culturagalega.org

inicio / colaboradores / A banda de La Opinión por La Opinión Saberes de cómics
A banda de La Opinión

por Diario La Opinión

Raro, moi raro

Rick Veitch, alumno do mestre Joe Kubert, presenta unha triloxía de relatos nos que podemos ver as virtudes defectos deste singular narrador che de inventiva e imaxinación.

A banda de La Opinión
26 / 12 / 2007
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Artigo orixinalmente publicado en La Opinión o 17-11-2007.

Ultimamente publicouse material de dous licenciados na soada escola de banda deseñada de Kubert. Un é Rick Veitch e o outro Tim Truman, a quen coñecemos bastante ben nos noventa pero do que facía moito que non sabiamos nada. Veitch, en cambio, é case un perfecto estraño por aquí. Suponse que colaborou con Moore na Cousa do Pantano e Miracleman, pero a quen recordabamos eran aos seus amigos Bissette e Totleben. Logo el quedou escribindo a Cousa e chegaron noticias dunha polémica historia con Xesucristo, que marcou a súa saída da serie. Permanecía nesa nebulosa de autores dos que se oe falar e cuxa calidade está por confirmar. A editorial Norma animouse a traducir tres dos seus proxectos: O Maximortal, O Un e Os Niñatos. E agora si que podemos facernos idea do talento de Míster Veitch. Porque o ten, sen dúbida. Esta triloxía supón unha reflexión moi dos noventa sobre os super- heroes, con atrevementos que. agora chaman moito a atención, pero que tiñan sentido nos tempos do Señor da noite e Watchmen.


O debuxo xa nos informa do que podemos esperar do texto. Pasa de zonas moi controladas, con innegable forza, nas que sentimos a presenza do mestre Kubert, a outras dunha torpeza inaudita. Kubert tamén está presente noutra das virtudes de Veitch: o seu interese pola narrativa. Equivocarase, pero polo menos inténtao. Xoga coas viñetas, altera as fórmulas narrativas experimentando cos textos, emprega recursos tomados doutros medios, como esa especie de entrevistas que inclúe no Un, etc. Aí tamén é fillo do seu tempo e notamos os seus esforzos por encontrar ferramentas axustadas ao que conta.


Pero, ao final, algo falla. Veitch é moi imaxinativo e en todas as súas entregas inclúe elementos que nos interesan. Pode ser a parodia homosexual dos Niñatos, o delirio psicodélico do Un ou o espalle escatolóxico-político do Maximortal. As súas mesturas de ficción e realidade resultan a miúdo eficaces, como toda a secuencia da bomba atómica sobre Hiroshima, que é en realidade un anano extraterrestre que emite enerxía polos ollos cando se lle irrita rebozándoo en merda. Fai honra ao alcume de Little Boy e pende dunha corda que permite recollelo despois. Nesa mesma historia, a narración en paralelo das aventuras dese Superman psicotrónico, esa sorte de San Cristovo cósmico, coas penalidades de dous debuxantes que se parecen moito aos creadores reais do mítico heroe, alcanza momentos realmente interesantes. Pero logo o cómic váiselle, se lle escorre entre as mans, Nin un só dos tres relatos que puidemos ler ten un final á altura das expectativas creadas. Todos acaban tornándose incomprensibles e, en lugar de navegar polas súas suxestivas atmosferas cara a unha conclusión lóxica, o autor naufraga entre delirantes parrafadas que non nos levan a ningunha parte. Veitch é un creador con moita inventiva, pero non remata ben. Polo menos, nestas historias. Pero se lles gustan as experiencias fortes e os mundos bizarros, é o seu home.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org