dunha identidade perdida, sen débedas do pasado, protagonizada por heroes dispostos a limpar os pecados cometidos polos seus pais. Pecados que, segundo semella, foron en moitos casos abominables.

En "La Perdida" temos esa protagonista, unha `guiri´ norteamericana, discutindo cunha turma de pinches mexicanos, sempre dispostos a darlle leccións políticas e a deitarse con ela, se se deixa. O cómic ía medio escrito en español no orixinal e é unha curiosa mostra de respecto intercultural. O debuxo é expresivo e agradable, aínda que a súa narrativa pode pecar de certa morosidade e falta de variedade.

O certo é que é un exemplo perfecto de como se pode estar completamente de acordo co contido dunha obra e sen embargo, padecer co seu desenvolvemento, coa súa posta en escena. Creo que Jessica Abel acerta no enfoque conceptual, mais erra no ton. Axiña descubrimos que os mariachis tan riquiños son en realidade uns papóns que gustan de vivir dos turistas. Uns elementos que empregan a xiria política para ocultar os seus verdadeiros intereses, que son basicamente vivir do conto, do narcotráfico e do sentimento de culpa dos `progres´ do norte. E que a ianqui ten máis sensibilidade e compaixón que todas as hostes zapatistas xuntas, subcomandante Marcos incluído.

O problema é que cando a autora quere abandonar o ambiente de novela costumista que predomina na primeira parte e converter a súa historia nun thriller, non o consegue. Fáltalle forza dramática e o relato afúndese lentamente, perdendo o seu interese. Mais o intento é bo e respectable.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org