Dez BDs imprescindibles
As reedicións facilitan a selección
A banda de La Opinión
10 / 12 / 2008
Artigo de Florentino Flórez orixinalmente publicado o 7 de xuño de 2008
As numerosas reedicións que caracterizan na actualidade o mercado da BD en España facilitan a selección de material de calidade. Ultimamente voltaron ás librarías bastantes BDs que non deberían perder. Auténticas obras mestras que poden gozarse, sen necesidade de ser un experto no medio. A elas podemos sumar algúns traballos actuais, de obrigada lectura. Vamos alá.
1. El arte de Hergé, 1907-1937. Volume I. Philipe Goddin. Editorial Zendrera Zariquiey. Los enormes volúmenes que recollen a arte de Hergé resúmense nunha moi coidada edición española que ningún amador debe deixar pasar. Este recolle os seus primeiros anos, presentando ilustracións inéditas. Delicioso.
2. El libro de Oro de B.C. Johnny Hart. Astiberri Ediciones. Unha bonita edición que recupera un dos grandes clásicos de humor de prensa. Nunca a prehistoria foi tan divertida. Permite apreciar a evolución completa do personaxe, desde os seus inicios.
3. Mad. Varios autores. Planeta DeAgostini. O formato podía ser un pouco máis grande, mais non nos laiaremos. Por fin se traducen algunhas das historietas de humor máis aclamadas e influintes. E a súa fama era merecida. ¡Que grande é Elder!
4. Blackjack. Osamu Tezuka. Glènat. A serie do médico ilegal alcanza case a decena de volumes e mantén a súa frescyra e calidade. Guións intelixentes de finais inesperados, cunha marcada preocupación ecolóxica.
5. Cinder y Ashe. Conway e García López. Planeta DeAgostini. A clásica serie dos oitenta, escrita polo tipo que matou a moza de Spiderman e coa arte dun dos mellores debuxantes do universo, o galego García López. Volta nun inesperado branco e negro mais mantén as virtudes da súa trama político criminal.
6. Camelot 3000. Barr e Bolland. Planeta DeAgostini. Volta a reeditarse en formato xigante e sen capas. Nada diso axuda, pero se aínda non leu vostede esta psicotrónica actualización da lenda artúrica, corra a mercalo.
7. Largo Winch: Los tres ojos de los guardianes del Tao. Francq e Van Hamme. Norma Editorial. Largo vai para China nunha aventura apaixonante. O álbum contén algúns extras de interese, aínda que o das viñetas ampliadas podíano ter aforrado.
8. Batman Ano I. Miller e Mazzucchelli. Planeta DeAgostini. Reedición deste clásico en formato xigante. Non o precisa, mais continúa a ser a mellor aventura de Batman xamais realizada. O traballo de Mazzucchelli ten sido tremendamente influínte.
9. Space Usagi. Stan Skai. Planeta DeAgostin. O debuxo pode parecer cutre, pero non se deixe enaganar polas apariencias. Sakai leva ao espazo o seu coello samurai, mantendo a poética que o caracteriza. Marabilloso.
10. XIII La versión irlandesa. Giraud e Van Hamme. Norma Editorial. mesmo os que tíñamos deixado a serie, fartos da súa repetida repetitiva fórmula,. temos que rendirnos ante o cambio de debuxante. Giraud apúntase a rematar unha das grandes sagas da BD europea.