culturagalega.org

inicio / colaboradores / A banda de La Opinión por La Opinión Saberes de cómics
A banda de La Opinión

por Diario La Opinión

Un mítico detective de viñeta negra

Fai trinta anos Muñoz e Sampayo crearon este "Philip Marlowe" do mellor cómic expresionista

A banda de La Opinión
13 / 2 / 2008
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Artigo de Óscar Losada orixinalmente publicado o 27 de marzo de 2004


Muñoz e Sampayo tiveron que sair da súa Arxentina natal para se instalaren en Europa por mor das convulsións políticas habidas na súa terra. Sampayo é un guionista que goza de moito prestixio e tamén ten publicado novelas. Muñoz soubo dotar dun mundo propio os seus deseños expresionistas. Comezara colaborando con Hugo Pratt na serie "Ernie Pike". Outras obras, ademais de `Alack Sinner´, nas que ambos autores traballaron xuntos son `Sophie´ e `Sudor sudaca´.

En `Alack Sinner´ os autores dannos a coñecer os motivos polos que o axente que lle dá nome ao título debe abandonar o corpo policial e adicar a súa vida profesional a exercer como detective. A corrupción no estamento policial provoca que Sinner teña problemas cos superiores. A súa postura honrada diante da delincuencia provocará unha serie de acontecementos nos que se ve involucrada, de xeito tráxico, a súa irmá.

Sinner malvive como investigador privado até que é capaz de resolver o caso Webster, o que lle serve para adquirir certo caché profesional. Tres historias compoñen o primeiro álbum, unha mostra de excelente banda deseñada de xénero negro.

Muñoz, cuns deseños en branco e negro que marcaron época, e Sampayo como eficaz guionista, crearon este personaxe hai máis de trinta anos e, sen ningunha dúbida, xa pode ser catalogado como un clásico do cómic. Nos pasos deste detective ecoan os de compañeiros como Sam Spade ou Phillip Marlowe, os investigadores máis lendarios da novela negra.

Segundo van pasando os anos e se ve inmerso en máis peripecias, o cinismo de Sinner aumenta gradualmente até facer del unha persoa solitaria que olla ao próximo sempre cunha
certa dose de prevención. Coñece a maldade humana e non quere que o volte a ferir, aínda que tamén posúe o seu código de honor que o induce a meterse en asuntos dos que pode sair chamuscado.

As aventuras de Sinner foron publicadas en España pola revista Totem, en canto en Francia puideron ser lidas nas publicacións Charlie Mensuel e Á Suivre. A editorial Planeta de Agostini recupera toda a obra deste detective cronoloxicamente, nunha edición revisada e correxida polos propios autores. Unha grande ocasión para gozar das andanzas deste
investigador singular. O asequible prezo do cómic tamén constitúe outro atractivo para os que queiran coñecer este personaxe ou para aqueles seguidores fieis da serie que non dubidarán en coleccionala para ocupar un lugar privilexiado na súa bedeteca.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org